Ourol Informa

SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN, DA MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS.

REQUISITOS: son requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:

-      Que a vivenda unifamiliar, edificio colectivo e vivenda do edificio estivesen finalizados antes do 01/01/1996.

-      Que as vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou das persoas inquilinas ou moradoras. No caso de actuacións en edificios deberán cumprir que o 70% da súa superficie sexa destinada a vivenda e ademáis que o 50% sexa vivenda habitual e permanente do propietario ou arrendatario, así como acordo da Comunidade de propietarios.

BENEFICIARIOS:

Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, edificios residenciais e vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias. Agrupacións de persoas propietarias. Persoas físicas inquilinas.

 

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

1.- Actuacións subvencionables para o fomento da conservación:

a)   As relativas oa estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións.

b)   As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluíndo o desamiantado.

c)   As relativas á adecuación interior da vivenda.

 

2.- Actuacións subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade:

a)   A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, guindastres e           outros dispositivos de accesibilidade.

b)   A instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos.

c)   A instalación de elementos de información ou de aviso, tales como sinais luminosos ou sonoros.

d)   A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior.

e)   A instalación domótica.

AXUDAS:

A contía máxima de subvención para as actuacións de conservación non poderá superar os 3.000 euros por vivenda.

A contía máxima de subvención para actuacións de mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade ou conxuntamente para estas últimas e para actuacións de conservación será de 8.000 euros por vivenda.

Estas dúas liñas de axudas incrementaranse nun 25 % cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Nas dúas liñas, as axudas non poderán superar ó 40% do custo subvencionable da actuación, que se poderá incrementar ata o 75% nos casos contemplados na Orde.

DESTACAR:

-          Non serán subvencionables impostos, taxas nin tributos.

-          Hai que dispor de licenza municipal de obras, ou solicitude de licenza no caso de que sea necesaria.

-          Presentar informe técnico con data anterior á solicitude que acredite a necesidade da actuación.

-          As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 01/01/2021 nin rematadas con anterioridade a 22/03/2021.

-          Pódense incluir como gastos actuacións preparatorias antes de presentar a solicitude tales como redacción de proxectos, hornorarios, informes técnicos, certificacións e gastos administrativos.

-          Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

-          Cando as actuacións excedan de 40.000 euros aportar tres orzamentos.

-          Aportar na xustificación final fotografías das obras realizadas.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 22 de abril de 2021

INFORMA: DOG nº 54 de 22/03/2021





Emprego 22-Marzo-2021 10:01