Mañá sábado 25 de xullo as piscinas municipais permanecerán pechadas.
Perdoen as molestias.
Mañá sábado 25 de xullo as piscinas municipais permanecerán pechadas.
Perdoen as molestias.
24-Julio-2026 14:18
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no Boletín 267/71GAL, emitido as 11:16
horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHOIVAS E TORMENTAS DE NIVEL
AMARELO, que afectará á CORUÑA (Norte e Interior), LUGO, OURENSE (Noroeste, Montaña e
Valdeorras) e PONTEVEDRA (Interior) e que se iniciará ao mediodía do día 24/07/2026 e ata a
primeira hora do día 25/07/2026. A precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15
litros. Este fenómeno pode vir acompañado de saraiva e de rachas moi fortes de vento.
Un aviso nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas
fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que poidan producirse
tormentas de intensidade superior de forma puntual.
23-Julio-2026 12:43
Información Xeral
O sábado 1 de agosto na praza Maior do Concello de Viana do Bolo sera o punto de encontro da ruta 5 das Andainas Xeodestino en Viana do Bolo.
Distancia 12,5 km
inscricions en www.cestiatravel.com
Mais información 635482477
21-Julio-2026 14:31
Información Xeral
Que o dia 16 de xullo do 2026 publicouse a seguinte AXUDA da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE (BOP Nº 133):
“MANTEMENTO DO EMPREGO FEMININO “EMPRENDOU EN FEMININO”, CONVOCATORIA PARA O ANO 2026”, que ten como finalidade Apoiar e consolidar o emprendemento feminino.
BENEFICIARIOS: Aquelas persoas que resultasen beneficiarias da convocatoria do ano 2025, e persoas físicas que teñan iniciada a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia a partir do 1 de maio de 2025, nalgún dos municipios da provincia de Ourense, e cumpran os demais requisitos establecidos nesta convocatoria, todas elas pasarán a formar parte da Rede EmprendOU en feminino, promovida pola Deputación Provincial de Ourense como instrumento de impulso ao emprendemento feminino na provincia.
CONTÍA: unha axuda económica cuxa contía se estrutura en dous tramos. O primeiro tramo terá carácter fixo e o importe ascende a 915,75 € por persoa solicitante que cumpra todos os requisitos previstos nestas bases. E o segundo, con carácter complementario e só procederá si hai remanente e repartirase en partes iguais entre todas as solicitudes que resulten beneficiarias.
O prazo vai dende o 23 de xullo ata o 30 de outubro do 2026, se non se esgota o crédito.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.
17-Julio-2026 13:47
Información Xeral
O dia 5 de agosto na praza do Concello teremos a VII feira de artesanía da Mezquita con numerosas actividades.
16-Julio-2026 11:14
Información Xeral
PROGRAMA EMEGA: AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO, PARA APOIAR A POSTA EN MARCHA E MELLORA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS DE INICIATIVAS CONSTITUIDAS POR MULLERES.
09-Julio-2026 09:39
Información Xeral
CONCURSO PÚBLICO VIVENDA DE ALUGUER: PISO ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES 1º ESQ
Prezo de LICITACIÓN 150 €/mes
Prazo presentación de solicitudes, dende o día 8 ata o día 15 de Xullo do 2026, nas oficinas do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Criterios de Adxudicación:
— Incremento do Prezo do aluguer mensual até 50 puntos.
— Por cada habitante empadroado no Concello da Mezquita para residir na vivenda alugada, 30 puntos
— Por non ser titular de outra vivenda no Concello 15 puntos
RESTO DE CONDICIÓNS E MODELO DE SOLICITUDE: PÁXINA WEB (www.amezquita.gal) E OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE A MEZQUITA
07-Julio-2026 11:05
Información Xeral
Por avaría, vaise cortar o suministro de abastecemento de auga ata o arranxo de dita avaría, na zona da farmacia no pobo de A Mezquita.
Disculpen as molestias.
07-Julio-2026 08:43
Información Xeral
Encontro cos nosos veciños de Hermisende (Zamora) e Moimento (Portugal) no Penedo dos Tres Reinos.
ALMORZO E CONVIVIO NA MOIMENTA
DÍA DA CAMIÑATA: 12 de xullo (DOMINGO)
HORA DE SAÍDA: 8,30 horas
LUGAR: Praza de Chaguazoso
Prazo de inscripción: ata o 10 de xullo no Concello
988425541
concello@amezquita.gal
06-Julio-2026 14:21
Información Xeral
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de VAGA DE CALOR que comezou no día de onte.
Para hoxe día 3, as seguintes zonas isoclimáticas atoparanse nos seguintes niveis de alerta durante as horas centrais do día:
NIVEL DE ALERTA VERMELLO: A CORUÑA (Noroeste, Interior), PONTEVEDRA (Interior, Rías Baixas) e OURENSE (Montaña)
NIVEL DE ALERTA: LARANXA: A CORUÑA (Suroeste) e OURENSE (Miño)
03-Julio-2026 12:51
Información Xeral
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de VAGA DE CALOR para os próximos días, que para hoxe, xoves 2 de xullo, as zonas isoclimáticas atoparanse nos seguintes niveis de alerta:
NIVEL 3 ( VERMELLO): PONTEVEDRA (INTERIOR)
NIVEL 2 (LARANXA): PONTEVEDRA (LITORAL OU RIAS BAIXAS).
NIVEL 1 (AMARELO): A CORUÑA (SUROESTE), OURENSE (MONTAÑA)
02-Julio-2026 08:41
Información Xeral
APERTURA PISCINAS MUNICIPAIS TEMPADA 2026
O día 2 de Xullo (xoves) abriranse as Piscinas Municipais para a tempada do verán 2026 en horario de Luns a Domingo de 16,00 h. – 21,00 h.
Segundo a Modificación da Ordenanza das Piscinas Municipais (BOP N.º 243 do 18 de decembro de 2024) os prezos da entrada ás Piscinas serán os seguintes:
• Nenos e nenas ata 6 anos, GRATUÍTA, acompañados por maior de idade,
que terá a condición de usuario para os efectos de aboamento do prezo público.
• Bono maiores de 14 anos tempada, empadroados 30 €.
• Bono maiores de 14 anos tempada, non empadroados 40 €.
• Bono nenos e nenas de 6 a 14 anos tempada, empadroados 15 €.
• Bono nenos e nenas de 6 a 14 anos tempada, non empadroados 20 €.
• Entrada maiores de 14 anos empadroados 2,5 €.
• Entrada maiores de 14 anos non empadroados 3 €.
• Entrada nenos e nenas de 6 a 14 anos 1 €.
01-Julio-2026 13:47
Información Xeral
Por avaría na rede de abastecemento de auga no pobo de CHAGUAZOSO, vaise cortar a auga na zona da Praza ata o seu arranxo
Perdoen as molestias.
01-Julio-2026 09:10
Información Xeral
A Orde da Consellería do Medio Rural do 3 de xuño de 2026 regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260629/AnuncioG0426-230626-0004_gl.html
Autorización con limitacións de uso de maquinaria
1. Durante a época de perigo alto de incendio forestal, cando o IRDI (Índice de Riesgo Diario de Incendio Forestal) acade os niveis de moi alto ou extremo, autorízase a realización de traballos e actividades de carácter preventivo, silvícola ou agrícola que requiran o emprego de maquinaria agrícola ou forestal dentro
dos terreos forestais e das súas zonas de influencia dos concellos afectados, nos termos e coas recomendacións establecidos no Pladiga 2026.
2. Na franxa horaria das 12.00 ás 18.00 horas, esta autorización quedará condicionada ao cumprimento dos requisitos establecidos no número 3.
3. Para o desenvolvemento dos devanditos traballos e actividades, será obrigatoria a dispoñibilidade inmediata dos seguintes medios persoais e materiais de extinción:
a) Medios persoais: unha persoa en funcións de auxiliar, cuxa función será a detección temperá de posibles conatos de incendio e a notificación inmediata aos servizos de emerxencia a través das liñas telefónicas 085 ou 112 ou da aplicación móbil Alume.
b) Medios materiais: un vehículo equipado cun depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros, dous batelumes, un extintor de escuma con base de auga dunha capacidade non inferior a 6 quilogramos e unha mochila extintora cunha capacidade mínima de 15 litros.
En todo caso, o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente non exime das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.
30-Junio-2026 12:41
Información Xeral
Que a partir do día 29 de xuño 2026 as persoas que necesiten as prestación do servizo de RECOLLIDA DA VOLUMINOSOS Á DEMANDA, será realizado pola empresa TRAGSA.
SOLICITUDES:
• Por teléfono en horario de 9,00 h. 14,00 h. ......... 988033092
• Por e-mail: recogida.enseres.ourense@tragsa.es
Indicando NOME, DNI, DIRECCIÓN, TELÉFONO E ENSERES
25-Junio-2026 14:39
Información Xeral
Que a Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense pon en coñecemento o horario de apertura do PUNTO LIMPO sito na Gudiña, que é o máis próximo a nós:
DíAS: MARTES, XOVES E SÁBADOS
Mañá
10,00 a 14,00 h.
Tarde
16,00 a 18,30 h. ...Inverno
18,00 a 20,30 h. ...Verán (xuño-setembro)
Sábados
09,00 a 14,00 h.
25-Junio-2026 14:35
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no boletín 225/71GAL emitido o día 23-06-2026 ás
9:44h informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por:
TORMENTAS que afectará a Coruña (Interior) e Lugo (Centro) desde primeiras horas da tarde
de hoxe e que se prolongará ata primeiras horas de maña 24.06.2026.
O aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada se preveen
tormentas fortes, que de xeito puntual poden ter unha intenside superior,
TEMPERATURAS MÁXIMAS que afectará a Coruña (Interior), Lugo (Montaña, Centro),
Ourense (Sur, Montaña, Valdeorras), Pontevedra (Interior) desde o mediodía ata primeiras
horas da noite.
23-Junio-2026 12:47
Información Xeral
O Ministerio de Transportes e Movilidade e Sostenibilidade a través do Real Decreto Lei 3/2026, do 10 de xuño, de medidas de promoción do uso do transporte público colectivo por parte da xuventude para as viaxes realizadas no período estival de 2026, (BOE nº 141 do 10/06/2026) activa descontos de ata o 90% para facilitar a xuventude de entre 18 a 30 anos a viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa.
Obxecto: O obxectivo é promover entre a mocidade o uso dun medio de transporte máis seguro, fiable, cómodo, económico e sostible que o vehículo particular para as viaxes estivais de lecer e fortalecer as relacións persoais e o sentimento europeo.
Persoas beneficiarias e descontos As persoas con nacionalidade española ou con residencia legal en España, nadas entre o 1 de xaneiro de 1996 e 31 de decembro de 2008, poderán beneficiarse das rebaixas dos billetes sinxelos ou de ida e volta de autobús e tren para viaxar entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026:
-Desconto do 90% para servizos de autobús regular de competencia estatal.
-Desconto do 90% nos servizos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico.
-Desconto de 50% nos títulos sinxelos de Avant.
-Desconto de 50%, cun máximo de 30 € por billete, para servizos comerciais de longa distancia ou alta velocidade de tódolos operadores ferroviarios.
-Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. A rebaixa aplícase sobre as tarifas oficiais de Interrail, coas súas características de prezo segundo idade, etc.
Para optar ós descontos, os posibles beneficiarios terán que rexistrarse na web habilitada polo Ministerio co seu DNI ou NIE http://veranojoven.transportes.gob.es
Se se cumpren os requisitos do programa, unha vez rexistrado, as persoas beneficiarias recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir o pase Interrail e os billetes de tren e autobús rebaixados nas webs dos respectivos operadores.
23-Junio-2026 12:12
Información Xeral
A Xunta de Galicia establece no ano 2025 o programa EBici, para as anualidades 2025 e 2026 a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición.
FINANCIAMENTO
As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Mobilidade para os exercicios 2025 e 2026, e imputaranse á aplicación orzamentaria consonte o seguinte réxime de anualidades:
– 2025: 1.000.000 €.
– 2026: 700.000 €.
CANTIDADE SUBVENCIONABLE
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeneral (cun límite de 500 €). No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará ata o 60% (cun límite de 600 €). Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €). Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.
PRAZO:
As axudas correspondentes a 2025 poderán solicitarse dende o 16 de maio 2025 e ata o 13 de novembro de 2026 ou ata cando se esgoten os fondos.
ENTIDADES COLABORADORAS: https://ebici.xunta.gal
MAÍS INFORMACIÓN: DOG do 30 de abril 2025
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioG0759-160425-0001_es.pdf
23-Junio-2026 12:03
Información Xeral
O horario de verán nas Oficinas Municipais durante os meses de XULLO e AGOSTO será o seguinte:
luns 8,30- 14,30 h. TARDE Sóamente urbanismo
martes 8,30- 14,30 h.
mércores 8,30- 14,30 h.
xoves 8,30- 14,30 h.
venres 8,30- 14,30 h.
22-Junio-2026 19:43
Información Xeral
NIVEL DE ALERTA: LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa nos boletíns número 73/71GAL e 223/71GAL emitidos o día 22-06-2026 ás 10:39 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA (Risco Importante) por TEMPERATURAS MÁXIMAS para o MARTES
23/06/2026, a partir do mediodía e ata a noite nas seguintes zonas:
NIVEL LARANXA
OURENSE (NOROESTE E MIÑO) onde se poden acadar os 39 ºC.
Tamén teremos nivel amarelo por temperatuas máximas, o martes 23 de xuño, a partir do mediodía e ata a noite en:
LUGO (Sur), OURENSE (Valdeorras) onde se poden acadar os 38 ºC.
LUGO (Centro), OURENSE (Montaña e Sur) e PONTEVEDRA (Interior) onde se poden acadar os 36 ºC.
A CORUÑA (Interior) e LUGO (Montaña) onde se poden acadar os 34ºC
22-Junio-2026 14:29
Protección Civil
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 26 de xuño ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que veremos e aprenderemos sobre o tema dos "PRODUTOS DE USO FRECUENTE NO VERÁN". Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon VENRES DE CONSUMO RESPONDE".
4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
22-Junio-2026 10:57
Información Xeral
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, actualiza a partires dos datos de
Meteosalud e Meteogalicia o episodio de VAGA DE CALOR que para maña LUNS 22 DE XUÑO afectará as
seguintes zonas e cos seguintes niveis:
NIVEL VERMELLO: LUGO (CENTRO E MONTAÑA)
NIVEL LARANXA: A CORUÑA (INTERIOR), LUGO (SUR), OURENSE (NOROESTE, MIÑO, MONTAÑA E
VALDEORRAS) E PONTEVEDRA (INTERIOR)
NIVEL AMARELO: A CORUÑA (NOROESTE), LUGO (A MARIÑA) E OURENSE (SUR).
Segundo informa Meteogalicia informa que a masa de aire moi cálido procedente do norte de África, que
chegaba a Galicia durante a xornada de onte, continuará hoxe domingo, mañá lúns e o martes sobre
Galicia. Deixará temperaturas moi elevadas, tanto nos valores mínimos como nos máximos,
especialmente no interior, aínda que os elevados valores de temperatura acadarán tamén puntos do
litoral.
Esta masa de aire ven impulsada pola altas presións localizadas ao norte da península Ibérica e unha
pequena baixa no Atlántico. Esta pequena baixa será a responsable de que se poidan producir tormentas
no interior durante as tardes e polas noites.
A previsión indica que o episodio finalizará o mércores na meirande parte de Galicia, aínda que en puntos
do interior habería que agardar ao xoves para notar a suavización das temperaturas pola entrada de aire
marítimo procedente do Atlántico, máis fresco e húmido.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes
feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e
informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de
autoprotección que deben adoptar.
22-Junio-2026 09:09
Información Xeral
Por Resolución da Alcaldía, aprobouse a convocatoria do procedemento para a contratación da explotación do SERVIZO DO BAR QUIOSCO, situado na piscina municipal da Mezquita. O prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o procedemento aberto, para a adxudicación do contrato polo Concello da Mezquita da explotación do bar-quiosco para a tempada 2026 están publicadas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello https://amezquita.sedelectronica.gal
No BOP de Ourense nº 111 de 15/06/2026 publícase o prazo de presentación de ofertas que é dende o día 16 de xuño ata o 25 de xuño de 2026.
17-Junio-2026 13:19
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 70/71GAL emitido o día
17/06/2026 ás 08:32 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA
por CHUVIAS que afectará dende a mediodía do día 17/06/2026 ao ámbito xeográico de
LUGO (Montaña, Sur) e OURENSE (Montaña e Valdeorras).
Prevense precipitacións acumuladas nunha hora de 30 mm.
17-Junio-2026 10:36
Información Xeral
