Do 22 de novembro ao 8 de decembro no Concello temos exposición fotográfica
15 VISIÓNS: Unha perspectiva de diferentes realidades dende o punto de vista da Arte.
Do 22 de novembro ao 8 de decembro no Concello temos exposición fotográfica
15 VISIÓNS: Unha perspectiva de diferentes realidades dende o punto de vista da Arte.
21-Noviembre-2025 13:37
Información Xeral
CAERÁN OS 1.000 €?
SORTEO DA CACA DA VACA
REPARTIRANSE 5 VALES DE 200 € PARA CONSUMIR NO COMERCIO LOCAL
VEN A ANIMAR Á VACA na explanda do CEIP Augusto Assía o día 17 de decembro a partir das 11,30 horas
20-Noviembre-2025 13:56
Información Xeral
𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐜𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥
¿Tes espírito navideño e ganas de brillar coas túas decoracións? Participa no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨
REQUISITOS:
-Decoración apta para exterior
-A túa creación será un 𝐝𝐨𝐧𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨
MODALIDADES:
𝐈𝐧𝐝𝐢𝐯𝐢𝐝𝐮𝐚𝐥
𝐄𝐧 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 (dúas ou máis persoas)
PREMIOS:
Individual:
1°: Vale de 150€
2°: Vale de 100€
3°: Vale de 50€
Grupal:
1°: Vale de 200€
2°: Vale de 150€
3°: Vale de 100€
Importante: Todos os vales son para consumir no comercio local, apoiando así a nosa economía e aos nosos negocios!
𝐃𝐚𝐭𝐚 𝐥í𝐦𝐢𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐝𝐞𝐜𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧: 19 de decembro
Non perdas a oportunidade de encher de maxia o teu espazo, levar fantásticos premios e apoiar o comercio local!
20-Noviembre-2025 13:47
Información Xeral
UNHA BOLBORETA BATE AS SÚAS ÁS EN OURENSE, E PROVOCA UN FURACÁN NO XAPÓN
POÑAMOS EN MARCHA O EFECTO BOLBORETA EN... ...
A Mezquita 25 de novembro Diante Concello, 10:30h
19-Noviembre-2025 10:17
Información Xeral
“Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
Levarase a cabo nas seguintes datas: ARQUIVO ADXUNTO
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude.
Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScvAP1IEGxhlBweKG0R8edb95uTVI0BL3hn4Nhrh8RFDQvrSg/viewform
Pode ampliar a información dos contidos formativos no arquivo adxunto.
Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es
17-Noviembre-2025 10:54
Información Xeral
O IMSERSO por Resolución do 29 de outubro de 2025 convoca as prazas para
pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO (BOE nº 264
do 03/11/2025).
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España,
que sexan pensionistas polo Sistema de Seguridade Social español.
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
a. Poder valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
b. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica
para a recepción dos mesmos.
c. Alcanzar, de conformidade ca baremación establecida, a puntuación que lle permita
acceder a un dos balnearios e turnos.
As persoas interesadas en participar no programa poderán achegarse ó Departamento de Servios Sociais do Concello para facer a súa solicitude.
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de praza:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2026.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 31 de maio de 2026.
17-Noviembre-2025 09:34
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 323/71GAL emitido ás 12:00 horas do 11/11/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel NARANXA por CHOIVAS a partir das 22:00 horas do 11/11/2025 na Coruña (Oeste e Suroeste). A precipitación acumulada pode acadar os 80 mm en 12 horas.
Así mesmo, no boletín 322/71 emitido a mesma hora actualízanse os avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por:
• CHOIVAS: en A CORUÑA (Interior, Oeste e Suroeste) e PONTEVEDRA (Rías Baixas) a partir das 12.00h. do día 11/11/2025 e OURENSE (Sur) e PONTEVEDRA (Interior e Miño) a partir das 00.00h. do día 12/11/2025.
• VENTOS: en A CORUÑA (Noroeste, Oeste e Suroeste), LUGO ( Montaña e A Mariña), OURENSE (Montaña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas). Ventos do sur que poden acadar os 80 km/h. No noroeste, a zona máis afectada será o entorno de Fisterra. A CORUÑA (Interior), LUGO (Centro) e PONTEVEDRA (Interior), con ventos do sur que poden acadar os 70 km/h. Dende as primeiras horas de hoxe ata o mediodía do día 12/11/2025. E PONTEVEDRA (Miño) dende as 00,00 h. do día 12/11/2025
12-Noviembre-2025 10:05
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 320/71GAL emitido o día 10/11/2025 ás 11:25 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHOIVAS nivel AMARELO que afectarán a partir de mediodía de mañá martes día 11 de novembro a A CORUÑA (OESTE, INTERIOR e SUROESTE) e a PONTEVEDRA (RÍAS BAIXAS) na media tarde do martes 11.
Espéranse acumulados de 40 litros en 12 horas.
No mesmo boletín informase de VENTOS NIVEL AMARELO en A CORUÑA (NOROESTE, OESTE E SUROESTE) e PONTEVEDRA (RÍAS BAIXAS). Ventos que poden acadar os 80 km/h. Ventos do sur. No noroeste, a zona máis afectada será o entorno de Fisterra. LUGO ( A MARIÑA e MONTAÑA), OURENSE (MONTAÑA), ventos do sur que poden acadar os 80 km/h. A CORUÑA (INTERIOR), LUGO (CENTRO) E PONTEVEDRA (INTERIOR), con ventos que poden acadar os 70 km/h.
Desde primeira hora da mañá do martes 11 ata a mañá do mércores 12 de novembro.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.
10-Noviembre-2025 16:54
Información Xeral
Para a solicitude e obtención do bono, hai que darse de alta na web htpps://www.bonosactivacomercio.gal (piden nome, apelidos, localidade de residencia, maioría de idade, dni ou nie, número de telefono móbil e email).
Unha vez rexistrado terás un bono cun valor de 30 €.
O bono poderase solicitar a partir 5 de novembro ata o esgotamento do crédito dispoñible.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.
05-Noviembre-2025 12:53
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 313/71GAL emitido ás 19:00 horas do 4/11/2025 da ampliación á zona xeográfica da Montaña de OURENSE do fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS que afectará a Galicia dende as últimas horas do día 4/11/2025 e ata a media tarde do día 5/11/2025. A precipitación acumulada pode acadar os 20 mm nunha hora e os 60 mm en 12 horas
05-Noviembre-2025 10:22
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no boletín 309/71GAL emitido esta mañá ata as 10:52 horas de hoxe informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHOIVAS que afectará a A CORUÑA (OESTE, INTERIOR e SUROESTE) e PONTEVEDRA (RIAS BAIXAS) dende a tarde de maña martes 04/11/2025 ata a medianoite. A precipitación acumulada pode acadar os 15 mm nunha hora e os 60 mm en 12 horas.
No mesmo boletín informa dun fenómeno adverso de nivel AMARELO por VENTO que afectará a:
A CORUÑA (OESTE e SUROESTE) onde pode acadar ventos de 90 km/h, e en A CORUÑA (NOROESTE) onde pode acadar ventos de ata 80 km/h. Á partir da medianoite de hoxe luns 03/11/2025, ata a medianoite de maña martes 04/11/2025.
LUGO (A MARIÑA) e PONTEVEDRA (MIÑO, RIAS BAIXAS) onde pode acadar ventos de 80 km/h dende a madrugada de mañá martes 04/11/2025 ata a medianoite.
A CORUÑA (INTERIOR) e PONTEVEDRA (INTERIOR) onde pode acadar ventos de 70 km/h dende o mediodía de mañá martes 04/11/2025 ata a medianoite.
OURENSE (MONTAÑA) onde pode acadar ventos de 80 km/h dende o mediodía de mañá martes 04/11/2025 ata a medianoite
03-Noviembre-2025 19:56
Información Xeral
POR UNHA AVARÍA NA REDE DE ABASTECEMENTO VAISE CORTAR A AUGA HOXE (3-11-2025) ATA O SEU ARRANXO, DENDE A PRAZA PARA ARRIBA.
DISCULPEN AS MOLESTIAS
03-Noviembre-2025 12:07
Información Xeral
Lémbrase que o vindeiro 11 de novembro (martes) é festivo local polo que os organismos permanecerán pechados.
03-Noviembre-2025 10:09
Información Xeral
CORTES DE AUGA NO PEREIRO OS DIAS 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO
31-Octubre-2025 14:08
Información Xeral
Por arranxo de varias avarías na rede de abastecemento no pobo de A Mezquita, vaise cortar a auga en todo o pobo en xeral, ata arranxo de ditas avarías.
PERDOEN AS MOLESTIAS.
Grazas
27-Octubre-2025 12:49
Información Xeral
Por varias avarías na rede de abastecemento no pobo de A Mezquita, vaise cortar a auga na zona da AVENIDA DA CONSTITUCIÓN e na zona das VIVENDAS (Rúa Nova), ata o arranxo das avarías.
Disculpen as molestias.
Grazas.
27-Octubre-2025 09:29
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 292/71GAL emitido ás 18:44 horas do 21/10/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS que está afectar a Coruña (Noroeste) ata a mañá do día 22/10/2025.
Así mesmo, informa de nivel AMARELO por CHOIVAS a partir das 18:00 horas do 22/10/2025 na Coruña (Noroeste, Interior), Lugo (Montaña), Ourense (Noroeste, Miño, Sur) e Pontevedra (Interior e Miño). A precipitación acumulada pode acadar os 20 mm nunha hora e os 60 mm en
12 horas.
No mesmo boletín informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por VENTO que afectará á partir do mediodía do 22/10/2025, a Coruña (Noroeste e Interior) e Lugo (A Mariña e Centro), extendéndose pola tarde a Lugo (Sur e Montaña), Ourense (Montaña, Noroeste, Miño, Sur, Valdeorras) e Pontevedra (Interior). Os refachos poden superar os 80 km/h.
22-Octubre-2025 09:43
Información Xeral
A partir de hoxe, tódolos menores de idade poden pedir unha axuda para a compra dun libro de lectura á Deputación Provincial de Ourense
a través deste enlace
https://libros.ourense.gal/
15-Octubre-2025 13:50
Información Xeral
O día 1 de Novembro terá lugar en Cádavos, na praza do pobo a partir das 18:00 o Magosto, con bolo preñado, castañas, chocolate con bica, unha consumición, queimada por 10€.
Organiza AAVV Carabullos de Cádavos
15-Octubre-2025 13:34
Información Xeral
O venres 31 de Outubro en Chaguazoso tera lugar o Samain, a partir das 8 da tarde con diversas actividades.
Para anotarse no Pub Verano e na Tenda Rubio
Precio 5€
15-Octubre-2025 12:56
Información Xeral
Por avaría do abastecemento na auga da Mezquita (zona do barrreiro) vaise cortar a auga no día de hoxe venres 10 de outubro ata arranxo de dita avaría.
Perdoen as molestias.
10-Octubre-2025 09:24
Información Xeral
O 15 de novembro ás 19:00 horas a Casa da Cultura da Mezquita encherase de festa, tradición e bo ambiente con:
Concurso de Cociña
Arrapaña castañas
Carreira de sacos
Cea popular
Entradas a venda no Concello anticipada : 10€ día do magosto 15€ (se hai aforo)
E o rematar festa con DJ Josete.
07-Octubre-2025 14:10
Información Xeral
No DOG de hoxe 7/10/2025, veñen de publicarse a seguinte convocatoria:
CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL para os CANDIDATOS/AS a voluntarios de Protección Civil, na modalidade SEMIPRESENCIAL
REQUISITOS:
Cursos básicos: Estar inscrito/a como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do teu concello ou mancomunidade, inscrita no Sistema Integrado de Protección Civil de Galicia e dispoñer de ordenador e acceso a internet.
SOLICITUDES:
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nestas resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática disponible na páxina web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Cursos básicos: A partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 17 de outubro. En caso de dúbidas poderán chamar a AGASP a través dos números 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
LIGAZÓN CONVOCATORIA:
Cursos básicos:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251007/AnuncioO3C2-011025-0001_es.html
07-Octubre-2025 10:04
Información Xeral
Por avaría na rede de abastecemento de auga na zona da FARMACIA, vaise cortar a auga ata o seu arranxo
Perdoen as molestias.
25-Septiembre-2025 11:15
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 26 de SETEMBRO ás 12.30 celebrase a través da aula virtual de consumo unha actividade na que darase uns pequenos consellos para aprender sobre CONSUMO DIXITAL. Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, únicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/es
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, prema na ligazón para acceder á mesma "Venres de Consumo Responde".
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo. 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
24-Septiembre-2025 14:22
lnformación Xuvenil
