O Concello de Ourol invita a todas as persoas interesadas a participar nas primeiras xornadas de historia local.
O Concello de Ourol invita a todas as persoas interesadas a participar nas primeiras xornadas de historia local.
01-Agosto-2018 09:32
Biblioteca
Festas na honra á Nosa Señora os días 11 e 12 de Agosto
01-Agosto-2018 08:51
Cultura y ocio
Informase que o próximo sábado día 11 de agosto con motivo da celebración das Festas patronais na honra a Nosa Señora de Ourol, o concello celebrará unha cea popular. Prezo: - persoas empadroadas: GRATIS - persoas non empadroadas: 14,30 euros Todas aquelas persoas que desexen asistir deben pasar polas oficinas municipais para anotarse e retirar unha tarxeta que deben presentar o día da cea. Lembrase que a data límite para anotarse é o martes 7 de agosto.
26-Julio-2018 13:34
Info General
O Concello de Ourol está levando a cabo obras de reforma/ampliación da instalación eléctrica no Centro Social de Xerdiz (parroquia de Xerdiz).
13-Julio-2018 14:09
Obras
Hoxe, ás 11:00, Teatro Calavera traen ó concello a súa actividade "Chocolate". Os nenos/as que asisten á Ludoteca de Verán vivirán a aventura máis aloucada para procurar o mellor chocolate. Actividade organizada pola Biblioteca Municipal de Ourol dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria.
10-Julio-2018 08:21
Biblioteca
O Concello de Ourol levou a cabo orbras de acondicionamento da pista de As Lobeiras ao Curro de Candaoso, sita da parroquia de Miñotos. As obras consisten na reparación do firme.
09-Julio-2018 13:15
Obras
O Concello de Ourol vai levar a cabo actuacións de mellora na rede auga municipal; ditas actuacións localizanse en Besteburiz, Fornos e Ourol.
09-Julio-2018 13:10
Abastecimientos de agua
AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. (Xunta de Galicia) BENEFICIARIOS: - Residir na Comunidade Autonóma de Galicia e ter a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social (que se acreditará mediante copia da factura en que figure aplicado o desconto do 40% do bono social para consumidores vulnerables severos) así como cun informe emitido polos servizos sociais. - Ser o titular do contrato da subministración eléctrica - Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable servero (descontó 40%). GASTOS SUBVENCIONABLES: - O 50% do importe das facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018. - A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de decembro de 2018 Para máis información e/ou presentación de solicitudes pode dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ó 982559109.
05-Julio-2018 10:01
Servicios Sociales
A Piscina Municipal de Ourol abre as súas portas desde o día 1 de xullo ata o 15 de setembro; en horario de 13:00 h a 21:00 h.
29-Junio-2018 08:50
Info General
EXCURSIÓN ÁS RÍAS BAIXAS DÍA 23 DE XUÑO AVISO IMPORTANTE: PRAZAS LIBRES (persoas empadroadas no Concello de Ourol) Debido a que ó longo desta mañá se deron de baixa varias persoas que estaban anotadas para a excursión de mañá día 23 de xuño, quedan 8 prazas libres. Si algunha persoa empadronada está interesada en anotarse debe chamar ó 982559109 antes das 14:00h de hoxe.
22-Junio-2018 11:50
Info General
O Concello de Ourol vai levar a cabo obras de acondicionamento do Centro Social de Merille para mellora da súa eficiencia enerxética; as actuacións consistirán fundamentalmente na reparación da envolvente térmica da edificación, na cuberta e na fachada posterior; afectando tamén as instalacións de saneamento, fontanería e electricidade da paste posterior da edificación; creándose unha nova sala de usos múltiples e reformando os aseos.
11-Junio-2018 13:30
Obras
A biblioteca municipal organiza unha actividade para bebés de 0 a 3 anos con música en directo, contos, poemas e xogos de man. A actividade será impartida por Cristina Vázquez Santos. Día: 30 de xuño. Hora: 12:00 h. Duración: 35 minutos. Inscrición previa no teléfono 982 55 90 19 ou na biblioteca municipal.
07-Junio-2018 09:13
Biblioteca
EXCURSION ÁS RÍAS BAIXAS: COMBARRO- CRUCEIRO POLA RÍA DE AROUSA- VISITA O GROVE E ILLA DA TOXA AVISO: Aínda que as prazas xa están cubertas, seguiremos anotando nunha lista de reserva ata o día 19 de xuño. En caso de producirse baixas, iranse cubrindo por orde de reserva.
05-Junio-2018 13:17
Info General
EXCURSIÓN ÁS RÍAS BAIXAS: O GROVE- A TOXA- CRUCEIRO POLA RIA DE AROUSA - COMBARRO AVISO: En relación á Excursión ás Rías Baixas do día 23 de xuño 2018, informamos que existe un límite de 132 prazas que se cubrirán por riguroso orde de inscrición
31-Mayo-2018 08:38
Info General
LUDOTECA DE VERÁN Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, estase a organizar unha LUDOTECA DE VERÁN dirixida a rapaces e rapazas empadroados/as no Concello de Ourol, de idades comprendidas entre os 4 e 16 anos. OBXECTIVO: Conciliar a vida laboral e familiar das familias durante as vacacións de verán e servir de alternativa educativa e innovadora do tempo de lecer dos rapaces e rapazas. HORARIO: DE 10:30 A 13:30, DE LUNS A VENRES (contarase con servicio de conciliación dende as 8:00 e ata as 14:00 h. na biblioteca municipal) DURACIÓN: DO 2 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO DE 2018 Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 35 ADMISIÓN: as prazas serán cubertas por riguroso orde de inscrición, tendo preferencia aquelas familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM (48.877,33€/ano) DOCUMENTACIÓN: solicitude cuberta en modelo normalizado; fotocopia da tarxeta sanitaria e DNI da nena ou neno solicitante; e declaración xurada de ingresos. SOLICITUDE DE PRAZA: A solicitude de praza da ludoteca poderá realizarse polo período completo, por semanas ou por días concretos establecidos no momento de realizar a matrícula. ACTIVIDADES: Diferentes actividades de animación e deportivas en diversos espacios (animacións temáticas, obradoiros creativos, xogos na piscina…etc). Realizarase unha Excursión ó Parque Acuático de Cerceda. PERÍODO DE INSCRICIÓN: *Do 1 ao 15 de xuño de 2018 (só para persoas empadroadas); *Do 18 ao 22 de xuño de 2018 (para persoas non empadroadas e só no caso de quedar prazas vacantes Para recibir máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ó teléfono 982559109. Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.
28-Mayo-2018 10:38
Servicios Sociales
Vistas as modificación que se sufriu a normativa autonómica vixente e dadas as consultas que se recibiron por parte dos veciños, desde o Concello de Ourol considerouse necesario remitir aos nosos veciños un breve resumo donde se identifican as obrigas que recolle a normativa autonómica vixente en materia de xestión de biomasa e repoboacións forestais. Recórdase a toda a veciñanza que se deben cumprir ditas obrigas dado que se trata de normativa autonómica vixente de obrigado cumprimento, e que de non atender a ditas obrigas poden producirse requerimentos de actuación que poden levar aparelladas execucións subsidiarias e sancións.
14-Mayo-2018 13:32
Info General
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) e a ACIS (axencia de coñecemento en saúde), vaise a levar a cabo un CURSO DE “USO SEGURO DO MEDICAMENTO. MOBILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES” DATA: 5 DE XUÑO DE 2018 HORARIO: 16:30-20:30 LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE OUROL Obxectivos: - Dotar de habilidades ós coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural. - Concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento. - Transmitir a importancia da adherencia ao medicamento. Programa: - Coidados en dependentes, técnicas de mobilización de persoas con dificultade de mobilidade e prevención de caídas. - Hixiene postural - Técnicas de mobilización: tipos de técnicas - Uso seguro do medicamento Relatora: María Olga Roca Bergantiños. Enfermeira. Supervisora da EOXI de Lugo. Destinatarios: Pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral. As inscricións poden realizarse directamente na páxina web da Escola Galega de Saúde (https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais) ou ben dirixíndose ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109)
08-Mayo-2018 09:14
Servicios Sociales
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dúas auxiliares de fogar a xornada parcial (1 ao 75 % (6 horas/día) e 1 ao 62,50 % (5 horas/día)) Tipos de contrato e duración: Contratos de traballo temporal eventual. Contrato de xornada parcial (75 %) Duración: Do 1 de xuño ao 28 de decembro de 2018 Contrato de xornada parcial (62,50 %) Duración: Do 16 de xullo ao 28 de decembro de 2018 O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 7 ao 11 de maio de 2018 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
04-Mayo-2018 13:32
Emprego
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018 Servizos ofertados: a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a. b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil. c) Manutención en réxime de pensión completa. d) O material necesario para a actividade. e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades. f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes. g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15:00 e as 17:00 horas. Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano. Idades: En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte: a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento. b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento. Discapacidades: As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos: a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar. b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa. c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. Adxudicación das prazas a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Prezo: Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25% Prazo: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 18 de maio de 2018 Máis información no DOG do 25 de abril de 2018 ou na Oficina de Información Xuvnenil do Concello de Ourol, tlf: 982 55 90 19.
02-Mayo-2018 10:02
OMIX
Prazo de solicitude: ata o 30 de maio de 2018, incluído. Obxecto: Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde. A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2018 da D.X. de Xuventude e Voluntariado Persoas destinatarias: As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas. Requisitos: Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización. Estar empadroado nalgún concello de Galicia. Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver. Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita. Campamentos quendas específicas Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€ Adxudicación: A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades: As persoas que non participaran en anos anteriores. Residan habitualmente no domicilio familiar. No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude. Documentación: Solicitude (word) | Solicitude (pdf) Informe médico (word) | Informe médico (pdf) As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén: Xustificante de ter pagado. Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado. Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude. Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións. Unha fotografía tamaño carné. É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida. Lugar de presentación: Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade Prazo de presentación: Ata o 30 de maio de 2018 incluído. Máis información Concello de Ourol (Depto. Servizos Sociais) 982559109
02-Mayo-2018 09:48
Servicios Sociales
Obxecto: Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) Persoas destinatarias: • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español. • Galegos e galegas residentes no exterior.
25-Abril-2018 14:22
Servicios Sociales
Está dispoñible un guindastre de transferencia dentro de catálogo de préstamo de axudas ténicas do que dispón o Concello de Ourol. Se algunha persoa que cumpra os requisitos establecidos nas bases a precisa, pode poñerse en contacto co departamento de servizos sociais para facer a súa solicitude.
20-Abril-2018 12:13
Servicios Sociales
Está aberto o prazo de solicitude para o PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2018 (DOG nº 74 do 17/04/2018) OBXECTO: convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV. REQUISITOS: - Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilacion, invalidez , viuvez ou outras pensións. - Estar empadroados e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia. - Valerse por sí mesmo nas AVD. - Non padecer alteracións do comportamento nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. - Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais. - Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. DURACIÓN E SERVIZOS OFERTADOS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) entre o mes MAIO E OUTUBRO de 2018. A estadía inclúe réxime de pensión completa, tratamentos termais e programa de actividades de animación sociocultural. PREZO: O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV da Orde do 10 de abril de 2018. PRAZO DE INSCRICIÓN: Para as quendas entre maio e xuño ata 16 de maio. Para as quendas entre os meses de xullo e outubro ata o 31 de maio de 2018. Para máis información poden dirixise ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982559109.
17-Abril-2018 10:03
Servicios Sociales
BONO SOCIAL ELÉCTRICO ¿QUEN PODE ACCEDER Ó BONO SOCIAL ELÉCTRICO? Condición: ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) - CONSUMIDORES VULNERABLES: o Unidades familiares sen menores con renda anual inferior ou igual a 11.279,38 € o Unidades familiares con 1 menor e con renda anual inferior ou igual a 15.039,18 € o Unidades familiares con 2 menores e con renda inferior ou igual a 18.798,97 € *Circunstancias especiais: para vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e fogares con algún membro con discapacidade superior ó 33%, os limiares de renda veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM - FOGARES VULNERABLES SEVEROS: 50% das rendas establecidas para os vulnerables. - FOGARES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL: nos que a administración local ou autonómica decide intervir, contribuindo co 50% do custe dese suministro. - SEGUEN SENDO BENEFICIARIOS DO BONO SOCIAL: o AS FAMILIAS NUMEROSAS: Sen límite de renda. Serán considerados consumidores vulnerables severos si a renda anual é inferior ou igual a 15.039,18€ o FOGARES CON TODOS OS INTEGRANTES PENSIONISTAS: Que perciban a cuantía mínima vixente. Se non superan o IPREM anual (7.519,59 €) serán considerados fogares vulnerables severos. ¿ CALES SON OS BENEFICIOS?: Desconto do 25% da factura eléctrica e ata un 40% no caso de consumidores vulnerables severos. Os consumidores en risco de exclusión social terán a factura gratuita. Este desconto só será aplicable a un consumo mensual básico que se asigna a cada tipo de fogar: o Unidade familiar sen menores: 120 kW/mes o Unidade familiar con un menor: 140 kW/mes o Unidade familiar con 2 menores: 170 kW/mes o Familias numerosas: 300 kW/mes o Pensionistas: 140 kW/mes RENOVACIÓN: Cada 2 anos. No caso de familias numerosas non é necesario a súa renovación. CONSUMIDORES XA ACOLLIDOS Ó BONO SOCIAL: O PRAZO AMPLÍASE ATA OUTUBRO DE 2018 SOLICITUDES: Poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais.
12-Abril-2018 13:25
Servicios Sociales
O Concello de Ourol está a organizar un ENCONTRO DE MAIORES para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, que terá lugar o día 28 de abril de 2018 no Resort Las Sirenas (Covas-Viveiro). Este encontro consistirá nunha COMIDA- BAILE con posterior sorteo de regalos. Lugar: Resort Las Sirenas (Covas-Viveiro) Día: 28 de abril de 2018 (sábado) Hora: 14:30 horas Prezo: Gratuito Data límite para anotarse: 19 de abril de 2018 Lugar para a recollida de Entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ó 982559109.
06-Abril-2018 13:52
Servicios Sociales
