📚 AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLARCURSO 2026/2027 · CONCELLO DE OUROLPUBLICADAS AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (BOP LUGO NUM 215- SABADO 19 DE SETEMBRO DE 2026)
¿QUEN PODE SOLICITALA?
Familias con alumnado matriculado en 2º ciclo de Infantil, Primaria, ESO ou Educación Especial, que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
REQUISITOS PRINCIPAIS
Unidade familiar empadroada en Ourol durante un mínimo de 3 meses.Alumnado matriculado nun centro sostido con fondos públicos.Renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € anuais.Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
👉 O alumnado de Educación Especial ou con discapacidade ≥65 % poderá acceder á axuda independentemente da renda.
💶 CONTÍA DA AXUDA
A contía determínase segundo a renda e as circunstancias familiares.
Importe máximo: 100 € por alumno/a.
📅 PRAZO DE SOLICITUDE
Do 21 de setembro ao 9 de outubro de 2026, ambos inclusive.
📄 DOCUMENTACIÓNSolicitude (Anexo I).Autorización para comprobar datos (Anexo II).DNI e libro de familia.Renda de 2025 ou certificado de imputacións.Xustificantes das circunstancias familiares, se corresponde.Número de conta bancaria.Xustificante de matrícula.🧾 XUSTIFICACIÓN
Unha vez concedida a axuda, deberá presentarse a factura ou xustificante do gasto no prazo máximo de 10 días desde a notificación da concesión.
📍 Máis información e presentación:
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol
Sede Electrónica do Concello de Ourol
