Ante a obriga existente de rexistro das explotacións avícolas de autoconsumo. O Concello de Ourol facilitará aos veciños un modelo que poderá presentarse nas oficinas municipais ou na Oficina de Extensión Agraria de Viveiro.
Ante a obriga existente de rexistro das explotacións avícolas de autoconsumo. O Concello de Ourol facilitará aos veciños un modelo que poderá presentarse nas oficinas municipais ou na Oficina de Extensión Agraria de Viveiro.
18-Marzo-2024 13:38
Info General
O día 23 de marzo ás 17:30 h no Centro Social de Bravos terá lugar a presentación do libro "Personaxes e historias da parroquia de Bravos" escrito por José Manuel Franco González. A benvida será a cargo de José Luis Pajón Camba, alcalce de Ourol e a presentación con Anxo Vázquez Pernas e José Manuel Franco González. Todas as persoas interesadas poden acudir a esta presentación na que se repartirán exemplares do libro. Ademais, a partir do día 23 todos os que queiran poden recoller un libro nas dependencias municipais ou na Biblioteca de Ourol.
18-Marzo-2024 10:03
Info General
Organizador: Fundación Laboral de la Construcción en colaboración co Concello do Vicedo
Duración: 60 horas
Lugar de Celebración: Casa da Cultura do Vicedo
Destinatarios: Persoal traballador de concellos, alumnos/as traballadores obradoiros de emprego, persoas desempregadas e cidadáns en xeral interesados na acción formativa
A acción formativa dará lugar a expedición do Certificado Oficial de Prevención de Riscos Laborais na Construcción (60 horas)
Non hai límite de prazas
Datas de celebración: Do 15 ao 24 de abril de 2024 segundo o calendario que se achega como archivo adxunto.
Os/As interesados/as deberán contactar do Director do Obradoiro de Emprego ou chamar por teléfono a Casa da Cultura do Vicedo no teléfono: 982-590195
14-Marzo-2024 12:27
Emprego
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
14-Marzo-2024 08:57
Emprego
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, quere poñer en funcionamento unha UNIDADE TERAPÉUTICA (servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas).
LUGAR: Edificio Multiusos do Concello
DÍA: MÉRCORES (1 DÍA)
HORARIO: 16:00-19:00 H (3 HORAS)
CUSTE PARA A PERSOA: GRATUITO
O lugar onde se levará a cabo será no Edificio Multiusos do Concello e para o seu desenvolvemento contarase con persoal especializado (traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería).
Con este recurso quérese dar resposta a un doble obxectivo.
- Proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras.
- Manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.
Todas aquelas persoas interesadas neste recurso deben ponerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos (982559109/ 677489457)
12-Marzo-2024 12:34
Servicios Sociales
Non esquezas pasar hoxe pola Biblioteca de Ourol.
Ás 16:30 h temos a inauguración da exposición “Sobre as nosas cabezas”.
Posteriormente, nun taller impartido por Cristina González, analizaremos as fotografías da exposición de mulleres porteadoras e exploraremos que cargas afrontan as mulleres no seu día a día.
Ademáis, do 11 ó 15 de marzo poderás visitar esta exposición en horario de 10:30 a 13:30 h na Biblioteca de Ourol.
A entrada é gratuíta.
08-Marzo-2024 09:44
Info General
Infórmase de que o período de preinscricións para a Casa Niño de Ourol para o vindeiro curso 2024/2025 permanecerá aberto dende o día 1 ao 15 de marzo. Para calquer información relacionada coa Casa Niño e co proceso de preinscrición así como asignación de praza, deberán poñerse en contacto coa persoa responsable da mesma.
Datas: do 1 ao 15 de marzo
Requisitos: Crianzas nadas entre o 2022 e o presente 2024, empadronadas en Ourol e coa cartilla de vacinación ao día.
Número de plazas dispoñibles: 4
Teléfono de contacto (chamadas, WhatsApp ou Telegram) : 675077725 (Thaís) ou mail a cn.paxarinos@gmail.com
06-Marzo-2024 13:34
Info General
Neste taller imos afondar na exposición “Sobre as nosas cabezas” e así faremos un percorrido por diferentes partes do mundo desde Cabo Verde, Guinea, India pasando por Galicia e outros lugares, para analizar o papel da muller e das diferentes cargas que teñen que afrontar.
DÍA: 8 de marzo
HORARIO: de 16:30 h a 18:30 h
LUGAR: Biblioteca Municipal de Ourol
Inscricións: 982 55 91 09 ou no 677489457
05-Marzo-2024 12:31
Info General
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición "SOBRE AS NOSAS CABEZAS". Esta exposición mostra imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
A artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico.
Todos lembramos ás nosas avoas ou as nosas nais porteando productos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado; facíano cunha destreza impresionante e sen perder nunca a carga, un traballo digno de admiración e que queremos poñer en valor desde o Concello de Ourol. Entrada gratuíta.
Invitamos a todas as persoas que queiran asistir á inauguración desta exposición o día 8 de marzo as 16:30 h na Biblioteca de Ourol.
Para o taller e necesaria a inscrición previa no tlf 982 55 91 09.
05-Marzo-2024 12:29
Info General
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias será en marzo e estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
29-Febrero-2024 12:02
Emprego
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición "SOBRE AS NOSAS CABEZAS". Esta exposición mostra imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
A artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico.
Todos lembramos ás nosas avoas ou as nosas nais porteando productos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado; facíano cunha destreza impresionante e sen perder nunca a carga, un traballo digno de admiración e que queremos poñer en valor desde o Concello de Ourol. Entrada gratuíta.
Invitamos a todas as persoas que queiran asistir á inauguración desta exposición o día 8 de marzo as 16:30 h na Biblioteca de Ourol.
Para o taller e necesaria a inscrición previa no tlf 982 55 91 09.
21-Febrero-2024 10:37
Info General
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
CURSOS CONVOCADOS: Cursos presenciais (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cursos en liña.
PERSOAS DESTINATARIAS: todas as persoas interesadas maiores de 16 anos.
Solicitudes: as solicitudes para participar nestes cursos deberán facerse a través do seguinte enderezo electrónico: https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que se desexe realizar e cubrir a solicitude de inscrición. Non se admiten outras formas de presentación de solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
As persoas interesadas nun curso deberán realizar unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta ós seus coñecementos previos. O resultado positivo dará preferencia para asignar as prazas para ese curso. Un resultado negativo non dará preferencia para asignar prazas.
As persoas que soliciten un curso en liña deben dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos.
- Un ordenador con conexión a internet (de banda larga).
- Un navegador web (recomendase ter instalada a última versión de Firefox).
- Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
- Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro, a partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado.
A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se convocan periodicamente.
Máis información do DOGA nº 34 do venres, 16 de febreiro de 2024.
No teléfono 982 55 90 19 ou na Biblioteca Municipal de Ourol.
16-Febrero-2024 09:31
Biblioteca
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, 15 de febreiro de 2024, as bases reguladoras para a convocatoria de axudas económicas destinadas a cubrir investimentos para o receptor de TDT a través de satélite (Sat-TDT) que se realicen en fogares situados en zonas en risco de exclusión dixital, co obxecto de asegurar a correcta recepción e decodificación dos sinais de Televisión dixital en alta definición HD.
15-Febrero-2024 13:39
Info General
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saude para Cidadáns, vai a levar a cabo un Taller de Musicoterapia co obxectivo de Promover o benestar físico, mental e emocional a través da música. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 13 de marzo (mércores) ás 16:30 horas. Todas aquelas persoas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadánshttps://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?pagina=2&bloq=1
15-Febrero-2024 13:14
Servicios Sociales
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Posuir a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do espazo económico Europeo.
- Ter menos de 36 anos, no momento de solicitar a axuda.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da solicitude.
- Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
- Ter subscrito un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición de vivenda con posterioridade a 31/10/2023.
REQUISITOS DA VIVENDAS:
Polo que respecta ás vivendas, estas deberán cumprir as seguintes condicións:
- Estar emprazada nun concello de menos de 10.000 habitantes.
- Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
- O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 120.000 €.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude.
- Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español.
AXUDAS:
Os beneficiarios deste programa poderán acceder ás seguintes axudas:
Subvención de ata 10.800 € por vivenda, co limite máximo do 20 % do prezo de adquisición da vivenda,
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Ata o 31 de outubro de 2024 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 12 de febreiro de 2024 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 31 de 13 de febreiro de 2024. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
14-Febrero-2024 13:58
Emprego
Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, vaise a levar a cabo un CURSO PARA PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS CON DEMENCIA.
Esta actividade terá lugar os días 5 e 6 de marzo de 2024 no Edificio Multiusos do Concello en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982559109/677489457
14-Febrero-2024 13:09
Servicios Sociales
Publicadas no BOP da provincia de Lugo do día de 14 de febreiro de 2024, as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas dos procesos de estabilización do emprego temporal, de varias prazas convocadas polo sistema de concurso no Concello de Ourol.
Poden consultarse no BOP da provincia de Lugo nº 037 de data de 14/02/2024, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourol no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
14-Febrero-2024 12:10
Emprego
Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, vanse a levar a cabo unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes.
Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) en horario de 10:30 a 12:30.
Para anotarse poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982559109/677489457.
14-Febrero-2024 10:32
Servicios Sociales
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2024 para:
a) Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares
b) Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares
BENEFICIARIOS:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial
b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotar o crédito.
A) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa)
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema
c) O custo de montaxe e conexionado.
d) No caso de enerxía xeotérmica e hidrotermia, o sistema de captación do recurso, sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubos, etc.
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda: 8.000 € (Biomasa), 10.000 € (Xeotermia), 2.500 € (Aerotermia/Hidrotermia) e 2.000 € (Solar térmica)
En proxectos multivivenda, a contía máxima da axuda por proxecto será de 40.000 €
B) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, protección, cableado, equipamentos de medidas, etc …), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistema de acumulación con baterías
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e o conexionado, a dirección de obra.
e) O IVE, cando non sexa recuperable
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
A contía máxima da axuda por proxecto multivivenda será de 25.000 €
Adicionalmente establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 2.000 €.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
Inicio solicitudes: A partir do 16 de febreiro de 2024 ás 9:00 horas e rematará o 21 de marzo de 2024. ou ata esgotar o crédito.
INFORMACIÓN:
INEGA. DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico: inega.info@xunta.gal No teléfono: 981-541500
12-Febrero-2024 12:23
Emprego
Esta madrugada (8 de febreiro) chegará a borrasca Karlotta ó noso concello, traerá ventos de ata 110 km/h, este fenómeno meteorolóxico comezará as 6 da madrugada e durará ata as 18 horas (6 da tarde), durando unhas 12 horas, ademais virá acompañado de choivas. Pregamos ter coidado nas estradas; xa que pode haber ramas, arbores, bolsas de auga e zonas asolagadas.
E nas vivendas pechar e asegurar portas, xanelas ou toldos para evitar danos nas propiedades, e retirar macetas ou obxectos que poidan caer a rua.
07-Febrero-2024 22:16
Protección Civil
O Proxecto “Y para vivir Lugo", foi creado para combater o Reto demográfico na provincia de Lugo, fomentando a incorporacion das vivendas baleiras para que a poboación dispoña dun lugar onde vivir nas zonas rurais.
As axudas dirixense a propietarios/as, usufructuarios/as de vivendas, sen ánimo de lucro, sitas preferentemente nos Concellos de A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, sen prexuizo de que poidan extenderese ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.
Daquela os propietarios ou usufructuarios das vivendas, poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600 euros, por cada inmoble que se incorpore á bolsa de alugueiro cun período de permanencia de 3 anos.
O prazo para solicitar estas axudas comeza en día 1.02.2024 e remata o 29.02.2024.
Pódese consultar a informacion na paxina web da Deputacion de Lugo, no seguinte enlace https://www.deputacionlugo.gal/es/temas/emprego/yparavivirlugo, as bases encóntranse publicadas no BOP do dia 31.01.2024
Para consultar calquera tipo de dúbida ponse ao dispor dos interesados/as o seguinte correo electrónico yparavivirlugo@deputacionlugo.org ou no teléfono: 982 260 221.
07-Febrero-2024 12:57
Info General
A convocatoria, liderada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, busca chamar a atención sobre diversas problemáticas que afectan a atención médica en Galicia, como a falta de persoal ou as listas de espera. A marcha está programada para o vindeiro 4 de febreiro de 2024, ás 12 horas, partindo desde a Alameda de Santiago de Compostela y concluindo na Praza do Obradoiro.
Os que desexen asistir a esta manifestación disporán de autobuses. para anotarse poden chamar aos seguintes teléfonos: 982-140654 982-581861 667-052058
25-Enero-2024 14:35
Info General
O Concello de Ourol informa da existencia do SERVIZO DE FISIOTERAPIA A DOMICILIO para persoas dependentes con limitacións na súa mobilidade ou sen contar con grao de dependencia presenten igualmente unha mobilidade reducida.
Todas aquelas persoas que desexen acceder a este servizo deberán contactar co Servizo de Fisioterapia do Concello para valorar a súa idoneidade.
Poderán contactar presencialmente na Casa Cultura (Planta Baixa) ou telefónicamente no 982559019.
18-Enero-2024 11:31
Info General
El Ministerio para la Transformación Digital, informa a la ciudadanía que a partir del 14 de febrero de 2024 será obligatorio que todos los canales emitan por la TDT en calidad HD, por lo que desaparecerán los canales en resolución SD (definición estándar) y sólo se podrán sintonizar en formato HD (alta definición), que aporta una mayor calidad de imagen y sonido.
El Plan Técnico de la TDT (Televisión Digital Terrestre) establece esta fecha límite, si bien algunas cadenas pueden empezar a emitir en HD, antes del 14 de febrero.
https://televisiondigital.mineco.gob.es/ayuda-ciudadano/sala-prensa/Paginas/llega-la-alta-definicion...
16-Enero-2024 12:43
Info General
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA PARA O PROGRAMA LUGO TERMAL 2024, DENDE O 16 DE XANEIRO ATA O 30 DE XUÑO DE 2024 (OU ATA ESGOTAR PRAZAS)
BALNEARIOS PARTICIPANTES: BALNEARIO DE GUITIRIZ; AUGAS SANTAS DE PANTÓN; TERMAS ROMANAS DE LUGO E HOTEL BALNEARIO RÍO PAMBRE
MESES DE PARTICIPACIÓN: DE XANEIRO A XUÑO DE 2024
ESTANCIAS DE 6 DÍAS CON 5 NOITES QUE INCLÚEN 5 PENSIÓNS COMPLETAS E 15 TÉCNICAS TERMAIS.
PREZO: CON ESTANCIA (239,99€) SEN ESTANCIA (250,00; NESTE CASO INCLUE 30 TÉCNICAS TERMAIS)
REQUISITOS: ESTAR EMPADROADO NUN DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO E TER 50 ANOS CUMPRIDOS. A PERSOA ACOMPAÑANTE NON TEN POR QUE CUMPRIR ESTOS REQUISITOS.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE: FOTOCOPIA DO DNI
PARA MÁIS INFORMACION E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODEN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OUROL (982559109/677489457)
15-Enero-2024 14:21
Servicios Sociales
