Ourol Informa

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai abrir próximamente o Programa Bono Cultura destinado a incentivar a demanda cultural, axudando económicamente as persoas consumidoras, e fomentar o consumo nos establecementos culturais adheridos a campaña.

FINALIDADE:

Propiciar o fortalecemento do sector cultural, dinamizar a actividade dos establecamentos culturais, mellorar o fondo de manobra dos establecementos culturais; e reducir o impacto económico derivado do cesamento e das restriccións da actividade de determinados establecementos culturais como consecuencia da situación ocasionada pola COVID-19.

ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE:

Subvencionaranse a través dos bonos culturais, nos establecementos de Galicia adheridos ao programa, a compra de produtos culturais, a adquisición de música gravada en formato CD, vinilo, etc, de material audiovisual en formato físico, de libros, de videoxogos, de entradas para salas de cine, para concertos de música e para espectáculos escénicos; de entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo, etc), e para a adquisición de calquera outro tipo de ben cultural.

Exclúense do programa os produtos de papelaría, os equipamentos, software e consumibles de informa´tica e lectrónica, os xogos de calquera tipo e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario

 
CONDICIÓN DE USO DOS BONOS:

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios establecementos adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de 50 euros por usuario que se irá reduciendo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra realizada, de acordo co seguinte criterio:

-          Desconto do 50 % da compra realizada ata un máximo de desconto de 50 euros. (IVE incluído).

Os bonos estarán disponibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 1 de novembro de 2021 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2021.


ADHESIÓN AO PROGRAMA DOS ESTABLECEMENTOS CULTURAIS:

Os establecementos culturais que desexen adherirse ao programa Bono Cultura deberán rexistrase a través da web https://www.bonocultura.gal, á cal se poderá acceder desde a sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada . O prazo para adherise remata o 19 de novembro de 2021


FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web https://www.bonocultura.gal e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará disponible para a súa utilización na APP Wallet.

No momento da compravenda, o titular do establecemento terá que introducir na APP o importe e o concepto da venda, e automaticamnete aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, o usuario deberá mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

INFORMA: 

Orde do 8 de outubro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG nº 200 de 18/10/2021). Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109.

Info General 22-Octubre-2021 10:52