-
Atención aos contribuintes afectados/as pola incorporación dos núcleos rurais á cartografía catastral.
17-Febrero-2021 08:53
Oficina de atención: Edificio Multiusos (Praza das Universidades).
De luns a venres: de 09:00 a 14:00h e os xoves de 15:30 a 18:00h.
Do 17 febreiro ao 2 de marzo. -
CRIBADO POBOACIONAL COVID-19 MELIDE
05-Febrero-2021 12:45
Información importante relativa ao cribado poboacional que se vai a realizar entre hoxe e mañá no Centro de Saúde de Melide:
- A proba realizaráselle unicamente as persoas que foron citadas vía SMS. Rógase puntualidade.
- Trátase dunha proba de antíxenos, vía nasal. O resultado da proba recibirase vía SMS.
- Evitar aglomeracións na entrada e saída do recinto.
Facemos un chamamento á participación dos citados e citadas debido á importancia do resultado do(...)
...Haga click para ver completo. -
Concesión provisional axudas PEL-REACTIVA
26-Enero-2021 12:26
O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno local celebrada na mañá de onte a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA, adicadas a impulsar a actividade económica e o emprego no noso Concello, así como para contribuir a paliar, na medida do posible, os danos derivados da Covid-19 nas microempresas e autónomos e autónomas do noso Concello.
As alegacións ou o desistimento das axudas deberanse realizar a través da sede electrónica, entre o 27 de xaneiro e o 9 (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
MODIFICACIÓN DE HORARIOS NOS SERVIZOS REGULARES DE AUTOBÚS
22-Diciembre-2020 18:53
Adxuntamos os novos horarios recibidos pola nova empresa xestora da línea Lugo-Santiago de Compostela.
Archivo adjunto: -
VISITA DOS REIS MAGOS A MELIDE
21-Diciembre-2020 14:04
Onde van a estar? No centro Sociocultural Mingos de Pita. Cando? O martes 5 de xaneiro entra as 16:00 e as 21:00h. Reservas: - reservasculturais@concellodemelide.gal - 981505003 É importante chegar puntuais segundo a hora indicada na reserva para evitar aglomeracións.
Archivo adjunto: -
Recollida de alimentos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos Municipal e de Cáritas Parroquial
19-Diciembre-2020 11:00
Podes achegar os alimentos nas seguintes datas: - 19 e 20 de decembro na Igrexa Parroquial. - Do 21 ao 30 de decembro na entrada do Concello (de 09:00 a 14:30h). Grazas pola colaboración -
Información da Oficina de Emprego de Melide
18-Diciembre-2020 09:41
Desde o 1 de xaneiro as demandas de emprego NON se renovarán automaticamente. Opcións de renovación: - Por internet na páxina web emprego.xunta.gal - Por teléfono no número 981900643 ou no número 012. Para poder renovar a demanda de emprego por calquera destas formas será necesario que facilite un PIN (de 4 números) que recibirá a través do correo electrónico ou dunha mensaxe SMS ao seu teléfono móbil. Para aclarar calquera dúbida ao respecto, pode chamar ao teléfono 881866122.(...)
...Haga click para ver completo. -
INCIDENCIA NO CANTÓN DE SAN ROQUE
17-Diciembre-2020 09:35
Ao longo do día de hoxe xoves, por mor dos traballos de retirada dun guindastre, verase interrumpida a circulación de viandantes no tramo comprendido entre a Churraría o Burato e a Oficina de Abanca. Poderán existir tamén modificacións puntuais na circulación de vehículos pola estrada. Desculpen as molestias. -
Unidade móbil de doazón de sangue en Melide o 22 de decembro.
15-Diciembre-2020 09:52
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Melide o vindeiro martes, 22 de decembro: De 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h no Cantón de San Roque. -
Concerto de "Aquí para alá" de Lydia Botana.
09-Diciembre-2020 09:57
É un proxecto de música infantil e familiar no que se viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público na procura de novos sons‼ Domingo 13 de Decembro. 19:00h. Centro Sociocultural Mingos de Pita. Reservas: 981505003 reservasculturais@concellodemelide.gal Entrada do Concello.
Archivo adjunto: -
A tarxeta Merca en Melide poderá ser empregada en 72 establecementos da nosa vila.
27-Noviembre-2020 12:52
Repartiranse 750 tarxetas, por un importe de 50€ cada unha. O custo de adquisición das tarxetas para @s cidadáns será de 30€ aboando o Concello os 20€ restantes. As tarxetas poderán recollerse en Asetem a partir do próximo luns días 30 de novembro, de 10:00 a 14:00h. Bases: https://cutt.ly/NhfXZ3s
Archivo adjunto: -
PROGRAMA DE AXUDAS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS PEL REACTIVA
24-Noviembre-2020 09:12
Lembra que o prazo de presentación da solicitude remata ás 14:00h de mañá, mércores 25 de novembro. -
FOMENTO DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA
23-Noviembre-2020 09:21
No día de hoxe, entre as 10:30 e as 13:00h podedes atopar no Cantón de San Roque unha carpa na que inscribirse na campaña de compostaxe e recibirás de forma gratuita un recipiente para a elaboración de compost, así como un manual de consulta e formación específica na materia. -
CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS DO PEL REACTIVA
06-Noviembre-2020 12:32
O Concello de Melide organiza unha charla informativa sobre as axudas para o fomento da reactivación económica e social na vila. A reunión informativa será o mércores 11 de novembro ás 20.30h no centro sociocultural Mingos de Pita. Inscricións no 981 50 50 03. -
PROGRAMA DE AXUDAS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS PEL REACTIVA
04-Noviembre-2020 13:23
Adxúntanse BASES DA CONVOCATORIA. Prazo de presentación: Do 5 de novembro ás 14:00h do 25 de novembro. Presentación a través da Sede Electrónica do Concello de Melide.
Archivo adjunto: -
CORTE DE AUGA POR AVARÍA
17-Octubre-2020 09:20
Zonas afectadas: Avenida de Lugo, Ronda da Coruña e Cantón de San Roque. O servizo restablecerase ao longo da mañá Desculpade as molestias. -
CANCELACIÓN DA ACTUACIÓN DO DOMINGO 18 DE OUTUBRO
16-Octubre-2020 11:31
O Concello de Melide vese na obriga de cancelar a actuación prevista para o domingo día 18 de outubro, dentro da programación do Outono Cultural, dando así cumprimento á normativa vixente en materia de sanidade. -
RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS O DÍA 28 DE OUTUBRO
15-Octubre-2020 12:19
Nova campaña de recollida de plásticos agrícolas. - Os gandeiros e gandeiras deben depositar os plásticos os días 26 e 27 de outubro. - A recollida realizarase o día 28 de outubro. - NON ESTÁ PERMITIDO depositar plásticos fóra desas datas. -
TALLERES ONLINE PARA PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS DEPENDENTES
09-Octubre-2020 12:55
O Concello de Melide, a través da Concellería de Servizos Sociais, pon en marcha talleres online para coidadoras de persoas dependentes. A data de inicio será o xoves 22 de outubro e rematará o xoves 19 de novembro. O horario será en xoves de 10.30h a 12.30h. Inscricións no 981 294097.
Archivo adjunto: -
CURSOS PARA A HOSTALERÍA E O COMERCIO LOCAL
06-Octubre-2020 12:29
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Melide poñerá en marcha dous cursos dirixidos á hostalería e o comercio local: - Escaparatismo, tendencias, deseño e montaxe. O curso terá unha duración de 20 horas e o número máximo de alumnos por grupo será de 10 persoas. - Iniciación na xestión das redes sociais do teu negocio. O curso terá unha duración de 20 horas, cun máximo de 10 alumnos. As persoas que estean interesados/as en participar teñen que realizar preinscripción para s(...)
...Haga click para ver completo. -
PRÓXIMAS VISITAS INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS
01-Octubre-2020 14:19
TURISMOS - Do 27 de novembro ao 4 de decembro. - Do 09 de decembro ao 11 de decembro. CICLOMOTORES - 19 de novembro. AGRICOLAS - Do 30 de novembro ao 2 de decembro. Cita previa na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. -
MELIDE ACTIVO, CAMPAÑA DE DEPORTE ON LINE
29-Septiembre-2020 13:02
E se facemos ximnasia en liña mentras están suspendidas as escolas deportivas presenciais? Só terás que chamar ao 981505003, extensión 2013 (Deportes). - Recibirás unha ligazón que poderás visualizar no teléfono móbil,na túa televisión, na túa tablet.. e poderá sen compartida cas túas amizades. - Actividades de balde. - Sesións de 40 minutos. - Actividades impartidas por Angélica, Alba e Daniela.
Archivo adjunto: -
RESERVAS ENTRADAS CONCERTO GUADI GALEGO EN MELIDE
22-Septiembre-2020 09:19
A artista galega, Guadi Galego, ofecerá o vindeiro venres en Melide un concerto no auditorio Mingos de Pita ás 21.30h da noite con entrada totalmente gratuíta. Debido á situación que estamos a vivir de pandemia sanitaria é necesario reservar entrada previa para poder levar un control de aforo. Así, as persoas interesadas en acudir ao concerto de Guadi Galego este próximo venres en Melide terán que poñerse en contacto con teléfono 981 50 50 03 en horario de 9h a 14h ou solicitar a súa rese(...)
...Haga click para ver completo. -
MELIDE NON CELEBRARÁ ESTE DOMINGO O MERCADO
04-Septiembre-2020 13:13
O Concello de Melide vén de comunicar á veciñanza a través dun bando a non celebración do mercado ambulante deste próximo domingo 6 de setembro por mor da situación da Covid-19. Tal e como explican fontes municipais, tendo en conta o artigo 3 do Regulamento Municipal da Venda Ambulante do Concello, no que ten o control das medidas necesarias para un desenvolvemento satisfactorio do mercado de postos ambulantes e do mercado dos días de feira e outros acontecementos extraordinarios, establece p(...)
...Haga click para ver completo.