O Concello de Ourol vai levar a cabo os traballos de Revisión e actualización do Inventario de camiños e vías municipais existentes en todo o seu territorio.
O Concello de Ourol vai levar a cabo os traballos de Revisión e actualización do Inventario de camiños e vías municipais existentes en todo o seu territorio.
08-Marzo-2018 09:12
Info General
II XUNTANZA DE MULLERES NO CONCELLO DE OUROL SÁBADO 10 DE MARZO DE 2018 Edificio Multiusos do Concello de Ourol. PROGRAMACIÓN: SESIÓN VERMUT: ÁS 13:30 H COMIDA: 14:30 HORAS (No Edificio Multiusos) BAILE: A PARTIR DAS 16:00 HORAS CUSTE: - GRATUITO PARA AS MULLERES EMPADROADAS NO CONCELLO. - MULLERES NON EMPADROADAS: 15 € DATA LIMITE PARA ANOTARSE: 7 DE MARZO As mulleres interesadas en participar nesta xuntanza deberán retirar a súa entrada no departamento de Servizos Sociais.
05-Marzo-2018 09:33
Servicios Sociales
A borrasca "Emma" vai traer neve este mercores, nevará en todo o concello (ata nas cotas mais baixas), acumularanse uns 3 cm de neve por debaixo dos 500 metros; e uns 8 cm por enriba dos 500 metros. Esta alerta durará dende as 12 desta noite; ata as 12 do mediodía de mañá mercores.
27-Febrero-2018 17:35
Protección Civil
O Concello de Ourol vai levar a cabo as obras de mantemento e mellora das pistas Vilabuin- As Teixoeiras e Cerdeiras, sitas na parroquia de Miñotos. Ditas obras acometense para facer un mantemento de ditos accesos que se atopan con zonas de firme degradado.
15-Febrero-2018 13:06
Obras
O CONCELLO DE OUROL INFORMA: PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO UNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE 3 ANOS Persoas beneficiarias: Persoas con fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) Requisitos: Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante. Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso. Contía da axuda: Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros. Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros. Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros. Documentación: a. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante. b. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses). c. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial. d. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento. e. Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. Prazo de presentación: ata o 21 de marzo de 2018
15-Febrero-2018 10:53
Servicios Sociales
En relación coa próxima apertura en Ourol da “CASA NIÑO PAXARIÑOS”, convidamos a todas as familias con fillos e/ou fillas ata 3 anos de idade a unha reunión informativa, que terá lugar o vindeiro venres día 16 de febreiro ás 11:30 na Sala de reunións da Casa da Cultura (2º piso). Para calquera dúbida ou información que precisen poden contactar co departamento de servizos sociais do Concello (982559109) ou coa responsable da Casa Niño (Vanesa 697293062).
15-Febrero-2018 10:52
Servicios Sociales
II XUNTANZA DE MULLERES NO CONCELLO DE OUROL SÁBADO 10 DE MARZO DE 2018 Edificio Multiusos do Concello de Ourol. PROGRAMACIÓN: SESIÓN VERMUT: ÁS 13:30 H COMIDA: 14:30 HORAS (No Edificio Multiusos) BAILE: A PARTIR DAS 16:00 HORAS CUSTE: - GRATUITO PARA AS MULLERES EMPADROADAS NO CONCELLO. - MULLERES NON EMPADROADAS: 15 € DATA LIMITE PARA ANOTARSE: 7 DE MARZO As mulleres interesadas en participar nesta xuntanza deberán retirar a súa entrada no departamento de Servizos Sociais.
15-Febrero-2018 10:49
Servicios Sociales
ANUNCIO DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO FAI SABER Que se recibiu visita de Axentes da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO informando da existencia de vertedoiros incontrolados. Por este motivo RECÓRDASELLES que existe un servizo gratuito de recollida domiciliaria de enseres o último martes dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro. Para elo deberá chamar ao teléfono do Concello 982 55 91 09, indicando lugar, parroquia e enseres a recoller. Si por necesidade quere desfacerse dos enseres antes das datas de recollida, poderá depositalos nun contenedor metálico situado detrais da Praza do Concello (onde están aparcados os camións de recollida do lixo). Rógase a todos os veciños a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar enseres e calquera outra clase de residuos en lugares non permitidos que causan un gran impacto ambiental e grave deterioro da nosa paisaxe. O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral. Ourol, 26 de xaneiro de 2018 O Alcalde – Presidente
26-Enero-2018 12:31
Info General
