Ourol Informa

A Deputación Provincial de Lugo abriu o prazo para a solicitude do BONO IMPULSO (BONO PARA HOSTALARÍA E COMERCIO LOCAL)

OBXECTO:

Fomentar o consumo de bens en establecementos comerciais polo miúdo, e propiciar o fortalecemento empresarial da provincia de Lugo.

ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE:

Subvencionaranse 17.000 bonos para o consumo de bens nos establecementos comerciais locais comerciantes polo miúdo así como establecementos hostalaría (incluídos servizos de aloxamento) adheridos á campaña, a través dun bono descontó de carácter nominativo e territorial, ao Concello de Ourol correspóndenlle 50 bonos.

FUNCIONAMENTO DO BONO:

O bono consistirá nun descontó por un valor de 30 € sobre unha compra mínima de 60 € nos establecementos adheridos. Isto significa que cada solicitante obterá un bono de 30 € a condición de que realice 60 € de consumo en calquera dos establecementos adheridos.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excedentes a través dun sorteo.

Na páxina web da Deputación habilítase un espazo no que, durante o prazo que vai dende o 4 ao 25 de maio de 2021, os negocios interesados deberán cumprimentar un formulario para adherirse

  Unha vez se coñezan os locais participantes, abrirase o prazo para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Os cidadáns poderán solicitar o seu bono desde o día seguinte á publicación do prazo de apertura de solicitudes na páxina web da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal), durante o prazo de 15 días hábiles a través de modelo  de solicitude normalizado (Anexo II).


Cada bono deberá gastarse nun único establecemento adherido situado no concello de residencia/empadroamento dos consumidores. De forma excepcional no caso que non existan establecementos adheridos no concello poderán consumirse en calquera dos establecementos adheridos da provincia independentemente do lugar de residencia.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles.

INFORMA: 
BOP nº 98 de 3 de maio de 2021  http://www.deputacionlugo.gal/                                                                     

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas




Emprego 04-Mayo-2021 12:46