-
AXUDAS PARA LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2026/2027 CONCELLO DE OUROL
Servicios Sociales21-Septiembre-2026 09:24
📚 AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2026/2027 · CONCELLO DE OUROL
PUBLICADAS AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (BOP LUGO NUM 215- SABADO 19 DE SETEMBRO DE 2026)
¿QUEN PODE SOLICITALA?
Familias con alumnado matriculado en 2º ciclo de Infantil, Primaria, ESO ou Educación Especial, que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
REQUISITOS PRINCIPAIS
<(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
XORNADA DIVULGATIVA PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E EMPRENDEDEDORAS
Emprego17-Septiembre-2026 13:55
APE Galicia organiza esta xornada dirixida a persoas traballadoras autónomas e emprendedoras que terá lugar en Mondoñedo o día 21 de setembro de 19:30 a 21:30 horas no Pazo Santomé
Archivo adjunto: -
OBRADOIRO "CANTARES DE VIDA"
Info General17-Septiembre-2026 13:16
Obradoiro: "Cantares de vida", impartido por Ugía Pedreira. IV XORNADAS ETNOGRÁFICAS DA MARIÑA EN OUROL
Descrición:
Un percorrido polo ciclo do ano do cantar popular galego, polos xéneros e polas súas funcións sociais. Veranse as cancións como dispositivos vivos de comunicación e cohesión grupal. Abordarase o canto desde a xestión emocional: cando, para que e por que se cantou e se segue cantando en Galicia.
Tratarase a socioloxía musical: o canto como rede de apoio,(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
OBRADOIRO
Info General16-Septiembre-2026 13:08
📢 Obradoiro "O pasado cos ollos do presente" — IV Xornadas Etnográficas da Mariña en Ourol.
Achegamento á tradición oral galega desde unha mirada viva e actual. Partirase de materiais procedentes de recollidas de campo, arquivos, audios e vídeos para coñecer o contexto no que se crearon e se transmitiron estas expresións: a Galicia rural, os espazos de socialización e o papel da música, do baile e do canto na vida cotiá.
A través do baile, da pandeireta e do canto explorara(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
IV XORNADAS ETNOGRÁFICAS DA MARIÑA EN OUROL
Info General16-Septiembre-2026 12:50
📢 Lembramos os horarios das actividades e actuacións das IV Xornadas Etnográficas da Mariña 2026.
Terán lugar o sábado, 26 de setembro de 2026, e o domingo, 27 de setembro de 2026, en Ourol.
Consulte o cartel adxunto para ver o programa completo e os horarios das distintas actividades.
Datos clave
-
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) (2ª convocatoria)
Info General16-Septiembre-2026 09:38
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vai abrir a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 no ano 2026.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid e terán lugar os días 14 e 15 de no(...)
...Haga click para ver completo. -
CHARLA SOBRE TERAPIAS NON FARMACOLÓXICAS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER
Servicios Sociales15-Septiembre-2026 13:04
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro, organiza unha charla divulgativa sobre as terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade de Alzheimer.
Durante a sesión abordaranse diferentes estratexias e intervencións que poden contribuír ao benestar, á estimulación cognitiva e á mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras d(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
NOVO CENTRO DE DÍA “A MARIÑA” EN XOVE
Servicios Sociales15-Septiembre-2026 09:48
O Concello de Ourol informa da apertura do Centro de Día “A Mariña”, situado en Xove, un novo recurso de atención diúrna terapéutica para persoas maiores, especialmente aquelas en situación de dependencia.
O centro ofrece atención integral e especializada, con programas de estimulación física e cognitiva, mantemento funcional, intervención social e apoio ás familias e persoas coidadoras. Dispón tamén de transporte adaptado e s(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
PROGRAMA EDUCANDO EN FAMILIA
Servicios Sociales11-Septiembre-2026 11:02
👨👩👧👦 EDUCANDO EN FAMILIA | NOVA EDICIÓN
O Concello de Ourol pon en marcha un ano máis “Educando en Familia”, un espazo de encontro, acompañamento e aprendizaxe dirixido a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.
📅 Reunión de presentación:
🗓️ 14 de outubro
⏰ 17:00 horas
📍 Edificio Multiusos do Concello
Trátase dun programa educativo gratuíto, aberto a todas as familias, indep(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
ACTIVIDADES PARA MAIORES
Servicios Sociales10-Septiembre-2026 12:58
Dende o Departamento de Servizos Sociais estamos a organizar diversas actividades dirixidas a persoas maiores, que comezarán durante o mes de outubro. Para anotarse en calquera destas actividades deben acudir ó Departamento de Servizos Sociais e cumplimentar unha ficha de inscrición. O prazo límite de inscrción será o 29 de setembro e as prazas serán asignadas por orde de solicitude.
CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA PERSOAS MAIORES (2 días á semana: martes e(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
IV XORNADAS ETNOGRÁFICAS DA MARIÑA EN OUROL
-
CURSO DE LINGUA GALEGA E CULTURA POPULAR
Servicios Sociales09-Septiembre-2026 10:33
O Centro de Cruz Roja Viveiro oferta cursos de LINGUA GALEGA E CULTURA POPULAR que se celebrarán ó longo dos meses de septembro e outubro en Viveiro. Estes cursos están orientados a todas aquelas persoas non nadas en Galiza.
Infórmate en Cruz Roja Viveiro (982562200)
Archivo adjunto: -
BONO CONCILIA PARA AS FAMILIAS
Servicios Sociales08-Septiembre-2026 10:53
A Xunta de Galicia convoca as axudas do Bono Concilia Familia, destinadas a apoiar ás familias nos gastos derivados da conciliación da vida persoal, familiar e laboral, tanto en situacións puntuais como durante os períodos de vacacións escolares.
Dirixidas a familias con nenas e nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022.
As axudas poden cubrir ata o 100 % do gasto en determinados supostos familiares e (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE LISTA DE CANDIDATOS A XURADO
Info General08-Septiembre-2026 10:52
Están a exposición ao público nestas dependencias municipais entre os días 08 e 18 de setembro as listas de candidatos a xurado para a súa consulta polos interesados, aos efectos da presentación de reclamacións.
Archivo adjunto: -
PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS
Servicios Sociales11-Agosto-2026 10:37
A Xunta de Galicia vén de convocar as axudas do Programa Respiro Familiar, destinadas a apoiar ás persoas coidadoras habituais non profesionais que atenden de maneira continuada persoas en situación de dependencia, con discapacidade ou que precisan axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
As axudas están destinadas a facilitar períodos de descanso e conciliación das persoas coidadoras e contemplan tres modalidades: aten(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
OBRADOIRO "CON VOZ PROPIA". Empoderamenteo, igualdade e prevención da vilencia de xénero
Servicios Sociales06-Agosto-2026 11:24
O Concello de Ourol continúa avanzando no seu compromiso coa promoción da igualdade real entre mulleres e homes a través das actuacións previstas no III Plan de Igualdade do Concello de Ourol 2025-2028, que establece como unha das súas liñas estratéxicas a prevención e actuación fronte á violencia de xénero. Este compromiso materialízase mediante accións de sensibilización, formación e empoderamento dirixidas á cidadanía, coa finalidade de fomentar relacións igualitarias, de(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
PISCINA MUNICIPAL 2026_NOVOS HORARIOS DE APERTURA
Info General04-Agosto-2026 13:12
Debido a que tras varios intentos de proceso de selección conseguiuse contratar un segundo socorrista para prestar servizo na Piscina Municipal de Ourol durante a tempada 2026; INFORMASE que o servizo de piscina prestarase todos os días a partir da data do 5 de agosto ata a data do 10 de setembro, de xeito que estará aberta ao público todos os días deste periodo, en horario de 12:30 horas a 20:00 horas. -
PRAZA VACANTE DE UN SOCORRISTA
Emprego30-Julio-2026 13:01
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de unha praza vacante de un socorrista para a piscina pública municipal de Ourol polo tempo restante que está aberto o Servizo de Piscina Pública Municipal de Ourol para este 2026..
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán(...)
...Haga click para ver completo. -
PRAZAS VACANTES BRIGADA INCENDIOS 2026
Emprego24-Julio-2026 11:08
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de xefe de brigada, unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 27 ao 31 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de(...)
...Haga click para ver completo. -
PRAZA VACANTE DE UN XEFE DE BRIGADA PERSOAL INCENDIOS 2026
Emprego17-Julio-2026 13:15
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de xefe de brigada para a campaña de incendios do 2026.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 20 ao 23 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procedementos están expostas no tab(...)
...Haga click para ver completo. -
PRAZAS VACANTES DE UN PEON CONDUTOR E DE DOUS PEONS DE BRIGADA PERSOAL INCENDIOS 2026
Emprego15-Julio-2026 12:33
Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 16 ao 23 de xullo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
(...)
...Haga click para ver completo. -
APERTURA DA ESTRADA LU-P-6602 EN CABANAS (SIXTO)
Protección Civil14-Julio-2026 16:01
A estrada LU-P-6602 xa está aberta ó trafico, despois de ser retiradas as arbores e cepos que caeron en Cabanas (Sixto).




