Nas vindeiras horas espérase subida do nivel da auga.
Zona do Balneario 1937 e áreas aledañas ao río.
Evite achegarse ao cauce e siga as indicacións das autoridades.
Nas vindeiras horas espérase subida do nivel da auga.
Zona do Balneario 1937 e áreas aledañas ao río.
Evite achegarse ao cauce e siga as indicacións das autoridades.
27-Enero-2026 14:58
Info General
Debido ás choivas intensas e refachos de vento, solicítase á poboación extremar as precaucións.
Teléfonos para avisos e incidencias:
Protección Civil Municipal: 628 191 627
112 Galicia (Emerxencias 24 h)
Comunica calquera situación relacionada con:
Caída de árbores, postes ou elementos urbanos
Inundacións ou acumulacións de auga
Cortes de subministración ou vías afectadas
Evita zonas arboradas, ribeiras e estruturas inestables.
Sigue unicamente a información dos canles oficiais e do Concello.
26-Enero-2026 10:49
Info General
Consideraranse actuacións subvencionables ao abeiro deste programa:
Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Pódense incluír as actuacións preparatorias: custe da redacción dos proxectos, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. O custo total das obras incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e demais tributos.
- 75% do orzamento protexido das obras.
- Límite: 30.000 € por vivenda.
Concurrencia non competitiva. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación correcta que debe acompañar á solicitude.
Desde las 9.00 horas del 21/01/2026 hasta las 14.00 horas del 01/09/2026
As subvencións concederanse por orde de presentación ata esgotamento da dotación presupuesto.
INFORMACIÓN:
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense: 988 386 268
14-Enero-2026 08:59
Info General
O Concello de Cortegada informa que, nas vindeiras datas, levaranse a cabo traballos de corta e limpeza de árbores nos seguintes tramos das pistas das parroquias de Louredo e Zaparín.
O obxectivo principal desta actuación é mellorar a seguridade viaria, eliminando aqueles elementos vexetais que poidan supoñer un risco para a circulación de vehículos, peóns ou vivendas. Así mesmo, tamén se contribúe á prevención de incendios forestais, Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia. Infórmase aos propietarios das parcelas afectadas que, se desexan aproveitar a madeira resultante, poderán retirala pola súa conta antes do inicio dos traballos, previsto para a semana do 20 de xaneiro. En caso contrario, a empresa procederá á súa retirada.
As distancias de retirada de arborado desde os noiros das pistas serán as seguintes: 2 metros, Para todas as especies.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden poñerse en contacto coa empresa encargada no teléfono 676 979 348.
Pedimos desculpas polas posibles molestias que estes traballos poidan ocasionar e agradecemos de antemán a comprensión e colaboración da veciñanza, lembrando que estas actuacións son necesarias para garantir unhas vías máis seguras para todos e todas. Grazas pola vosa colaboración. O que se fai público para o xeral coñecemento.
O alcalde
Cortegada, 18 de Decembro de 2025
Avelino Luís de Francisco Martínez
26-Diciembre-2025 12:49
Bandos / Notas informativas
Nos vindeiros días, terá lugar a activación da rede móbil de nova xeración 5G, o que podería causar afectacións na recepción da TDT nalgúns fogares da nosa localidade.
Para solucionar calquera incidencia, os operadores móbiles contan con llega700, a empresa encargada de ofrecer asistencia gratuíta a todas as persoas usuarias afectadas.
Se notas problemas coa túa TDT, podes solicitar axuda chamando ao teléfono gratuíto:
900 833 999
Grazas pola vosa colaboración.
03-Diciembre-2025 13:45
Info General
🚧 Aviso importante
Hoxe realizarase a limpeza do depósito de auga de O Carballal en Cortegada.
💧 Durante os traballos poderán producirse posibles cortes ou baixadas de presión no subministro.
Grazas pola vosa comprensión e desculpade as molestias.
26-Noviembre-2025 09:44
Info General
Orden APA/1288/2025 – Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
En vigor desde el 13 de noviembre de 2025
¿Qué debes saber?
Las aves deben estar encerradas “NO SE PERMITE CRIARLAS AL AIRE LIBRE”.Si no puedes encerrarlas, necesitas protección contra aves silvestres, que puedes hacer mediante la colocación, de telas pajareras o cualquier otro dispositivo que impida la entrada de aves silvestres.
BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2025/11/13/pdfs/BOE-A-2025-22954.pdf
19-Noviembre-2025 13:51
Bandos / Notas informativas
Debido a unha avería no núcleo de Cortegada, o subministro permanecerá interrompido ata as 12:30 h, afectando a diversas rúas da zona.
Lamentamos as molestias ocasionadas.
10-Noviembre-2025 09:22
Info General
Aviso Importante
Informamos ás veciñas e veciños do núcleo de Sá de Arriba, na parroquia de Valongo, de que se produciu un corte no subministro eléctrico debido á caída dunha árbore sobre a liña no lugar do Pereiro
Os técnicos de Naturgy xa foron avisados para restablecer o servizo o antes posible.
#Valongo #CorteDeLuz #AvisoImportante #Naturgy #TraballandoPorTi
22-Octubre-2025 20:27
Info General
Electra Alto Miño informa que o próximo luns, 27 de outubro de 2025, realizarase un corte programado de enerxía eléctrica debido a traballos de mantemento e mellora na rede.
Horario: de 16:00 a 17:00 horas
Zona afectada: Parroquia de Merens
Este corte é necesario para garantir un servizo máis seguro e eficiente.
Recoméndase desconectar os aparellos eléctricos durante o período do corte e tomar as precaucións necesarias.
22-Octubre-2025 11:21
Info General
Infórmase a todos os veciños que o vindeiro día 28 de outubro de 2025 procerase a realizar novamente o cambio dos contadores de auga que non se puideron substituír na primeira intervención.
Os contadores que non se cambiaran no seu momento foi debido a falta de acceso ás vivendas ou á existencia dalgún problema nas instalacións.
Para obter máis información sobre a incidencia, poden chamar ao Concello (988 483 001), ou pasar polas oficinas municipais onde se facilitará a información correspondente
Os traballos necesarios de reparación nas tubaxes ou conexións deberán realizalos os titulares do contrato, PARA PODER EFECTUAR O CAMBIO DO CONTADOR NA DATA PREVISTA.
Así mesmo, deberase deixar a alguén encargado que poida facilitar o acceso á vivenda.
Cambio de contadores afecta a: Cortegada, A Ponte Trado, Adecolada e Peralba.
Cortegada, na data da sinatura dixital
O alcalde
Avelino Luís de Francisco Martínez
16-Octubre-2025 12:18
Info General
O día 24 de NOVEMBRO desprazarase ao Concello a Unidade Móbil da Policía para a renovación do DNI electrónico e pasaporte.
Tódalas persoas que desexen renovalo deberán solicitar cita prevía no 988 483 001.
Lugar: Centro Social de Cortegada
14-Octubre-2025 11:24
Info General
Os días 24, 25 e 26 de xullo celébranse as festas patronais do Santiago Apóstolo en Cortegada. Dado da necesidade de regular o tráfico, a Organización precisa que facer cortes en rúas. Por este motivo quedarán cortadas ao tráfico rodado as rúas que a continuación se indican, o que supón que; non poderán CIRCULAR nin ESTACIONAR vehículos os días 24, 25 e 26 de xullo, dende as 15:00 a 06:30 horas.
Rúa Alférez Rivera Viso
Tramo afectado dende cruce coa rúa Baño do Monte ao Xardín entronque Bouza Brey
Recomendacións:
Facede as previsións oportunas para estes días e estes horarios.Si tedes que viaxar deixade os coches fora dos garaxes en zonas habilitadas.
O que se fai público para o coñecemento xeral.
24-Julio-2024 11:51
Info General
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA.
TIPOLOXÍA: TEMPERATURAS MÁXIMAS
NIVEL DE ALERTA: LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 37/71GAL emitido o día 21-07-2024 ás 23:01h, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por TEMPERATURAS MÁXIMAS que se iniciará ao mediodía do martes 23-07-2024 estando previsto que finalice a última hora da tarde do mesmo día, e que afectará aos seguintes ámbitos xeográficos:
Nivel LARANXA por temperaturas máximas:
• OURENSE (MIÑO e SUR)
Temperaturas que poden acadar os 39º C.
22-Julio-2024 11:54
Info General
Aqueles interesados, que non teñan o recibo domiciliado poderán facelo efectivo nas dependencias municipais do Concello, tódolos martes a partir do día 16 de xullo de 9:00 a 13:00 horas ata o fin do periódo voluntario, ter en conta que o último martes é o día 3 de setembro. Deberán acudir co recibo de aboamento).
I.B.I. ANO 2024
DE NATUREZA URBANADE CARACTERISTICAS ESPECIAISDE NATUREZA RÚSTICA
Prazo de pagamento en voluntaria:
Dende o 8 de xullo ao 9 de setembro, ambos inclusive.
O que se fai público para o coñecemento xeral.
19-Julio-2024 14:33
Bandos / Notas informativas
AVISO CORTE DE AUGA
Recordatorio, hoxe luns 15 de xullo, realizaranse cortes intermitentes na subministración de auga de 9:00 a 13:00 e de 15:30 a 17:30.
Afectará ao núcleo de Cortegada.
A intervención é necesaria para realizar traballos de mellora na rede de abastecemento.
Lamentamos as molestias.
#Aviso #CorteDeAuga #Auga #cortegada
15-Julio-2024 08:54
Obras
O vaso grande da piscina punicipal permanecerá pechado dende este Domingo ás 20:00 horas ata as 12 horas do próximo venres por temas técnicos.
05-Julio-2024 13:50
Info General
IMPOSTOS DE BENS INMOBLES (I.BI.)
01 DE NATUREZA URBANA
02 DE CARACTERISTICAS ESPECIAIS
03 DE NATUREZA RÚSTICA
Prazo de pagamento en voluntaria:
Dende o 3 de xullo ao 4 de setembro, ambos inclusive.
Os contribuíntes recibirán no seu domicilio recibo-resgardo de aboamento, co que deberán presentarse en calquera oficina de ABANCA no período resinado anteriormente, en días hábiles, e en horario que estableza a entidade, advertíndolle que, pasado o prazo, procederase ao seu cobro por vía executiva, co 20% de recarga de prema e intereses de demora e, no seu caso, as custas que se produzan.
No caso de que algún contribuínte non reciba no seu domicilio o recibo/resgardo para poder efectuar o pagamento, poderá, dentro dos períodos anteriormente establecidos, solicitar un duplicado do mesmo nas oficinas de recadación ou ben nas dependencias municipais. Advertíndolle que o feito de non telo recibido, non o exime da obriga de efectuar o pagamento dentro do período voluntario de cobranza.
O que se fai público para o coñecemento xeral.
05-Julio-2024 10:23
Info General
Informamos que o vaso pequeno das piscina municipal permanecerá pechado hoxe mércores e maña xoves por labores de mentamento.
03-Julio-2024 10:51
Info General
A apertura da piscina será maña día 2 de xullo.
01-Julio-2024 09:12
Bandos / Notas informativas
Comprácenos anunciar que o próximo 1 de xullo abre oficialmente a nosa piscina. Prepárate para gozar dun verán cheo de diversión, sol e refrescantes mergullos.
Data de apertura: 1 de xullo
Horario: 12:00 AM - 21:00 PM
Lugar: Baño do Monte
Non esquezas o teu traxe de baño, protector solar e ganas de divertirche. Esperámoste!
Máis Info en:
https://www.cortegada.es/servizos_deportes_piscina.html
#AperturaPiscina #Verán2024 #DiversiónEnFamilia
24-Junio-2024 09:34
Info General
rátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 9 e 14 anos no momento de asistencia á quenda de actividade elixida e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.
A inscrición a este programa abriráse o 10 de xuño ás 12 horas
FOLLETO INFORMATIVO
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
07-Junio-2024 09:14
Actividades infantiles
Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, a presión da auga na localidade é actualmente insuficiente. Por este motivo, e co fin de garantir a subministración de auga para usos esenciais, informamos a todos os residentes das seguintes restricións temporais no uso da auga:
1. Prohibido lavar coches: Queda estritamente prohibido o lavado de vehículos ata novo aviso.
2. Rega de xardíns limitado: Queda prohibido a rega de xardíns e áreas verdes ata novo aviso.
3. Uso doméstico responsable: Pedimos a todos os veciños que utilicen a auga de maneira responsable e eviten o uso innecesario de grandes cantidades de auga.
Estas medidas impleméntanse para asegurar que todos os fogares dispoñan de suficiente auga para necesidades básicas como beber, cociñar e a hixiene persoal.
Estamos a traballar intensamente para resolver a avaría o máis axiña posible e restablecer o servizo normal de auga. Agradecemos a súa comprensión e colaboración nestes momentos.
Para calquera consulta ou información adicional, poden contactar coas oficinas municipais no teléfono: 988483001
06-Junio-2024 13:33
Info General
Tódos o luns dos meses de maio, xuño, setembro e outubro
Horario de 20 a 21 horas
Anótate xa, terán preferencia os censados.
Inscrición nas oficinas municipais.
Acitivdade de balde
Máis información: 988 483 001
22-Abril-2024 13:01
Deportes
Todos os xóves dos meses de maio, xuño, setembro e outubro.
Data de inicio o día 2 de MAIO.
Horario de 18:30 a 19:30 horas.
Anótate xa, terán preferencia os censados.
Máis información: 988 483 001
22-Abril-2024 12:09
Deportes
