Ourol Informa

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS

 

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:

-          Ter menos de 35 anos de idade na data de presentación da solicitude.

-          Ter nacionalidade española ou residencia legal en España.

-          Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

-          Ter subscrito un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición de vivenda con posterioridade a 1/01/2021, salvo para aquelas persoas que tendo solicitada a axuda en 2020 se lles denegara por esgotamento de crédito.

 

REQUISITOS DA VIVENDAS:

Polo que respecta ás vivendas, estas deberán cumprir as seguintes condicións:

-          Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes.

-          Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

-          O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 100.000 €.

-          Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude.

-          Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español.

 

AXUDAS:

Os beneficiarios deste programa poderán acceder ás seguintes axudas:

Subvención de ata 10.800 € por vivenda, co limite máximo do 20 % do prezo de adquisición.

 

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Ata o 1 de setembro de 2021 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

 

INFORMACIÓN:

Resolución do 13 de xaneiro de 2021 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 21 de 2 de febreiro de 2021. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.






Emprego 02-Febrero-2021 13:40