Cartel das IV Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebrarán os días 26 e 27 de setembro en Ourol
Cartel das IV Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebrarán os días 26 e 27 de setembro en Ourol
27-Agosto-2026 09:49
Cultura y ocio
A Xunta de Galicia vén de convocar as axudas do Programa Respiro Familiar, destinadas a apoiar ás persoas coidadoras habituais non profesionais que atenden de maneira continuada persoas en situación de dependencia, con discapacidade ou que precisan axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
As axudas están destinadas a facilitar períodos de descanso e conciliación das persoas coidadoras e contemplan tres modalidades: atención no propio domicilio, atención en centro de día e estadías temporais en centros residenciais. A contía pode acadar ata 1.000 € anuais nas modalidades de respiro no fogar e centro de día, e ata 1.500 € anuais no caso de atención residencial.
Prazo de solicitude: do 12 de agosto ao 15 de outubro de 2026.
As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello para recibir información e apoio na tramitación da solicitude.
11-Agosto-2026 10:37
Servicios Sociales
Consulta no cartel adxunto as recomendacións de saúde para unha observación segura.
10-Agosto-2026 12:49
Info General
Consulta no cartel adxunto os horarios para seguir a eclipse de sol. Lembra seguir as recomendacións para unha observación segura.
10-Agosto-2026 12:48
Info General
O Concello de Ourol continúa avanzando no seu compromiso coa promoción da igualdade real entre mulleres e homes a través das actuacións previstas no III Plan de Igualdade do Concello de Ourol 2025-2028, que establece como unha das súas liñas estratéxicas a prevención e actuación fronte á violencia de xénero. Este compromiso materialízase mediante accións de sensibilización, formación e empoderamento dirixidas á cidadanía, coa finalidade de fomentar relacións igualitarias, detectar situacións de desigualdade e reforzar os factores de protección fronte á violencia machista
Neste marco desenvólvese o obradoiro "Con Voz Propia", organizado en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade BUMEI, como un espazo de encontro, reflexión e participación dirixido ás mulleres do municipio. A actividade pretende fortalecer a autoestima, favorecer o empoderamento persoal e proporcionar ferramentas para identificar e previr situacións de violencia de xénero, contribuíndo á construción dunha sociedade máis igualitaria e libre de violencias.
ANÍMATE A PARTICIPAR!! ANÓTATE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS 982559109/677489457
06-Agosto-2026 11:24
Servicios Sociales
Debido a que tras varios intentos de proceso de selección conseguiuse contratar un segundo socorrista para prestar servizo na Piscina Municipal de Ourol durante a tempada 2026; INFORMASE que o servizo de piscina prestarase todos os días a partir da data do 5 de agosto ata a data do 10 de setembro, de xeito que estará aberta ao público todos os días deste periodo, en horario de 12:30 horas a 20:00 horas.
04-Agosto-2026 13:12
Info General
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de unha praza vacante de un socorrista para a piscina pública municipal de Ourol polo tempo restante que está aberto o Servizo de Piscina Pública Municipal de Ourol para este 2026..
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto só o día 31 de xullo de 2026.
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
30-Julio-2026 13:01
Emprego
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de xefe de brigada, unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 27 ao 31 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procedementos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
24-Julio-2026 11:08
Emprego
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de xefe de brigada para a campaña de incendios do 2026.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 20 ao 23 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procedementos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
17-Julio-2026 13:15
Emprego
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 16 ao 23 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procedementos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
15-Julio-2026 12:33
Emprego
A estrada LU-P-6602 xa está aberta ó trafico, despois de ser retiradas as arbores e cepos que caeron en Cabanas (Sixto).
14-Julio-2026 16:01
Protección Civil
A estrada LU-P-6602 (estrada que vai dende Magazos ata Muras, pasando por Bravos e Sixto) atopase cortada en Cabanas - Sixto, debido a tormenta deste domigo; que provocou a caída de moitas arbores asi como tamen os cepos dalgunhas arbores. Ata que esté arranxada; para ir de Bravos a Sixto e viceversa hai que ir polo Rego da Ponte.
Nesta estrada pola parroquia de Bravos podese chegar ata O Coutado e na do Sixto ata Nogueira.
Esperamos que mañá (martes) pola tarde a estrada xa esté aberta a circulación, por este mesmo medio informaremos da apertura da estrada.
Desculpen as molestias.
13-Julio-2026 21:27
Protección Civil
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de unha praza vacante de un socorrista para a piscina pública municipal de Ourol para a tempada de verán do 2026.
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 14 ao 20 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
13-Julio-2026 11:29
Emprego
Desde o Concello de Ourol informamos que a Piscina Municipal abrirá as súas instalacións ao público o día 11 de xullo.
O periodo de apertura da piscina municipal do Concello de Ourol para este ano 2026 será o seguinte:
do 11 de XULLO ao 10 de SETEMBRO
Ante a imposibilidade de atopar un segundo socorrista para prestar servizo na Piscina Municipal de Ourol durante esta tempada 2026, o servizo de piscina prestarase con un único socorrista desde a data do 11 de xullo ata a data do 10 de setembro (ambas incluídas) de xeito que non estará aberta ao público todos os días deste periodo; debido a que é preciso respetar o horario laboral e as xornadas de descanso do socorrista que prestará o servizo.
10-Julio-2026 13:43
Info General
O servizo de CORREOS remitiu a este concello a divulgación da oferta aos veciños do rural dunha serie de novos servizos que presta o servizo público
Correos achega xestións e servizos directamente aos nosos fogares, sen necesidade de desprazarse:
Envío de cartas e paquetes.
Pago de recibos e tributos.
Retirada e ingreso de efectivo.
Solicitude de voto por correo.
Distintivo ambiental.
Seguros e outros servizos de utilidade diaria.
Un servizo próximo, pensado especialmente para facilitar o día a día das persoas que viven no rural e seguir mantendo vivos os nosos pobos
Consulta co teu carteiro ou carteira ou infórmate na oficina de Correos máis próxima.
09-Julio-2026 13:20
Info General
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de axuda a domicilio a xornada completa.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será de seis meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 13 ao 17 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
09-Julio-2026 11:50
Emprego
Con motivo da seca que estamos sufrindo as reservas de auga nos abastecementos da parroquia de Bravos, están comezando a escasear, dado que se presenta un nivel de auga minimo nas captacións.
Co fin de garantir o abastacemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios.
PROHÍBESE, atas novo aviso, a utilización de auga potable das traídas municipais para os usos non prioritarios como son:
-Regar xardíns
-Enchido de piscinas ou similares
-Limpeza de vehículos ou espazos ao aire libre
- Calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de personas ou animais.
Así mesmo, apelase a corresponsabilidade cidadá para facer un consumo racional e limitar no posible o consumo de auga.
08-Julio-2026 21:30
Abastecimientos de agua
O Concello de Ourol en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo vai distribuir gratuitamente gafas para ver o eclipse total o próximo 12 de agosto de 2026.
Todos os veciños e veciñas do Concello de Ourol poden pasar a recoller as súas gafas nas oficinas do concello.
08-Julio-2026 12:19
Emprego
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 8 ao 14 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procedementos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
07-Julio-2026 12:48
Emprego
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de unha praza vacante de un socorrista para a piscina pública municipal de Ourol para a tempada de verán do 2026.
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 1 ao 10 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
02-Julio-2026 09:17
Emprego
Obradoiro práctico de reutilización creativa téxtil no que aprenderemos a darlle unha nova vida a prendas vellas.
Día: 8 de xullo
Hora: 10:30 h.
Destinatarios: persoas adultas
Inscrición: ata o 6 de xullo
Máis información no tlf: 982 55 90 19 ou no Whatsapp 608 694 051
26-Junio-2026 08:35
Biblioteca
O IES Maria Sarmiento de Viveiro vai impartir os seguintes ciclos dentro da Educación de Adultos:
- C.M. Xestión Administrativa
- Bacaharel de Adultos: Humanidades e Ciencias - Educación Secundaria para Adultos (E.S.A)
Información:
IES Maria Sarmiento de Viveiro
Tfno: 982-870916
18-Junio-2026 09:25
Emprego
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de dous postos de socorristas para a piscina pública municipal de Ourol para a tempada de verán do 2026.
A duración dos contratos é de dous meses.
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 25 de xuño de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
18-Junio-2026 09:19
Emprego
📢 O CIM Móbil visitará o Concello de Ourol o vindeiro 29 de xuño.
Esta unidade itinerante ofrecerá información, orientación e asesoramento gratuíto en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero, recursos sociais e dereitos das mulleres.
📍 Lugar: Detrás do Concello de Ourol
📅 Data: 29 de xuño de 2026
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer os recursos e servizos que o Centro de Información á Muller pon á disposición da cidadanía.
16-Junio-2026 13:08
Servicios Sociales
INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
Unha unidade móbil desprazarase ao Concello de Ourol para realizar a Inspección Técnica Periódica de Vehículos Agrícolas .
Día: 16 de xullo de 2026
Horario: de 9 :00 a 13:30 horas
Lugar: Praza do Concello
Pódese solicitar cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web www.sycitv.com
16-Junio-2026 09:28
Info General
