Ourol Informa
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia vai a abrir próximamente as subvencións do Plan Renove de Electrodomésticos.
PERSOAS BENEFICIARIAS:

Persoas físicas que realicen alguna das actuacións nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal)

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

A renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

-          Substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa:

Electrodomésticos subvencionables:

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouza A, B ou C

Placas de cociña de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas)

No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de inducción total (placas que teñan soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas).

Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación.

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.
Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.


Axuda máxima (€/electrodoméstico):

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B C ou D

Conxelador con calsificación enerxética A, B c ou D:


150 €  (Consumidor Xeral)

300 € (Consumidor vulnerable)

450 € (Consumidor vulnerable severo)




Lavadora A, B ou C e Lavalouza A, B ou C:



100 €  (Consumidor Xeral)

200 € (Consumidor vulnerable)

300 € (Consumidor vulnerable severo)





Placa de indución total (soamente tecnoloxía de inducción):


100 €  (Consumidor Xeral)

200 € (Consumidor vulnerable)

300 € (Consumidor vulnerable severo)


 A cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 23 de marzo ao 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

 INFORMA: Resolución do 16 de febreiro de 2022 do INEGA (DOG nº 41 de data de 01/03/2022)

Na páxina web do INEGA (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal)

No teléfono: 981-541500

 Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109

 

Emprego 01-Marzo-2022 14:17