Ourol Informa

O Instituto Galego de Vivenda e Solo abriu o prazo para a solicitude das subvencións do PROGRAMA DE BONO ALUGUEIRO MOCIDADE

OBXECTO:

Facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias ou cesionarias.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

-          Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.

-          Posuir a nacionalidade española.

-          Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia en calidade de persoa arrendataria dun contrato de alugamento de vivenda, ou en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso.

-          Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos (entenderase por fonte regular de ingresos quen estea traballando por conta propia ou allea, o persoal investigador en formación e as persoas perceptoras dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial sempre que poidan acreditar unha vida laboral de, polo menos, tres meses de antiguidade, nos seis meses inmediatamente anteriores ao momento da solicitude)

-          Dispoñer dunhas rendas anuais iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.

-          Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude a súa residencia habitual e permanente

-          A renda mensual da vivenda ou o prezo de cesión de vivenda obxecto do contrato de alugamento ou de cesión non poderá superar certos límites (400 € no caso de que a vivenda esté situada no concello de Ourol)

CONTÍA E DURACIÓN DAS AXUDAS:

Axuda de 250 € mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.

A axuda concederase polo prazo de dous anos, e poderá ter carácter retroactivo a data de 1 de xaneiro de 2022.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

Desde o 1 de xullo e ata o 31 de outubro de 2022 ou ata o esgotamento do crédito.

INFORMA:  

Resolución do 27 de xuño de 2022 do IGVS (DOG nº 124 de data de 30/06/2022)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109

Emprego 30-Junio-2022 10:18