Ourol Informa

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de vivenda 2018-2021

OBXECTO:

Liña A, Axudas ao alugamento de vivenda: A súa finalidade e facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

Liña B, Axudas a mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: A súa finalidade e facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digan e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

a.Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

b.Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.

c.Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda

d.Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 da Orde reguladora (300 € / mes no Concello de Ourol).

e.Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM.

f.Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7veces o IPREM.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: persoas físicas maiores de idade que non teñan feitos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto anterior.

 Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a.Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.

b.Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.

c.Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe comoarrendadora.

d.Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.

e.Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa aoabeiro de convocatorias anteriores.

f.Non atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g.Estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei38/2003, do17 de decembro, xeral de subvencións.

Para ambas liñas, os datos fiscais corresponderán ao exercicio económico 2019. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM dese mesmo ano. IPREM anual 2019: 6.454,03 euros.

A persoa interesada deberá optar por unha das dúas liñas de axuda previstas.

Só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia.

DURACIÓN E RETROACTIVIDADE DAS AXUDAS:

As dúas liñas de axudas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso,ata o 31 de decembro de 2021.

Terán carácter retroactivo nos seguintes casos:

1. Naqueles casos en que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2021, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021.

2. Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data depresentación da solicitude, a axuda terá efectos desde a data en que comecen os efectos económicos do contrato.

AXUDAS:

Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: será do 40% da renda mensual que sedeba satisfacer polo alugamento. As persoas beneficiarias que na data depresentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50% da rendamensual que se satisfaga polo alugamento.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: será do 50% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 30 de abril de 2021.

INFORMA: Resolución do 5 de marzo de 2021 do IGVS (DOG nº 60 de 30 de marzo de 2021)
Emprego 05-Abril-2021 09:53