Ourol Informa

Están expostas as bases de selección tanto de alumnos participantes como do persoal docente do obradoiro dual de emprego Terras do Sor V que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.

Os postos convocados son:

-          1 director do obradoiro

-          2 monitores/as de carpintaría de madeira

-          1 monitor/a sociosanitaria

-          1 administrador/a a media xornada

Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 3 de carpintaría de madeira)

Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Edificio Multiusos de Ourol e co seguinte horario :

-          Director: 29 de setembro ás 9:30 horas

-          Administrador/a: 29 de setembro ás 10:30 horas

-          Monitor/a de atención sociosanitaria: 29 de setembro ás 11:30 horas

-          Monitores/as de carpintaría de madeira: 29 de setembro ás 12:30 horas

-          Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 30 de setembro ás 10:00 horas

-          Alumnos módulo de sociosanitaria: 1 de outubro ás 10:00 horas

 

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es





Emprego 15-Septiembre-2021 14:24