Por motivo dunha avaria en Chaguazoso na Barriada, vaise cortar a auga ata o arranxo de dita avaria.
Perdoen as molestias.
Por motivo dunha avaria en Chaguazoso na Barriada, vaise cortar a auga ata o arranxo de dita avaria.
Perdoen as molestias.
23-Febrero-2026 09:55
Información Xeral
Convocatoria oficial de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos certificados Celga 2 e Celga 3 (ambos presenciais) e cursos en liña dos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral da Lingua (DOG núm. 28, do 11 de febreiro de 2026).
O centro donde se impartirán os cursos presenciais é:
Lugar: Ourense – IES Eduardo Blanco Amor
Rúa Vicente Risco, 13
Datas: do 30 de marzo ao 21 de maio de 2026
Horario: de luns a xoves, de 18:00 a 20:30 h
Duración: 70 horas presenciais
Niveis: Celga 2 e Celga 3
Carácter gratuíto
As inscricións, tanto para os cursos presencias e para os cursos on line, deberán realizarse a través da plataforma oficial:
https://formacion-lingua.xunta.gal
O prazo de inscrición é de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no DOG (do 12 de febreiro ao 5 de marzo).
Trátase dunha formación especialmente relevante para persoas que desexen acreditar oficialmente o seu nivel de galego para efectos académicos, profesionais ou de acceso ao emprego público.
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioG0766-040226-0001_es.html
20-Febrero-2026 14:14
Información Xeral
“BONO EMANCIPATE 2026. Procedemento CT501B, para contribuír a sufragar os gastos derivados da emancipación nunha vivenda distinta da dos proxenitores, como son os de mudanza, adquisición de mobiliario, electrodomésticos, enxoval de cociña, de baño, etc.
BENEFICIARIOS: dirixidos a persoas mozas traballadoras que adquiran ou aluguen unha vivenda e que cumpran unha serie de requisitos:
1. Ter menos de 36 anos de idade ao solicitar a subvención
2. Con nacionalidade española, dalgún dos Estados Membros ou estranxeiros non comunitarios que estean en situación de estancia ou residencia regular en España.
3. Dispor de unha fonte regular de ingresos
4. Estar empadroado o solicitante e as demais persoas integrantes da convivencia no vivenda arrendade ou adquirida no momento de presentación da corresponden solicitude.
CONTÍA: 1.500 € para aluguer de vivenda
3.000 € para adquisición de vivenda
O prazo remata as 20:00 horas do día 30 de abril do 2026.
20-Febrero-2026 13:21
Información Xeral
No DOG de hoxe veñense de publicar a convocatoria dos CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL.
Este ano a convocatoria dos cursos será anual. Asi no 1º semestre vanse levar a cabo cursos en:
- BAÑOS DE MOLGAS e PETIN
INTERESADOS: As persoas interesadas deberán PREVIAMENTE darse de ALTA en SIPROC como CANDIDATOS. Unha vez feito "inscribiranse" na web da AGASP onde deberán darse de alta como usuarias.
PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para os cursos de 1º semestre será dende maña 20 de febreiro ata o 2 de marzo. No caso dos cursos que se vaian realizar no segundo semestre poderan inscribirse entre o 22 de xuño e o 21 de xullo.
En caso de dúbidas poderán chamar a AGASP a través dos números 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 6111 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
LIGAZÓN CONVOCATORIA: Cursos básicos:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-060226-0002_gl.html
19-Febrero-2026 13:00
Formación
No Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 19 de febreiro de 2026, sae publicada a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos xerais:
a) Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
b) Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Proba específica:
Superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados e que se regula na base novena desta convocatoria.
Solicitudes
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Agasp a través dos números de teléfono 886206137, 886206138 e 886206111 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Criterios xerais de selección
Reservarase un trinta por cento das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación ou asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.
Achégase enlace da publicación da resolución
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.html
19-Febrero-2026 12:51
Formación
Curso de monitor/a de tempo libre, 200 horas teóricas e 150 prácticas. en Vilariño de Conso
Prazo de inscricions ata o 18 de marzo
Prezo da matricula 250€
info WhatsApp 620 78 98 35
19-Febrero-2026 11:24
Información Xeral
Tendo previsto CORTAR A AUGA por arranxo dunha avaría no pobo de SANTIGOSO o día de hoxe, 17 de FEBREIRO ata o seu arranxo, avísase aos veciños afectados para que tomen as medidas oportunas.
17-Febrero-2026 11:33
Información Xeral
Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026. Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI
A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha, un ano máis, o Plan de Formación anual correspondente ao ano 2026. Nesta edición, ábrese inicialmente o prazo de inscrición para cinco cursos en liña que se desenvolverán entre os meses de febreiro e maio, centrados no voluntariado ambiental interxeracional:
Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático
Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR)
Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais
Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR)
Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral
A matrícula para o resto dos cursos incluídos na oferta formativa de 2026 abrirase nas vindeiras semanas.
Para máis información e inscrición preme na seguinte ligazón
16-Febrero-2026 12:21
Información Xeral
NAS OFICINAS DO CONCELLO ESTÁN DEPOSITADAS UNHAS CHAVES DE COCHE QUE FORON ATOPADAS POLA ZONA DA RESIDENCIA DE MAIORES DA MEZQUITA, A PERSOA PROPIETARIA PODE PASAR A RECOLLELAS
16-Febrero-2026 10:41
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 46/71GAL emitido o día 09/02/2026 ás 09:58 hora oficial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por CHOIVA que afectará ao INTERIOR de PONTEVEDRA a partir do inicio da madrugada do día
10/02/2026. Nesta zona a precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 80 mm. A partir do mediodía do 09/02/2026 no Interior de PONTEVEDRA e Sur de OURENSE a precipitación acumulada en 12 h. superará os 40 mm., subindo a 60 mm a partir do inicio do día
10/02/2026(NIVEL AMARELO) .
A partir das primeiras horas da madrugada do día 10/02/2026, no Oeste e Suroeste da CORUÑA, e no Noroeste, Miño, Sur e Montaña de OURENSE a precipitación acumulada en 12 h. superará os 40 mm. (NIVEL AMARELO) superando os 60 mm. nas Rías Baixas e Miño de PONTEVEDRA (NIVEL AMARELO).
A precipitación acumulada nunha hora no Suroeste da CORUÑA e na provincia de PONTEVEDRA chegará aos 15 mm. a partir da madrugada do día 10 /02/2024 (NIVEL AMARELO).
09-Febrero-2026 12:43
Información Xeral
No DOGA do día 2 de febreiro do 2026 saíron
publicadas por parte de AGADER as axudas para PROXECTOS DE
DESENROLO RURAL EN GALICIA.
Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado,
incluída as comunidades de montes veciñais e as súas mancomunidades
Proxectos Subvencionables: proxectos que supoñen a realización
dunha actividade económica e que supoña a creación e/ou mantemento
de emprego.
Gastos subvencionables.:
•Construción, adquisición e mellora de inmobles.
•Adquisición de terreos
•Adquisición de maquinaria e equipos novos
•Inversións intanxibles e desenrolo de programas informáticos
•Costes xerais, notariais, rexistrais, medios e quipos de transporte.
Tipoloxía dos proxectos subvencionables:
- Produción agraria primaria.
•Transformación de produtos agrarios. (Máximo orzamento total elixible: 60.000 euros)
-Transformación e comercialización de produtos forestais.
•Creación, modernización ou ampliación de empresas que
desenvolvan actividades non agrarias.
-Bono activa rural: Persoas físicas, que se dean de alta no réxime
de autónomos, en actividades non agrarias non vinculada a ningún
gasto nin investimento
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 6 de abril do
2026.
Para calquera dúbida os promotores poden pórse
en contacto coa
oficina MONTEVAL: Parque Empresarial de Pazos Nido 2, 32619
Pazos, Verín 988 590 233 - info@monteval.gal
06-Febrero-2026 14:13
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no seu boletín 88/71 GAL informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVE na zona de LUGO (MONTAÑA) e OURENSE (MONTAÑA), para mañá sábado 7 de febrero. Estímase que de comezo a primeiras horas da mañá do sábado e se prolongue toda a xornada. Espéranse acumulacións de neve de 10 cm en 24 horas a partir dos 900 - 1000 m, continuará a xornada do domingo 8.
06-Febrero-2026 12:00
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 84/71GAL emitido o día 04/02/2026 ás 11:13 hora o¥icial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL AMARELO por VENTOS, que se iniciará a partir das 00:00 horas do día 05/02/2025 e que afectará, ata a noite do mesmo día, a TODA GALICIA onde as rachas de vento de compoñento Oeste poderán superar os 80 km/h nas zonas do litoral e Montaña e os 70 Km/h no resto da Comunidade.
05-Febrero-2026 10:28
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín n.º 76/71GAL, emitido o día 02/02/2026 ás 11:40 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por NEVARADAS nos ámbitos xeográficos de OURENSE (Montaña) para o día de hoxe luns 02/02/2026 a partir do mediodía, e para LUGO (MONTAÑA) para o día de mañá martes 03/02/2026 tamén a partir de mediodía. A acumulación de neve en 24 horas en ambos ámbitos xeográficos, poderá superar os 5 cm a partir dos 1100-1200 metros na zona oriental.
Cota de neve en torno aos 1000 metros con tendencia a alza.
O aviso continuará ao día seguinte
02-Febrero-2026 13:37
Información Xeral
Hoxe o noso Concello está envolto nun silencio triste. Despedimos a Paco coa alma encollida e cunha dor dificil de expresar. O noso INTERVENTOR, si , pero por riba de todo unha persoa inmensa, xenerosa e un compañeiro inesquecible. Un profesional admirado en oda a comunidade galega e un amigo querido por todos nós.
Amante profundo da Mezquita, deixou nela parte da súa vida ao longo de décadas compartidas, de traballo e de afectos.
Que a terra che sexa leve, Paco. Vemonos do outro lado, celebrando a vida como só ti sabias facer.
Para todos aqueles que se queiran achegar ata o seu pobo natal, durante a xornada de mañá haberá un acto de despedida ás 17:00 horas na Praza do Concello de Allariz.
Haberá un autobús dende a Praza do Concello da Mezquita con saida as 14:30 horas. Para reservar praza chamar ao 629751598
31-Enero-2026 14:12
Información Xeral
Que o INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) publicou as bases
reguladoras de subvencións para proxectos de eficiencias enerxéticas no
D.G.A. nº 12 do 20 de xaneiro do 2026. Procedementos IN417Y, IN421S e
IN421L
Os beneficiarios: empresas legalmente constituídas e autónomos e empresas
do sector de produción agrícola primaria (dependendo do procedemento)
Os gastos subvencionables:
• IN417Y: Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou
superiores a 0,18 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de
enerxía primaria por euro de investimento elixible. FIN DO PRAZO DE
SOLICITUDE O DÍA 15 SETEMBRO 2026
• IN421L: Proxectos de enerxías renovables eléctricas e proxectos de
aforro e eficiencia enerxética FIN DO PRAZO DE SOLICITUDE O DÍA 2
MARZO 2026
• IN421S: Proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso
racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións
para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en
réxime de autoconsumo. FIN DO PRAZO DE SOLICITUDE O DÍA 2
MARZO 2026
PARA A TRAMITACIÓN DESTAS AXUDAS NECESÍTASE UNHA MEMORIA
TÉCNICA DO PROXECTO, que ten que estar asinada por un técnico, tal e como
recollen a orde que regula ditas subvencións. Mais información no seguinte
enlace: https://www.inega.gal/gl/axudas
.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de
9:00 a 14:00 horas.
30-Enero-2026 10:18
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 65/71GAL emitido o día 29/01/2026 ás 10:45 hora oficial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL AMARELO por VENTO con refachos que poderán superar os 80 KM/h de compoñente Oeste e que afectará a A
CORUÑA (Noroeste, Oeste e Interior); PONTEVEDRA (Interior); OURENSE (Toda a provincia) e LUGO (Toda a provincia) a partir do mediodía do día 30/01/2026, se ben a Mariña de LUGO permanece en nivel amarelo desde o día anterior.
CHOIVA: Nas zonas de OURENSE (Noroeste, Miño e Sur) e PONTEVEDRA (Interior) a partir do mediodía do día 30/01/2026 a precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15 mm. e a precipitación acumulada en 12 horas os 40 mm. (NIVEL AMARELO).
No mesmo boletín informase dun fenómeno meteoroloxico adverso de NIVEL AMARELO por NEVADAS que afectará ás zonas de montaña de LUGO e de OURENSE a partir das primeiras horas da tarde do día 30/01/2026 con acumulacións de neve en 24 horas superiores a 5 cm. en cotas de 900
m. con acumulados por riba dos 1000 m. Este aviso continúa o día seguinte.
30-Enero-2026 09:50
Información Xeral
Este venres 30 de xaneiro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que daranse uns pequenos consellos para aprender sobre a GARANTÍAS DOS PRODUTOS E SERVIZOS. Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon "Venres de Consumo Responde".
4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
5º.- OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo - Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo. 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
29-Enero-2026 13:49
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), no boletín 61/71GAL emitido ás 08:40 horas do 27/01/2026, informa dos seguintes Fenómenos Meteorolóxicos Adversos:
Nivel AMARELO por CHUVIA en LUGO (Sur), OURENSE (Noroeste, Miño, Sur e Montaña) e PONTEVEDRA ata mediodía de hoxe.
Nivel AMARELO por NEVARADAS en Lugo (Montaña) e Ourense (Montaña e Sur) desde mediodía de hoxe ata últimas horas do día de hoxe. A cota de neve estará en torno aos 700-800 m con acumulacións de ata 5 cm en zonas de montaña e de 2 cm no Sur de Ourense.
27-Enero-2026 11:38
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido o día 25/01/2026 ás 11:03 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHUVIAS de nivel de alerta VERMELLO por precipitación acumulada de mais de 150 mm en 12 horas no ámbito xeográfico PONTEVEDRA
(Interior) dende as primeiras horas da mañá do luns 26.
Durante o nivel de alerta VERMELLO é recomendable a activación do Plan de Emerxencias Municipal do concello (PEMU) ou do Plan de Actuación Municipal ante inundacións en caso de telo.
AEMET informa, no mesmo boletín, dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHUVIAS de nivel de alerta LARANXA por precipitación acumulada de mais de 80 mm en 12 horas nos ámbitos xeográficos OURENSE (Noroeste, Miño e Sur) dende as primeiras horas da mañá do
luns 26, sendo probable que na zona da BAIXA LIMIA acaden puntualmente valores de ata 150 mm en 12 horas.
Ademais, AEMET informa no boletín de fenómenos adversos de nivel AMARELO de CHUVIAS dende as primeiras horas da mañá do luns 26 por precipitacións acumuladas de 15 mm en 1 hora en A Coruña (Interior), Ourense (Noroeste, Miño, Sur) e Pontevedra (Interior) e de ata
50 mm en 12 horas en toda a provincia de A Coruña, Lugo (Centro, Montaña , Sur), Ourense (Montaña) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño).
26-Enero-2026 09:33
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 45/71GAL emitido o día 22/01/2026 ás 11:42 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS NIVEL AMARELO que afectará a partir da tarde do día de hoxe ás zonas de LUGO (Montaña), con acumulacións de neve de ata 10 cm en cotas por riba de 400 m, e a OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 10 cm por riba dos 800 m. Este fenómeno, acompañado de ventisca, se extenderá a partir das 00:00 do día 23 as zonas de A CORUÑA (interior) con acumulacións de 2 cm por enriba dos 400 metros, e a LUGO (Centro) e OURENSE (Miño, e Valdeorras) con acumulacións de ata 4 cm por enriba dos 400 metros.
Asemade, se espera para o mediodía do día de hoxe VENTOS de NIVEL AMARELO na provincia de A CORUÑA e provincia de LUGO, OURENSE (Montaña) e provincia de PONTEVEDRA. Para mañá, o VENTO de NIVEL AMARELO se manterá nas zonas de A CORUÑA (Oeste, Noroeste e Suroeste) LUGO (A Mariña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas).
A partir das 00:00 do día 23, o fenómeno de NEVADAS acadará NIVEL LARANXA nas zonas de LUGO (Sur); OURENSE (Noroeste, Sur); PONTEVEDRA (Interior), con acumulacións de ata 5 cm en cotas por enriba dos 400 metros e ventiscas e OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 20 cm en cotas por enriba dos 400 m.
Doutra banda, a predicción de METEOGALICIA sinala que o fenómeno de nevadas tamén acadará nivel LARANXA para o día de mañá en LUGO (Centro e Montaña) e en OURENSE (Miño e Valdeorras).
22-Enero-2026 14:30
Información Xeral
Mañá 20 de xaneiro ás 12,00 h., convócase na porta do Concello ós/ás veciños/as para participar nun minuto de silencio en memoria das vítimas do terrible accidente de ferrocarril que tivo lugar o domingo en Adamuz (Córdoba), como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias.
19-Enero-2026 14:29
Información Xeral
Que o dia 13 de xaneiro do 2026 publicouse a seguinte AXUDA do
INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO (DOGA Nº 7):
“PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO
RURAL (Concorrencia non competitiva). Procedemento VI435E, para
concellos de menos de 5.000 habitantes, e son axudas dirixidas a apoio do
financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas,
así como actuación dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados
nos mesmos para adicalos a residencia habitual ou permanente dos propietarios
ou para aluguer. Enténdense incluídas as obras de accesibilidade, conservación,
habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas.
BENEFICIARIOS: Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles a
rehabilitar e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM, si a
vivenda non está adicada a aluguer.
CONTÍA: os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 75 % do
orzamento protexido das obras, non superando en ningún caso a cantidade
30.000 €.
O prazo para pedir dita subvención vai dende o día 21 de xaneiro do 2026
as 9:00 horas ata as 14:00 horas do 1 de setembro do 2026. Ter en conta que van
a conceder subvencións segundo a orde de rexistro de entrada na Xunta da
mesma
15-Enero-2026 13:43
Información Xeral
Que a Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social Provincial de Ourense para o exercicio 2026 (BOPnº2 do 05/01/2026)
BENEFICIARIOS: 1. Estar empadroado nun municipio da provincia de Ourense. 2.Non ter enfermidade nin contraindicación médica algunha que impida a convivencia no balneario. 3.- Ser persoa válida para tódalas ABVD.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION As solicitudes unha vez cubertas na plataforma electrónica presentaranse ante o Rexistro da Deputación de Ourense: con certificado dixital, sen certificado dixital, sistema mixto; presencial e en liña, e presencialmente.
O prazo para presentar as solicitudes e ata esgotar o crédito orzamentario.
Para calquera dúbida poden acudir a oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.
09-Enero-2026 11:09
Información Xeral
Que o dia 7 de xaneiro do 2026 publicouse a seguinte AXUDA do INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO (DOGA Nº 3):
“SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓNS DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS”(MT402A) (Concorrencia non competitiva)
BENEFICIARIOS: Persoas físicas titulares dun ben inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións que se recollen na orde.
ACTUACIONS SUBVENCIONABLES: actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachadas, remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas, recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos, etc, actuacións que deben contar sempre coa COMUNICACIÓN PREVIA OU LICENZA MUNICIPAL.
CONTÍA: os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 70 % sobre o orzamento do investimento subvencionable e aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio. O importe máximo da axuda a cada solicitude beneficiaria será de 3.000 €.
O prazo para pedir dita subvención vai dende o día 16 de xaneiro do 2026 ata o 16 de febreiro do 2026. Ter en conta que van a conceder subvencións segundo a orde de rexistro de entrada na Xunta da mesma.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
09-Enero-2026 11:03
Información Xeral
