DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL QUE VIVIMOS COS INCENDIOS, NON SÓ NO NOSO CONCELLO, SENON TAMÉN NOS CONCELLOS VECIÑOS DECIDÍUSE SUSPENDER O INTERMUNICIPAL
MOITAS GRAZAS POLA COMPRENSIÓN
DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL QUE VIVIMOS COS INCENDIOS, NON SÓ NO NOSO CONCELLO, SENON TAMÉN NOS CONCELLOS VECIÑOS DECIDÍUSE SUSPENDER O INTERMUNICIPAL
MOITAS GRAZAS POLA COMPRENSIÓN
20-Agosto-2025 13:14
Información Xeral
A Malla que estaba previsto celebrar na aira do Verano o día 19 de agosto, queda anulada á espera de concretar unha nova data.
A situación con respeto aos lumes é mellor ca dos días pasados, esto non quere dicir que pasara todo o perigro e o risco de novos incendios, polo tanto pedimos que se faga un consumo adecuado en todolos pobos da auga de abastecemento, manter a precaución de non acudir ao monte e avisar en caso de ver algún foco activo.
GRAZAS pola colaboración de tódolos veciños e desta saimos todos xuntos.
18-Agosto-2025 13:57
Información Xeral
AVISO
Corte de auga dende o día de hoxe no pobo de Chaguazoso e ata que se restableza o nivel da auga no deposito.
Por favor, un consumo responsable da auga por mor da situación que estamos a vivir xa que é unha ferramenta básica para a nosa defensa.
15-Agosto-2025 17:55
Información Xeral
Estamos vivindo unha situación moi CRITICA no noso Concello, con pobos totalmente rodeados de lume e con granxas, vivendas e vidas en perigo.
Temos que ser CONSCIENTES desta situación e axudar dentro das posibilidades de cada un, e agora mesmo a mellor forma de axudar e NON GASTANDO AUGA DOS DEPÓSITOS para regar ou para outros servizos, que agora mesmo o único que importa e salvar as nosas terras, vivendas, animais, etc, etc.
Temos que deixar que os depósitos recuperen a auga tan necesaria neste momento.
13-Agosto-2025 12:57
Información Xeral
NIVEL DE ALERTA: LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 68/71GAL emitido o día 08-08-2025 ás 08:44 hora oficial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA (Risco Importante) por TEMPERATURAS MÁXIMAS para o día 8, a partir do mediodía e ata a noite, en:
- OURENSE (Miño e Valdeorras) ) onde se poderán superar os 39 ºC.
- PONTEVEDRA (Miño), onde se poderán superar os 37 ºC.
Ademais, acadarase nivel AMARELO por temperaturas máximas, para o día 8, a partir do
mediodía e ata a noite, en:
- LUGO (Sur) e OURENSE (Sur) onde se poderán superar os 38 ºC.
- OURENSE (Noroeste e Montaña) onde se poderán superar os 36ºC.
08-Agosto-2025 12:23
Información Xeral
13º CAMPIONATO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA - 23 DE AGOSTO
DATA MÁXIMA PARA ANOTARSE O DÍA 19 DE AGOSTO 2025 NO CONCELLO POLO QUE SE PARTICIPE
Só poderán formar parte de cada equipo as persoas que acrediten, dalgún xeito, a súa vinculación co concello onde se incriben
07-Agosto-2025 14:18
Información Xeral
DENDE O CONCELLO DA MEZQUITA ESTASE ORGANIZANDO UNHA EXCURSIÓN Ó PARQUE ACUÁTICO NATUR WATER PARK EN VILARREAL (PORTUGAL) O DÍA 12 DE AGOSTO.
- O CUSTO DO AUTOBÚS ASÚMEO O CONCELLO DA MEZQUITA.
- A INSCRIPCIÓN E O PAGO DAS ENTRADAS REMATA ÁS 12,00 HORAS DO DÍA 8 DE AGOSTO NAS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO
PREZO DAS ENTRADAS:
Nen@s de 0 a 3 anos........ 0 €
Nen@s de 4 a 11 anos...... 12 €
De 12 a 64 anos ................ 20 €
Maiores de 65 anos .......... 12 €
As prazas son LIMITADAS por orde de incripción
Os menores de 4 anos deberán ir acompañados alomenos dun adulto.
06-Agosto-2025 13:22
Información Xeral
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, no marco do "Plan de Actuacións
da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde" informa
ás 14:18 horas de hoxe, dunha actualización do episodio de vaga de calor para hoxe luns 4 de
agosto:
Queda en NIVEL 3 VERMELLO a zona do MIÑO en Pontevedra e VALDEORRAS de Ourense
Queda en NIVEL 2 LARANXA as zonas de LITORAL en Pontevedra e SUROESTE da Coruña
Queda en NIVEL 1 AMARELO as zonas de MIÑO, SUR e MONTAÑA de Ourense
Para mañán día 5:
Queda en NIVEL 3 VERMELLO a zona do LITORAL en Pontevedra e VALDEORRAS de Ourense
Queda en NIVEL 2 LARANXA as zonas de MIÑO en Pontevedra e SUROESTE da Coruña
Queda en NIVEL 1 AMARELO as zonas de MIÑO, SUR e MONTAÑA de Ourense
Este fenómeno afectará á Comunidade Autónoma ata o xoves día 7 de agosto.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes
feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e
informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de
autoprotección que deben adoptar
04-Agosto-2025 17:24
Información Xeral
AVISO
PARA MANIFESTAR A REPULSA POLO ASASINATO DA TRABALLADORA DE AXUDA NO FOGAR DE 48 ANOS EN PORRIÑO (PONTEVEDRA), HABERÁ UNHA CONCENTRACIÓN HOXE DÍA 1 DE AGOSTO ÁS 12,00 HORAS NA PORTA DO CONCELLO
01-Agosto-2025 09:39
Información Xeral
O venres día 15 de agosto as 20::0h teremos un plan máxico "Andaina Nocturna ao Castelo de Santigoso"
Non perdas esta noite de natureza, música e tradición... baixo as estrelas!!
Anótate no Concello ata o 11 de agosto.
31-Julio-2025 10:42
Información Xeral
Recordase que o vindeiro 5 de agosto (martes) é festivo local, polo que os organismos permanecerán pechados.
31-Julio-2025 10:18
Información Xeral
CINE DE VERÁN NA MEZQUITA:
O DIA 3 DE AGOSTO AS 22:30h NA PRAZA DO CONCELLO PROXECTARASE A PELICULA "CHICKEN RUN: O AMANECER DOS NUGGESTS"
PROXECCION AO AIRE LIBRE E DE BALDE
ANÍMATE E NON FALTES.
30-Julio-2025 12:50
Información Xeral
QUEREMOS UN TREN ÚTIL PARA A NOSA COMARCA
Na antiga estación da Gudiña o sábado 2 de agosto as 18:30h
O tren é un servizo público esencial para a vida, o traballo e o futuro do noso rural. Non imos quedar caladas!!!
Apuntate no teu Concello para ir no autobús
Participa, difunde e loita polos teus dereitos.!!!
30-Julio-2025 12:43
Información Xeral
O luns 28 e martes 29 de xullo dende as 10 da maña ata as 2 da tarde estarán CARGLASS para facer o tratramento os coches, na praza do Concello.
24-Julio-2025 14:19
Información Xeral
O vindieiro sábado 2 de agosto, ás 18:30 horas, terá lugar unha manifestación nas inmediacións da antiga estación de tren de A Gudiña, convocada pola Plataforma Defensa ao Tren.
Por parte do Concello estará a disposición dos veciñ@s un AUTOBÚS , que deberán anotarse nas oficinas municipais (988425541)
23-Julio-2025 13:23
Información Xeral
Según a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia determina cales son as faixas de especial protección, as obrigas dos propietarios e quen ten a postestade sancionadora.
18-Julio-2025 13:04
Información Xeral
Por motivo dunha avaría na Mezquita (hoxe luns dia 14 de Xullo), na zona da antiga Caixa Galicia, vaise cortar a auga para o arranxo de dita avaría.
Perdoen as molestias.
14-Julio-2025 08:59
Información Xeral
Hoxe día 10 de Xullo (xoves) en horario habitual abrense as piscinas municipais, unha vez arranxada avaría.
Perdoen as molestias.
10-Julio-2025 11:30
Información Xeral
POR AVARÍA, AS PISCINAS PERMANECERÁN PECHADAS,ATA NOVO AVISO
05-Julio-2025 12:27
Información Xeral
O Concello está adherido e delegou na Deputación a competencia de establecemento, imposición e ordenación das taxas pola prestación do servizo de RECOLLIDA DE LIXO, informámoslle que entre finais do mes de xuño e a primeira quincena do mes de xullo o Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Ourense procederá o envío das notificacións de alta no padrón do lixo xunto co recibo do primeiro trimestre de acordo coas tarifas aprobadas na Ordenanza fiscal reguladora da taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia local (BOP nº 249 de 27/12/2024).
Ós efectos de facilitar o pagamento por parte dos veciños do seu municipio, se o recibo do lixo vixente anteriormente estaba domiciliado na Deputación, esta continuará sendo válida e se a domicilación foi facilitada polo seu concello cargarase na conta remitida, sen prexuízo de que, se resultara rexeitada pola entidade bancaria, esta liquidación pasará a vía executiva.
Polo tanto sería convinte verificar que a conta bancaria que figura no recibo continua vixente, xa que as domiciliacións serán cargadas na primeira semana do mes de setembro.
O resto dos trimestres serán remitidos ó domicilio dos contribuíntes por correo ordinario, polo que para evitar despistes nos pagamentos recomendámoslles, que a mellor forma de pagamento é a domiciliación dos seus recibos, e así evitar a vía executiva.
04-Julio-2025 12:25
Información Xeral
O IMSERSO convoca as prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL para o ano 2025/2026. Requisitos das/dos usuarias/os
1.Residentes en España: podrán participar no programa de turismo do Imserso, as persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a.Ser pensionista de xubilación do sistema público español de pensions.
b.Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade.
c.Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
d.Ser titular ou beneficiario/a do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade
2.Poboación española residente no exterior que reúnan os requisitos esixidos no punto anterior para participar no programa. As personas residentes en Alemania, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza, poderán tramitalo nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracions e Seguridade Social.
3.Poboación española de orixen, emigrante que retornaron a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigraron.
Lugar e prazo de presentación
As persoas interesadas en participar no programa poderán achegarse ó departamento de Servicios Sociais do Concello para facer a súa solicitude tendo en conta, que o prazo de presentación de solicitudes remata o día 23 de xullo de 2025.
04-Julio-2025 09:46
Información Xeral
O DÍA 12 DE XULLO ÁS 8,30 H. HABERÁ UNHA CAMIÑATA DO CONTRABANDO PARA TER UN ENCONTRO COS NOSOS VECIÑOS DE HERMISENDE (ZAMORA) E MOIMENTA (PORTUGAL) NO PENEDO DOS TRES REINOS PARA VOLTAR DE NOVO A CÁDAVOS E COMPARTIR UN ALMORZO.
INSCRIPCIÓNS NO CONCELLO ATA O 10 DE XULLO:
TELF.: 988 4 2 55 41
E MAIL: concello@amezquita.gal
03-Julio-2025 11:45
Información Xeral
PUBLICADO NO BOP Nº 126 DO 3 DE XULLO DO 2025, O ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO , DENDE MAÑA, DÍA 4 ATA O 8 DE XULLO ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
LÉMBRASE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS,...
03-Julio-2025 10:20
Emprego
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 190/71GAL emitido ás 11:18 h do día 02/07/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso por TORMENTAS que
afectará a provincia de OURENSE (MONTAÑA). Prevese que o fenómento meteorolóxico adverso de comezo a mediodía de mañá xoves 03/07/2025 prolongándose ata a
medianoite.
As tormentas poden vir acompañadas de fortes rachas de vento e sarabia.
Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona do aviso afectada prevense tormentas fortes.
Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de xeito puntual.
02-Julio-2025 13:42
Información Xeral
Por unha avaría no abastecemento vaise cortar a auga en A Mezquita, na Avda da Constitución pola zona da antiga Caixa Galicia
Perdoen as molestias.
02-Julio-2025 11:32
Información Xeral
