Ourol Informa

Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de seis peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol para o Servizo de Protección Ambiental e do Espazo Natural a través do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2021

Tipo de contrato e duración: Obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) cunha duración de 4 meses e medio.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 3 ao 7 de maio de 2021 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es  así como na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.





Emprego 29-Abril-2021 12:25