Infórmase a todos os veciños que o vindeiro día 28 de outubro de 2025 procerase a realizar novamente o cambio dos contadores de auga que non se puideron substituír na primeira intervención.
Os contadores que non se cambiaran no seu momento foi debido a falta de acceso ás vivendas ou á existencia dalgún problema nas instalacións.
Para obter máis información sobre a incidencia, poden chamar ao Concello (988 483 001), ou pasar polas oficinas municipais onde se facilitará a información correspondente
Os traballos necesarios de reparación nas tubaxes ou conexións deberán realizalos os titulares do contrato, PARA PODER EFECTUAR O CAMBIO DO CONTADOR NA DATA PREVISTA.
Así mesmo, deberase deixar a alguén encargado que poida facilitar o acceso á vivenda.
Cambio de contadores afecta a: Cortegada, A Ponte Trado, Adecolada e Peralba.
Cortegada, na data da sinatura dixital
O alcalde
Avelino Luís de Francisco Martínez