-
CLAUSURA DO VI PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOS 2020/2021
05-Noviembre-2021 11:49
No día de onte, 4 de novembro, tivo lugar o acto de clausura do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2020/21 no que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento empresarial e Emprego, Julia Loureiro, empresas colaboradoras e usuarios.
Consistiu nunha mesa redonda con representantes do equipo técnico, dos usuarios/as participantes e de empresas col(...)
...Haga click para ver completo. -
REMATE DO VI PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOS
26-Octubre-2021 12:44
O vindeiro 8 de novembro remata o VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos e queremos lembrar os usuarios, que participaron este ano, que deberán solicitar cita previa para comunicar a Oficina de Emprego a súa finalización e renovar a demanda de emprego (recibiran a nova tarxeta coas datas de selado). -
CURSO DE ATENCIÓN O CLIENTE
28-Septiembre-2021 11:36
EN BREVE COMEZARÁ O CURSO DE “OPERACIONES BÁSICAS DE ATENCIÓN AL CLIENTE Y CRM” DE 9:30 A 13:30 COS SEGUINTES OBXETIVOS:
• Mellorar a empregabilidade, a través dun maior coñecemento e xestión de CRM (Ferramenta para xestionar contactos, clientes, provedores, compras, vendas, produtividade, almacén, stock, documentación, informes, estatísticas, etc.)
• Acadar un maior coñecemento informático no nivel usuario e laboral básico.
• Adquirir habilidades mecanográfic(...)
...Haga click para ver completo. -
FORMACIÓN TRAINING SCHOOLLS: TRABALLO E LIDERADO EN EQUIPO EN COCIÑA
17-Septiembre-2021 13:17
Dende o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos animámosvos a participar nun seminario moi interactivo e práctico baseado en metodoloxías innovadoras que combinan cociña e docencia.
Non haberá mellor metodoloxía que a de cociñar un prato en grupo, para avaliar o que é o traballo en equipo, a resolución asertiva de conflitos e o liderado.
Por suposto este adestramento adaptarase aos protocolos covid.
Agardamos as vosas inscricións. -
CURSO DE MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA
20-Julio-2021 11:57
O PRÓXIMO LUNS 26 DE XULLO COMEZA O CURSO DE MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA IMPARTIDO NA EMPRESA GAM EN PORRIÑO EN HORARIO DE 9:00 A 14:00.
AÍNDA QUEDAN PRAZAS LIBRES. OS INTERESADOS TEÑENSE QUE ANOTAR EN CALQUERA DOS NOSOS TELEFONOS.
O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOS CONTINUARÁ OFERTANDO OS SEUS PARTICIPANTES FORMACIÓNS MOI INTERESANTES. -
MESA SECTORIAL COMERCIO 30 XUÑO
18-Junio-2021 13:17
O vindeiro día 30 de xuño, terá lugar un evento moi especial organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos no multiusos das Pozas.
Acudirán a Asociación de empresarios de Mos (AEMOS) e representantes das empresas Vegalsa, Leroy Merlín e Rodavigo para compartir con nós as claves dos seus procedementos de selección de persoal.
O aforo é limitado por rigorosa orde inscrición no seguinte enlace:
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO MOS 3.0. (V edicion) 2019-2020
21-Noviembre-2019 09:12
As persoas interesadas pódense dirixir directamente á Concellaría de promoción económica e emprego, situada na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39, 36416, Mos), tlf 986487786, correo: piemosorientacion@concellomos.es ou info@axenciadecolocacionmos.es e manifestar o seu interese en participar no Programa. Deberán traer a documentación que acredite a pertenza a un dos colectivos.(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Clausura venres día 25-10-2019
28-Octubre-2019 12:09
O pasado venres foi a clausura do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 Enlace á noticia da páxina web do Concello de Mos: https://lnkd.in/dq2Bv7P -
Clausura IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0
24-Octubre-2019 10:10
Mañá será un gran día no IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 Teremos a clausura ás 12:30 horas no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos. Contaremos coa presenza dos seguintes cargos políticos: Ignacio Rial Santomé, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; Nidia Arévalo, Alcaldesa do Concello de Mos e Julia Loureiro, Concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Económico e Emprego do Concello de Mos. Están convidadas tódolas persoas usuarias do IV Programa e e(...)
...Haga click para ver completo. -
Eures
21-Octubre-2019 14:58
Hoxe tivemos a última acción formativa dentro do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 Trátase do Seminario de Mobilidade Laboral: Portal Eures. 24 persoas estiveron informándose cunha empresa especializada sobre as condicións no país veciño xa que hai moitas empresas instaladas e trasladándose a Portugal. -
Visita formativa
17-Octubre-2019 09:17
Mañá o alumnado do curso de cociña clausurará a acción formativa facendo unha visita ó C.I.F.P. Carlos Oroza de Pontevedra onde comprobarán in situ o aprendido na aula. -
Última acción formativa
09-Octubre-2019 09:56
Dende onte, persoas usuarias do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 están a realiza-la acción formativa que se manda como cartaz adxunto. Estamos na recta final do proxecto !!!
Archivo adjunto: -
Permiso carné condución tipo B
30-Septiembre-2019 14:40
12 usuarios/as do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 tiveron unha xuntanza o martes día 24-09-2019 ás 17 horas nunha autoescola de Mos de cara á obtención do permiso de condución clase B. Unha grandísima oportunidade a aproveitar xa que nos entornos rurais é imprescindible de cara a traballar en empresas con quendas laborais. Mellórase así a mobilidade para un futuro emprego nos diferentes polígonos da contorna. -
Curso Office
23-Septiembre-2019 10:41
Nestes momentos estase a impartir o curso de Paquete Office que se realizará ata o vindeiro martes 01 de outubro. Serán 20 horas onde @s usuari@s do IV Programa Integrado de Galicia Mos 3.0 vai adquirir novas habilidades informáticas de cara a súa futura inserción laboral. -
Acción formativa: LinkedIn
17-Septiembre-2019 14:29
Mañá comeza a seguinte acción formativa indicada no cartel adxunto con 17 persoas participantes.
Archivo adjunto: -
Accións formativas
10-Septiembre-2019 09:04
Onte rematamos o curso de Excel e hoxe iníciase o de Word con 14 asistentes. Comeza a recta final de formación e do proxecto !!! -
Inicio novas accións formativas en Novas Tecnoloxías
06-Septiembre-2019 09:45
Hoxe clausúrase o curso de Alfabetización Dixital II na aula de ofimática do Centro de Desenvolvemento Local de Mos. Dentro do Intinerario de Novas Tecnoloxías está previsto comezar a semana que ven Word, a semana do 16: LinkedIn e Paquete Office na última semana de setembro. As persoas usuarias siguen formándose no IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 -
Inicio curso Alfabetización Dixital II
28-Agosto-2019 12:12
Tamén iniciamos outra actividade formativa esta mesma semana: Alfabetización Dixital II. Un segundo curso para as persoas que non manexan informática básica. O primeiro fíxose no mes de maio e esta segunda edición comezou onte e prolongarase durante os días: 29 de agosto e 3, 5 e 6 de setembro de 2019. Total: 20 horas. -
Inicio curso excel
26-Agosto-2019 10:01
Hoxe deu comezo un curso de Excel dirixido ás persoas usuarias do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 A principios de mes fixéronse na aula aberta probas informáticas para saber os coñecementos previos da ferramenta ofimática. As clases serán hoxe luns 26, mércores 28 de agosto e os días 3, 5 e 6 de setembro. Un total de 20 horas repartidos en 5 días de 4 horas de duración cada un. Agardamos que sexan de proveito para mellorar a súa empregabilidade futura. -
Inserción laboral de Christian Giráldez no Faro de Vigo 16-08-19
16-Agosto-2019 09:26
Hoxe o Faro de Vigo fai eco da noticia de inserción laboral de Christian Giráldez, usuario do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 https://bit.ly/2KE3U0e -
Noticia inserción Christian Giráldez no Atlántico Diario
08-Agosto-2019 10:18
O Atlántico Diario fixo eco da noticia da inserción laboral de Christian Giráldez o pasado martes 06 de agosto de 2019: https://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/joven-christian-giraldez-consigue-primer-empleo/20190806000015723450.html -
Inserción laboral de Christian
08-Agosto-2019 10:00
Esta semana a empresa Altia compartiu en Twiter a nova da inserción laboral de Christian, participante do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0: https://lnkd.in/dEKB8xj -
Amazon instálase no Porriño
01-Agosto-2019 10:47
A coñecida empresa Amazon instala no Polígono Industrial do Porriño o primeiro almacén loxístico do Noroeste: https://www.amazon.jobs/es/teams/human-resources-fulfillment