O Concello de Ourol informa da Campaña 2025 de Vacinacion da Gripe e da Covid-19. A vacinación comezará o día 29 de setembro e rematará o 31 de decembro. Para pedir cita pódese facer a través da Aplicación do Sergas ou no Centro de Saúde.
O Concello de Ourol informa da Campaña 2025 de Vacinacion da Gripe e da Covid-19. A vacinación comezará o día 29 de setembro e rematará o 31 de decembro. Para pedir cita pódese facer a través da Aplicación do Sergas ou no Centro de Saúde.
19-Septiembre-2025 08:36
Info General
CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
ENTIDADE ORGANIZADORA: CRUZ VERMELLA
LUGAR: VIVEIRO
DATAS ESTIMADAS: DENDE O 3/11/2025 Ó 8/04/2026
HORARIO: DE 3 A 8 DA TARDE
Nº DE HORAS: 528 H.
18-Septiembre-2025 10:48
Servicios Sociales
O Concello de Ourol como promotor dunha comunidade enerxética local convida a todos os veciños e veciñas a unha reunión informativa sobre esta cuestión, que será impartida por técnicos expertos na materia, e que se celebrará o próximo martes 23 de setembro, as 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ourol.
17-Septiembre-2025 12:43
Info General
O vindeiro día 27 de setembro ás 18:00 h temos unha cita no Centro Social de Merille coa obra de teatro "O Randiña vai ó médico" da compañía de teatro O Torques.
Unha comedia divertida que nos fará pasar un momento agradable e disfrutar do teatro no noso concello.
A entrada é libre e gratuíta.
17-Septiembre-2025 09:42
Biblioteca
A Deputación Provincial de Lugo pon en marcha no noso Concello o programa "PARA DIXITALIZARSE LUGO". Esta iniciativa para achegar as competencias dixitais á poboación da provincia de Lugo, especialmente nos municipios de menos de 5.000 habitantes.
As accións formativas que se van levar a cabo no noso Concello son:
- O TELÉFONO MÓBIL. PRIMEIROS PASOS
- SINATURA DIXITAL/CH@VE 365/ CERTIFICADOS VAIRIOS, APLICACIÓNS DE SERGAS, FACENDA, ACTUAR ANTE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS, SEDE ELECTRÓNICA
- FINANZAS ONLINE. BIZUM, BANCA ELECTRÓNICA
- CIBERSEGURIDADE
O primeiro curso que imos levar a cabo no Concello é o do "TELÉFONO MÓBIL. PRIMEIROS PASOS".
Ten unha duración de 20 h e terá lugar no Salón de Plenos do Concello os mércores e xoves en horario de 10:30 a 12:30 dando comezo o día 1 de outubro e rematando o día 30 de outubro.
Para máis información e anotarse debe acudir ó Departamento de servizos sociais ou chamar ó teléfono 982559109/677489457.
Para formalizar a solicitude é preciso aportar o DNI e a tarxeta de demandante de emprego de ser o caso.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: Ata o 24 de setembro
16-Septiembre-2025 10:44
Servicios Sociales
Dende o Departamento de Servizos Sociais estamos a organizar diversas actividades dirixidas a persoas maiores, que comezarán durante o mes de outubro. Para anotarse en calquera destas actividades deben acudir ó Departamento de Servizos Sociais e cumplimentar unha ficha de inscrición. O prazo límite de inscrción será o 10 de outubro e as prazas serán asignadas por orde de solicitude.
CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA PERSOAS MAIORES (2 días á semana: martes e venres)
HORA: 11:30 (45 min.)
INICIO: 17 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA (1 día á semana: luns)
HORA: 11:00 (90 min.)
INICIO: 22 DE OUTUBRO
LUGAR: Edificio Multiusos
16-Septiembre-2025 09:32
Servicios Sociales
Dende o concello de Ourol infórmase que dende a entidade Cruz Roja Española vaise a realizar un curso de MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS dirixido a persoas desempregadas da Mariña Lucense. Trátase dunha formación homologada de 25 horas de duración e que daría acceso a formar parte dunha bolsa de emprego. O lugar de realización do curso está ainda por confirmar entre Burela ou Foz. O prazo de inscrición finaliza o día 10 de outubro. Para máis información deben chamar ó teléfono 982581452 en horario de 9:30 a 14:30.
16-Septiembre-2025 09:16
Servicios Sociales
O tramo comprendido entre Folgoselo e O Viveiró da estrada LU-P-3804 que vai de Belsar por Soutochao ao Viveiró (Muras) vai ser arranxado
As obras van comezar o venres 12 de setembro e finalizarán o vindeiro venres 19 de setembro.
Por motivo das obras esta estrada será cortada por tramos debido as referidas obras, polo que se recomenda a todos os vehículos pesados que non circulen por ela durante ese período.
15-Septiembre-2025 09:12
Info General
A estrada LU-P-3804 que vai de Belsar por Soutochao ao Viveiró (Muras) vai ser arranxada.
As obras van comezar o venres 12 de setembro e finalizarán o vindeiro venres 19 de setembro.
A dita estrada será contada por tramos na súa totalidade debido as referidas obras, polo que se recomenda a todos os vehículos pesados que non circulen por ela durante ese período.
11-Septiembre-2025 14:15
Info General
O Concello de Ourol informa que está aberto o prazo de solicitude do BONO CONCILIA FAMILIA ata o día 8 de outubro de 2025.
O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos -salvo aqueles organizados pola Xunta de Galicia-, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
REQUISITOS:
Residir en GaliciaTer un fillo/a de entre 4 e 13 anos (nacidos entre o 1/1/2012 e o 31/12/2021)Que ambos proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)
QUE SUPOSTOS COBRE:
Períodos de vacacións escolares.Enfermidade do pequeno/a e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar.Enfermidade da persoa coidadora habitual.Situacións puntuais de carácter laboral ou de formación.Situacións puntuais de coidado a familiares de ata 2º grao de parentesco.
IMPORTE DA AXUDA:
A axuda cobre ata o 75% do servizo; pero amplíase ata o 100% para as familias de especial consideración (numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, con fillos con discapacidade superior ao 33% e vítimas de violencia de xénero).
En todos os casos aplican estas contías máximas:
500 euros por unidade familiar para contratar un coidados a domicilio.200 euros por cada fillo/a no caso de asistencia a campamentos ou servizos de conciliación colectivos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.COMO SE FAI EFECTIVA A AXUDA:
Coa presentación da solicitude de Bono Concilia Familia deberase entregar a seguinte documentación xustificativa:
a) No caso da contratación de campamentos, servizos de conciliación autorizados ou de atención a domicilio:
Facturas e xustificantes bancarios que acrediten o pagamento da factura, agás que o importe sexa inferior a 1.000 euros, en cuxo caso se xustificará mediante a presentación do recibo do provedor.
b) No caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou ampliación das horas dun contrato preexistente:
Contrato de traballo onde conste expresamente o período de contratación, o seu obxecto e o intervalo horario no que se presta o servizo.Xustificantes bancarios do pagamento do salario e das cotas da Seguridade Social.
Para máis información poden dirixirse ó Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ós teléfonos 982559109/677489457
10-Septiembre-2025 09:05
Servicios Sociales
OBXECTO:
Axudas destinadas a financiar, no curso académico 2025/26, os gastos derivados da matrícula nun master universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia, a persoas desempregadas con titulación universitaria.
REQUISITOS:
- Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
- Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2024
- Estar matriculado no curso académico 2025/26, en primeira matrícula, nun master universitario oficial de 60, 90 ou 120 créditos ofertado pola universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, A matrícula será dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados
- Non estar incluídos nos casos de beneficios e exención total de matrícula.
- Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
CONTÍA DA AXUDA:
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do master universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no decreto, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.
A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 6 de outubro de 2025
INFORMA: Orde do 26 de agosto de 2025 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (DOG nº 171 de data de 05/09/2025)
05-Septiembre-2025 10:05
Info General
AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2024-2025)
BENEFICIARIOS:
Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2024-2025.
Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2024-2025, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo).
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2024-2025 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído (tomarase como punto de partida a sede do Concello de Ourol) con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 100 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
Aqueles estudantes que cumpran os requisitos da base 3ª e cursen estudos fora de Galicia, poderán ser beneficiarios/as dunha axuda única de trescentos euros (300,00 €)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 22 de setembro de 2025
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)
- Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2024-2025.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2024-2025.
INFORMA:
Bases reguladoras publicadas no BOP nº 204 de data de 05/09/2025
Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es)
05-Septiembre-2025 09:28
Info General
A empresa BEGASA por melloras na calidade do subministro electrico suspenderá temporalmente o subministro o Xoves 4 de setembro desde as 08:00 as 14:00 horas
Parroquias afectadas: O Sixto, Ambosores, San Pantaleon de Cabanas, Bravos, Merille e Ourol
02-Septiembre-2025 13:53
Info General
Dende o Concello de Ourol en colaboración con AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) vaise a realizar un CURSO DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DOMÉSTICOS. Este curso terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves día 11 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 horas.
Programación do Curso:
- Espacios Seguros: cociña, baño e habitacións.
- Recomendacións de seguridade no fogar.
- Medidas preventivas no fogar.
- Actuación en casos de intoxicación.
- Prevención e actuación ante accidentes de queimaduras.
- O botiquín.
Para anotarse poden dixirise ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ós teléfonos 982559109/677489457
01-Septiembre-2025 10:39
Servicios Sociales
REQUISITOS:
- Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación espcial para o curso 2025/2026.
- Que tódolos membros da unidade familiar se encontren empadroados no Concello de Ourol, cunha antigüidade mínima de tres meses. En caso de custodia compartida, só se esixirá o requisito de empadroamento dun dos proxenitores e do fillo/a para o que solicita a axuda.
- Atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello de Ourol e coa Seguridade social
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.000 €uros (a renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia. Cando presentase declaración da renda sumarase a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (460) e dividirase a contía resultante entre o número de membros computables.
DOCUMENTACIÓN:
- DNI da persoa solicitante e do resto de membros da unidade de convivencia con obriga de obtelo.
- Libro de familia
- Declaración da renda do exercicio 2024 ou certificado de imputacións do IRPF de tódolos membros computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos.
- Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais alegadas (discapacidade, desemprego, familia numerosa, familia monoparental, violencia de xénero)
- Certificado de conta bancaria
- Certificado de matrícula
- Certificado de estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade social
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 18 de setembro de 2025
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Departamento de Servizos Sociais
O modelo de solicitude e a documentación requerida están tamén colgados na Sede Electrónica do Concello de Ourol no apartado de Anuncios.
Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ó 982559109 ou ó 677489457
28-Agosto-2025 10:05
Servicios Sociales
A empresa BEGASA por melloras na calidade do subministro electrico suspenderá temporalmente o subministro o Xoves 4 de setembro desde as 08:00 as 14:00 horas
Parroquias afectadas: O Sixto, Ambosores, San Pantaleon de Cabanas, Bravos, Merille e Ourol
26-Agosto-2025 11:45
Info General
OBXECTO: Axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de «ampliación ou promoción», así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IF310F e IF310G).
A orde conta con dúas liñas de axuda:
Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de «ampliación ou promoción», dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E.
O período subvencionable para ambas as liñas será do 30 de outubro de 2024 ao 30 de outubro de 2025.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. Poderán solicitar as axudas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter 18 anos.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (30 de outubro de 2024). As entidades adheridas poderán requirirlle á persoa interesada a xustificación deste feito mediante a xustificación oficial de empadroamento.
c) Para seren persoas beneficiarias da liña 1, terán que ter realizado e superado o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional.
Deberán intentar superar o exame CAP e presentarse, no prazo dun ano desde o remate do curso, a un mínimo de catro convocatorias de exame, salvo que superen o dito exame nas convocatorias anteriores.
d) Ter aboado o importe do curso e os custos de matrícula e as clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C e/ou D.
e) Cumprir os requisitos xerais establecidos no artigo 11 e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O cumprimento destes requisitos acreditarase mediante a declaración responsable recollida no formulario de solicitude.
2. Para a liña 1, cada persoa beneficiaria só poderá obter unha vez a axuda, agás no suposto de que, tendo obtido o CAP para transporte de mercadorías ou de viaxeiros, pretenda optar á obtención do CAP para a outra actividade, respectivamente, mediante a superación da formación de «ampliación ou promoción», suposto en que tamén poderá obter esta segunda axuda por unha única vez.
Para a liña 2, cada persoa beneficiaria poderá obter a axuda por cada un dos permisos de condución que obteña durante o período subvencionable.
As persoas beneficiarias poderán obter as axudas das liñas 1 e 2 de xeito acumulativo.
CONTÍA DAS AXUDAS:
Para a liña 1, o importe máximo para percibir por cada alumno será de 1.200 euros para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP), e de 300 € para a obtención do CAP na modalidade de «ampliación ou promoción», para aqueles alumnos que xa teñan o certificado nunha categoría e que lles sirva para obtelo noutra categoría.
Para a liña 2, a contía máxima para os custos de matrícula e clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C, C1, C+E, D, D1, D1+E e/ou D+E será de 1.200 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de outubro de 2025 e finalizará o 30 de outubro de 2025, ou cando se esgoten os fondos.
INFORMA:
Orde do 28 de xullo de 2025 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG nº 154 de data de 13/08/2025)
19-Agosto-2025 11:44
Emprego
CONTÍA DA AXUDA:
O importe da axuda será de 150 € para a obtención do permiso de conducción de clase A2 e de 400 € para o permiso de condución de clase B.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunah antigüidade mínima dun ano.
- Non estar traballando por conta propia nin allea
- Ter aprobado o/os permisos de conducir para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
- Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o IPREM de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos adxuntando a seguinte documentación:
- Anexo I de solicitude
- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
- O/s certificado/s de empadraomento histórico que acredite/n a antigúidade mínima.
- Certificación literal de nacemento de cada persoa membro da unidade familiar ou libro de familia
- Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, de ser o caso.
- Certificación da AEAT de non ter a obriga de declarar, se é o caso.
- Anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
O prazo comezará o 25 de agosto de 2025 ás 9:00 horas ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20:00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible.
INFORMA:
Orde do 8 de agosto de 2025 da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (DOG nº 157 de data de 19/08/2025)
19-Agosto-2025 11:42
Emprego
Mañá remata o prazo para anotarse na comida que se celebrará o día 9 de agosto ás 15:00 h na carpa situada na praza do concello, con motivo das festas patronais de Ourol.
05-Agosto-2025 13:40
Info General
Consulta o cartel de actos con motivo das Festas Patronais de Ourol.
Esperámoste!!!
31-Julio-2025 08:50
Info General
Listado de accións formativas que se van a levar a cabo no Centro de Formación Ocupacional de Viveiro nos vindeiros meses.
Información:
Centro de Formación Ocupacional de Viveiro
Tfno: 982-828381
email: centroformacion.emprego.viveiro@xunta.gal
29-Julio-2025 08:55
Emprego
Con motivo das festas en Honra a Nosa Señora de Ourol o concello de Ourol organiza unha comida popular:
Día: 9 de agosto
Hora: 15:00 h.
Lugar: na carpa situada na praza do Concello
PREZOS:
Persoas NON empadroadas no concello:
Maiores de 11 anos: 28€
Nenos/as de 7 a 11 anos: 14€
Nenos/as 0-6 anos: gratuíta
Empadroados: gratuíta
Prazo de inscrición; ATA O DÍA 6 DE AGOSTO ÁS 13:00 H
SERÁ IMPRESCINDIBLE RECOLLER OS TICKETS NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO E A SÚA POSTERIOR ENTREGA O DÍA DO XANTAR
28-Julio-2025 13:05
Info General
Próximamente abrirase a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a cobertura de 3 prazas de conductor do vehículo motobomba e da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Ourol.
Os postos a cubrir son:
- Tres Conductores de vehículo motobomba, tres meses a xornada completa
- Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
- Dous Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 23 de xullo de 2025 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
17-Julio-2025 13:07
Emprego
A Xunta de Galicia estableceas bases reguladoras das axudas destinadas a apoiar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, como medida de fomento da corresponsabilidade das persoas da unidade familiar que exerciten o dereito á redución da xornada laboral, especialmente por parte dos homes, para o coidado dos seus fillos e fillas, e proceder á súa convocatoria no ano 2025
Serán subvencionables as situacións de redución de xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, no período comprendido entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025, ambos os dous incluídos, das persoas.
As axudas concederanse por orde de puntuación, segundo os criterios e pautas de valoración previstos no artigo 15, ata esgotar o crédito dispoñible.
Máis información:
DOG nº 133 do 14/07/2025 ou no Departamento Municipal de Servizos Sociais (982559109/677489457)
17-Julio-2025 10:24
Servicios Sociales
A Xunta de Galicia convoca por terceiro ano as axudas destinadas a persoas afectadas por esclerose lateral amiotrófica.
Máis información sobre requisitos de acceso, documentación e contía das axudas no Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
DOG nº 133 de 14 de xullo de 2025
https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/ayudas/ayudas-para-personas-con-ela
17-Julio-2025 10:17
Servicios Sociales
