Ourol Informa

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación vai abrir próximamente o prazo para a solicitude dos Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas

OBXECTO:

Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:

No prazo máximo dun mes contado a partir do día 15/04/2021, os establecementos minoristas interesados poderán solicitalo na web https://bonosactivacomercio.gal.

Requisitos para poder adherirse:

-          Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.

-          Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

-          Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG de 14/04/2021.

CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:

Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web https://bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:

-          Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 € (IVE incluído).

-          Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).

DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:

Os bonos estarán disponibles na web https://bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán unha validez de tres meses.

O programa Bonos Activa Comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2021.

INFORMA: 

Orde do 8 de abril de 2021 da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 69 de data de 14/04/2021)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109





Emprego 15-Abril-2021 10:32