Ourol Informa

  • SUBVENCIÓNS PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
  • PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Persoas físicas que realicen alguna das actuacións nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal)

  • ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

  • A renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

  • -          Substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa:

  • Electrodomésticos subvencionables:

    - Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

    - Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

    - Lavadora A, B ou C

    - Lavalouza A, B ou C

    - Placas de cociña de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas)
  • No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de inducción total (placas que teñan soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas).

  •  Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
  • Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación.    

  • CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS
  • Establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía e en función do tipo de cosumidor.

  • 1) Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D e


    Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D:  150 € (consumidor xeral), 300 € (consumidor vulnerable) e 450 € (consumidor vulnerable severo).

    2) Lavadora A, B ou C , Lavalouza A, B ou C e Placa de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción): 100 € (consumidor xeral), 200 € (consumidor vulnerable) e 300 € (consumidor vulnerable severo).

  • Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

  •  A cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

  •  PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 20 de abril ao 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.

  •  INFORMA:
  • Resolución do 16 de marzo de 2021 do INEGA (DOG nº 59 de data de 29/03/2021)

  • Na páxina web do INEGA (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal)
  •  No teléfono: 981-541500

  • Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
  •  




Emprego 29-Marzo-2021 12:56