Ourol Informa

Están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourol as axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Terras do Sor V”, promovido polo Concello de Ourol, conxuntamente cos concellos de O Vicedo e Muras, para a especialidade de “Traballos de Carpintaría de Moble”

BENEFICIARIOS: Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, para a ocupación do ámbito da especialidade de “Traballos de carpintaría e moble” impartida no obradoiro de emprego “Terras do Sor V”, e que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo incluídos no ámbito territorial do obradoiro dual de emprego: Concellos de Ourol, O Vicedo e Muras.

INCENTIVOS: Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

PRAZO SOLICITUDE: Un mes desde a publicación no BOP de Lugo, do 22/04/2022 ao 23/05/2022.



Archivos adjuntos:
Emprego 21-Abril-2022 09:37