A busca de alternativas produtivas agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración coa cooperativa PROLIGAL e asociación APPAG, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de CULTIVO DE OLIVEIRAS, que se desenvolverá o día 9 de outubro (xoves) de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas no CULTIVO DE OLIVEIRAS e/ou inquedanzas nesta produción e en obter ingresos económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa se están a desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo investigadores, técnicos, cooperativistas e asociacións que nos contarán a súa experiencia no CULTIVO DE OLIVEIRAS. Na Xornada contémplase a explicación do desenvolvemento do G.O. Oligalicia que estuda o cultivo das olivas, así como o potencial das oliveiras en Galicia nas comunidades de montes veciñais e adegas de viño e as posibles e necesarias axudas PAC do vindeiro período, etc.. Achegamos programa previsto.
Para poder asistir e participar na Xornada CULTIVO DE OLIVEIRAS é preciso inscribirse previamente, para aceder á conexión deben inscribirse aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/2xMyHdbhRUiF60pgplZPAA#/registration . Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar.
(Ver Programa en adxunto)