Ourol Informa

BENEFICIARIOS: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, sociedades civís e as comunidades de bens que contraten traballadores ou traballadoras por conta allea para a ocupación do ámbito da especialidade de “Traballos de carpintaría e moble” impartida no obradoiro de emprego “Terras do Sor IV” para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial do taller dual de emprego: Concellos do Vicedo, Ourol e Muras

As contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, a xornada completa.

Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 9 de xullo de 2021

INFORMACIÓN:  No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.

As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es 





Emprego 09-Junio-2021 12:57