Comunícase que o Curso sobre MANEXO DA DOR CRÓNICA, vaise a realizar o vindeiro mércores día 16 de outubro ás 16:30 no Edificio Multiusos.
Comunícase que o Curso sobre MANEXO DA DOR CRÓNICA, vaise a realizar o vindeiro mércores día 16 de outubro ás 16:30 no Edificio Multiusos.
11-Octubre-2024 09:00
Servicios Sociales
Infórmase que, por motivo do temporal, queda suspendida a actividade de "Manexo da dor" que estaba programada para hoxe día 9 de outubro ás 16:30 no Edificio Multiusos.
09-Octubre-2024 09:31
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol infórmase de que deu comezo A Campaña 2024 de Vacinacion da Gripe e da Covid-19. Para pedir cita pódese facer a través da Aplicación do Sergas ou no Centro de Saúde.
01-Octubre-2024 11:43
Info General
BENEFICIARIOS: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, sociedades civís e as comunidades de bens que contraten traballadores ou traballadoras por conta allea para a ocupación do ámbito das especialidades de “Traballos de carpintaría e moble” e "Atencións Sociosanitaria a persoas no domicilio" impartida no obradoiro de emprego “Terras do Sor VII” para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Galicia
As contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, a xornada completa.
Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 28 de outubro de 2024
INFORMACIÓN: BOP nº 225 de data de 27/09/2024. No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
27-Septiembre-2024 09:01
Emprego
ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
Dende o Departamento de Servizos Sociais estamos a organizar diversas actividades dirixidas a persoas maiores, que comezarán durante o mes de outubro. Para anotarse en calquera destas actividades deben acudir ó Departamento de Servizos Sociais e cumplimentar unha ficha de inscrición. O prazo límite de inscrción será o 26 de setembro e as prazas serán asignadas por orde de solicitude.
CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA PERSOAS MAIORES (2 días á semana: martes e venres)
HORA: 11:30 (45 min.)
INICIO: 4 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
CURSO DE IOGA SUAVE E MEDITACIÓN (1 día á semana: mércores)
HORA: 11:00 (60 min.)
INICIO: 2 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA (1 día á semana: luns)
HORA: 11:00 (90 min.)
INICIO: 7 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
24-Septiembre-2024 13:41
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol estase a organizar un Encontro de Maiores para Persoas Maiores de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, que terá lugar o domingo 27 de outubro no Restaurante Louzao (Viveiro). Este encontro consistirá nunha COMIDA amenizada con música en directo e sorteo sorpresa.
Poderán acudir os cónxuxes ou parellas que non estén empadroadas aboando o importe da comida e recollendo a súa entrada no departamento de Servizos Sociais.
As persoas dependentes poderán acudir con un acompañante.
Lugar: Restaurante Louzao (Area- Viveiro)
Día: 27 de outubro de 2024
Hora: 14:00 h.
Prezo: Gratuito (persoas empadroadas)
Data límite para anotarse: 24 de outubro de 2024
Lugar para a recollida de entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
24-Septiembre-2024 10:55
Servicios Sociales
AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2023-2024)
BENEFICIARIOS:
Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2023-2024.
Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2023-2024, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo).
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2023-2024 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 100 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
Aqueles estudantes que cumpran os requisitos da base 3ª e cursen estudos fora de Galicia, poderán ser beneficiarios/as dunha axuda única de trescentos euros (300,00 €)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 07 de outubro de 2024
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)
- Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2023-2024.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2023-2024.
INFORMA:
Bases reguladoras publicadas no BOP nº 219 de data de 20/09/2024
Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es)
20-Septiembre-2024 09:16
Info General
A Consellería de Política Social e Igualdade, abre o prazo para a Solicitude de Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos vacacionais escolares a través do programa BONO CONCILIA FAMILIAR
PERSOAS BENEFICIARIAS: Familias con menores de ata 12 anos de idade
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Supostos de necesidades puntuais:
-Enfermidade do neno/a ou da persoa coidadora habitual
- Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo e cursos de formación
- Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual
- Necesidades en períodos vacacionais escolares
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 18 de outubro
17-Septiembre-2024 11:55
Servicios Sociales
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saude para Cidadáns, vai a levar a cabo un CURSO SOBRE O MANEXO DA DOR CRÓNICA co obxectivo de "proporcionar habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida dos pacientes ".
Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 9 de outubro de 2024 (mércores) ás 16:30 horas.
CONTIDOS DO CURSO:- Coñecer as características da dor
- Tipos de dor: agudo e crónico.
- Avaliación e tratamento: escalas de valoración da dor
- Recomendacións e hábitos de vida saudables.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadáns https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?pagina=7&bloq=1
16-Septiembre-2024 14:12
Servicios Sociales
Publicadas no BOP da provincia de Lugo do sábado 14 de setembro de 2024, as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas e composicións dos tribunais e datas de celebración das probas de seleccion para os procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas convocadas polo sistema de concurso-oposición no Concello de Ourol:
- Auxiliar de axuda a domicilio - xornada completa
- 2 Auxiliares de axuda a domicilio - xornada parcial (75 %)
- Limpador/a de Edificios Municipais- xornada parcial
Poden consultarse no BOP da provincia de Lugo nº 214 de data de 14/09/2024, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourol no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
16-Septiembre-2024 10:07
Emprego
Ante o próximo inicio das obras para a mellora da estrada LU-540 ente Viveiro e Cabreiros a empresa encargada da realización das mesmas precisa a contratación dun traballador/a que conte co Curso Oficial de Prevención en Riscos Laborais na Construcción de 60 horas.
Duración estimada do contrato: 2 anos
Os/as interesados/as poden enviar o seu CV a:
Construcciones Isidro Otero S.L.
raul@isidrootero.es
Teléfono: 679-184119
16-Septiembre-2024 09:06
Info General
Apúntate a este obradoiro de debuxar letras de forma creativa. Unha actividade que favorece a concentración e a relaxación.
O martes 24 de setembro ás 10:30 na biblioteca de Ourol.
Anótate no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051
12-Septiembre-2024 13:08
Biblioteca
ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS Dende o Departamento de Servizos Sociais estamos a organizar diversas actividades dirixidas a persoas maiores, que comezarán durante o mes de outubro. Para anotarse en calquera destas actividades deben acudir ó Departamento de Servizos Sociais e cumplimentar unha ficha de inscrición. O prazo límite de inscrción será o 26 de setembro e as prazas serán asignadas por orde de solicitude.
CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA PERSOAS MAIORES (2 días á semana: martes e venres)
HORA: 11:30 (45 min.)
INICIO: 1 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
CURSO DE IOGA SUAVE E MEDITACIÓN (1 día á semana: mércores)
HORA: 11:00 (60 min.)
INICIO: 1 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA (1 día á semana: luns)
HORA: 11:00 (90 min.)
INICIO: 7 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
10-Septiembre-2024 13:38
Servicios Sociales
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación BUMEI, oferta varias actividades formativas a levar a cabo no ultimo trimestre do ano.
Estas actividades non teñen custo económico para as persoas participantes e levaranse a cabo nalgunha instalación municipal (Edificio Multiusos ou Casa da Cultura).
- MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA (ENTRE 2-4 HORAS)
- FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS (Entre 10 e 40 HORAS)
- CURSO DE CARRETILLERA (ENTRE 10 E 20 HORAS)
Para a realización de calquera das actividades formativas debemos contar cun mínimo de 5 persoas. Unha vez feitos os grupos será cando se decidan as datas e horarios.
Para anotarse en calquera das actividades formativas ou ter máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982559109/677489457
02-Septiembre-2024 13:47
Servicios Sociales
O Concello de Ourol, estrea nova páxina web, dada que a anterior levaba case 10 anos sen actualizarse, y quedara “desfasada”, desde o punto de vista de seguridade e de deseño.
A nova web conta cunha interfaz máis dinámica, que vai cambiar a forma na que o concello se comunicará coos veciños/as, e vai facilitar ao usuario/a un acceso rápido e sinxelo aos servizos do propio concello e a toda a información dispoñible. Cun reducido número de clics, o usuario/a será capaz de acceder a aquela información que máis lle interesa de forma rápida.
Unha páxina web que implemente as últimas tecnoloxías, que destaca pola súa seguridade, axilidade e fácil navegación desde calquer dispositivo, ordenador, tablet ou smartphone.
Ofrece elementos visuais como mapas funcionais co directorio de lugares e servizos, ou os listados no apartado de oferta turística e patrimonio, actualizados e dispoñibles para a sua consulta.
Descobre a nosa nova páxina no seguinte enderezo:
https://concellodeourol.es/es/
30-Agosto-2024 13:21
Info General
REQUISITOS:
- Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación espcial para o curso 2024/2025.
- Que tódolos membros da unidade familiar se encontren empadroados no Concello de Ourol, cunha antigüidade mínima de tres meses. En caso de custodia compartida, só se esixirá o requisito de empadroamento dun dos proxenitores e do fillo/a para o que solicita a axuda.
- Atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello de Ourol e coa Seguridade social
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.000 €uros (a renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia. Cando presentase declaración da renda sumarase a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (460) e dividirase a contía resultante entre o número de membros computables.
DOCUMENTACIÓN:
- DNI da persoa solicitante e do resto de membros da unidade de convivencia con obriga de obtelo.
- Libro de familia
- Declaración da renda do exercicio 2023 ou certificado de imputacións do IRPF de tódolos membros computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos.
- Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais alegadas (discapacidade, desemprego, familia numerosa, familia monoparental, violencia de xénero)
- Certificado de conta bancaria
- Certificado de matrícula
- Certificado de estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade social
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 18 de setembro de 2024
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Departamento de Servizos Sociais
O modelo de solicitude e a documentación requerida están tamén colgados na Sede Electrónica do Concello de Ourol no apartado de Anuncios.
Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ó 982559109 ou ó 677489457
28-Agosto-2024 10:51
Servicios Sociales
Dende a Asociación "Arrainas" nos piden dar difusión desta actividade:
PRESENTACIÓN DO GRUPO DE APOIO MÚTUO (GAM) para a prevención do suicidio en maiores e apoio a familias e achegados/as das persoas falecidas.
LUGAR: Concello de Viveiro (Sala Multiusos)
DATA: 22/08/2024
HORA: de 16:30 a 18:30
PARA PARTICIPAR, INSCRICIÓNS: 698183167 / candea@arraianas.org
16-Agosto-2024 13:50
Servicios Sociales
O vindeiro sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 h temos a presentación do libro "A imaxineria nos cemiterios de Ourol. Dous canteiros". Un libro escrito por Anxo Vázquez Pernas onde o autor fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Miñotos e Ourol a través das obras dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga, coñecido como "Pena" de Miñotos.
Invitamos a todas as persoas interesadas a acudir a este acto que terá lugar no Edificio Multiusos de Ourol. A entrada é libre.
O libro estará a disposición de todos os veciños/as a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais.
05-Agosto-2024 11:05
Biblioteca
Con motivo das festas en Honra a Nosa Señora de Ourol o concello de Ourol organiza unha cea popular:
Día: 10 de agosto
Hora: 21:45 h.
Lugar: na carpa situada na praza do Concello
PREZOS:
Persoas NON empadroadas no concello:
Maiores de 11 anos: 28€
Nenos/as de 7 a 11 anos: 14€
Nenos/as 0-6 anos: gratuíta
Empadroados: gratuíta
Prazo de inscrición; ata o 7 de agosto
SERÁ IMPRESCINDIBLE RECOLLER OS TICKETS NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO E A SÚA POSTERIOR ENTREGA O DÍA DA CEA
29-Julio-2024 11:56
Info General
Consulta o cartel de actos con motivo das Festas Patronais de Ourol.
Esperámoste!!!
29-Julio-2024 11:52
Info General
O Concello de Ourol INFORMA que a Asociación de Mujeres en Igualdad (BUMEI) quere levar a cabo un CURSO DE CAMARER@S DE PISO dirixido a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e/ou económica: BENEFICIARIOS DE IMV, PNC, SUBSIDIO POR DESEMPREGO, SITUACÍÓN DE DESEMPREGO etc.
DURACIÓN: 80H
LUGAR: VIVEIRO
INICIO: SETEMBRO
DATAS E HORARIO: PENDENTE DE CONCRETAR
PRAZO PARA ANOTARSE: ANTES DO 5 DE AGOSTO DE 2024
Para anotarse ou obter máis información poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
22-Julio-2024 13:26
Servicios Sociales
Próximamente abrirase a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Ourol.
Os postos a cubrir son:
- Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 23 ao 30 de xullo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
22-Julio-2024 09:55
Emprego
Publicadas no BOP da provincia de Lugo do día de 17 de xullo de 2024, as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas e composicións dos tribunais e datas de celebración das probas de seleccion para os procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas convocadas polo sistema de concurso no Concello de Ourol:
- Traballador/a Social (concurso)
- Operario/a de servizos municipais con carné de conducir B (concurso)
- Conductor/a tractorista desbrozador - oficial 3ª (concurso)
- 3 Auxiliares de axuda a domicilio - xornada completa (concurso)
- Auxiliar de axuda a domicilio - fins de semana e festivos (concurso)
- Limpador/a - xornada parcial(concurso)
Poden consultarse no BOP da provincia de Lugo nº 165 de data de 17/07/2024, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourol no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
17-Julio-2024 11:32
Emprego
Desde o Concello de Ourol lembramoslles a todos os veciños que solicitaron o seu composteiro doméstico que a entrega dos mesmos realizarase o día 29 de xullo no Edificio Multiusos do concello en dous horarios: as 11:00 h e as 12:00 horas.
Á entrega do composteiro realizarase unha charla informativa.
17-Julio-2024 09:36
Info General
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de un Peon Forestal a xornada completa para o servizo denominado “Protección e Mantemento de Zonas Naturais” a través da subvención para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) no Concello de Ourol.
A duración do contrato é de 9 meses.
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 17 de xullo ata o 23 de xullo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol através do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
16-Julio-2024 09:59
Emprego