Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións. OBXECTO: Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO. COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave: - Comunicación en lingua galega - Comunicación en lingua castelán. - Comunicación en lingua extranxeira (inglés) - Competencia matemática. No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 7 de abril de 2022. DOCUMENTACIÓN: - Modelo de solicitude (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal) INFORMACIÓN: - Resolución do 7 de febreiro de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade. DOG nº 32 de 16 de febreiro de 2022). - Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840 981-541562 981546808 ctb.igcualif@xunta.es - Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109. |
Emprego 16-Febrero-2022 09:28
|