Ourol Informa

PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO.


BENEFICIARIOS:

As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.

As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda.

As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

As actuacións subvencionables podrán encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

a.        Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

b.        Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria (tipoloxía 2).

c.        Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

As actuacións subvencionables deberán realizarse:

-          En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda. (opción A).

-          En vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B).

Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:

o    Unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto a situación actual do edificio.

o    A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m² ano).

Só se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude de axuda, non considerándose subvencionable ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade.

Debrán cumprirse ademáis os seguintes requisitos:

-          Que o edificio fose construido con anterioridade a 2007.

-          Que polo menos un 70 % da superficie construída sobre rasante do edificio estea destinado a uso residencial.



PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Dende o 3 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

INFORMACIÓN:

Resolución do 26 de outubro de 2021 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 212 de 4 de novembro de 2021. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.






Archivos adjuntos:
Emprego 10-Enero-2022 12:25