O vindeiro sábado 2 de setembro ás 21:30 horas terá lugar no aparcamento do Local Social de Bravos a proxección promovida pola Deputación de Lugo dentro do ciclo Cine na Rúa da película "AS BESTAS" de Rodrigo Sorogoyen galardoada con 9 premios Goya
O vindeiro sábado 2 de setembro ás 21:30 horas terá lugar no aparcamento do Local Social de Bravos a proxección promovida pola Deputación de Lugo dentro do ciclo Cine na Rúa da película "AS BESTAS" de Rodrigo Sorogoyen galardoada con 9 premios Goya
29-Agosto-2023 13:22
Info General
Llega700 é a entidade xestora de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.
Nos vindeiros días vai ter lugar a activación da rede móvil de nova xeración no Concello de Ourol e pode ocorrer que o sinal de TV se vexa afectada polas interferencias.
Si algún veciño/a detecta algún tipo de problema na visualización das canles da TDT poden poñerese en contacto coa entidade xestora nos próximos 6 meses a través de:
e-mail: ayuda@llega700.es
Telefono: 900 833 999
29-Agosto-2023 12:58
Info General
O alcalde de Ourol, en nome da Corporación Municipal trasladan a familia do montañeiro ourolense Ramón Blanco as condolencias polo seu falecemento. Unha persoa nacida en Ourol na parroquia de Xerdiz, e que sempre levou con orgullo as súas orixes.
25-Agosto-2023 13:51
Info General
BENEFICIARIOS: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, sociedades civís e as comunidades de bens que contraten traballadores ou traballadoras por conta allea para a ocupación do ámbito das especialidades de “Traballos de carpintaría e moble” e "Atencións Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións" impartida no obradoiro de emprego “Terras do Sor VI” para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Galicia
As contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, a xornada completa.
Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 29 de agosto de 2023
INFORMACIÓN: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
21-Agosto-2023 09:03
Emprego
Con motivo da seca que estamos sufrindo as reservas de auga dos abastecementos municipais de todo o Concello de Ourol están comenzando a escasear, presentandose un nivel de auga mínimo nas captacións.
Co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios
PROHÍBESE, ata novo aviso, a utilización de auga potable das traídas municipais para os usos non prioritarios como son:
- Regar xardíns
- Enchido de piscina ou similares
- Limpeza de vehículos ou espazos ao aire libre
- Calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais
Así mesmo, apelase a corresponsabiliade cidadá para facer un consumo racional e limitar no posible o consumo de auga.
07-Agosto-2023 18:16
Abastecimientos de agua
OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE OUROL:
1 XEFE DE BRIGADA DE INCENDIOS, TRES MESES A XORNADA COMPLETA
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 3 ao 8 de agosto de 2023 (ambos inclusive).
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do Concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedeelectronica.es
02-Agosto-2023 10:55
Emprego
Con motivo das festas en Honra a Nosa Señora de Ourol o concello de Ourol organiza unha cea popular:
Día: 14 de agosto
Hora: 21:45 h.
Lugar: na carpa situada na praza do Concello
PREZOS:
Persoas NON empadroadas no concello:
Maiores de 11 anos: 27€
Nenos/as de 7 a 11 anos: 13.50€
Nenos/as 0-6 anos: gratuíta
Empadroados: gratuíta
Prazo de inscrición; ata o 11 de agosto no teléfono 982 55 91 09
02-Agosto-2023 09:58
Info General
Consulta o cartel de actos con motivo das Festas Patronais de Ourol.
Esperámoste!!!
01-Agosto-2023 11:23
Info General
Actuación músical con "Escolma de Meus".
DÍA: 5 de agosto.
HORA: 19:30 h
LUGAR: praza do concello. En caso de mal tempo haberá unha carpa.
Invitamos a todos os que queiran a asistir; a entrada é gratuíta.
28-Julio-2023 09:36
Biblioteca
Este fin de semana celébrase o Festival Aturuxo en Bravos.
Consulta o cartel para descubrir todas as actividades que se realizarán...
27-Julio-2023 08:31
Info General
O Consello da Cultura Galega cédenos esta exposición con motivo da Ruta Indiana. Esta exposición aspira a narrar e recrear as fases e facetas principais desa epopea migratoria, dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.
A entrada é libre e gratuíta.
26-Julio-2023 10:05
Biblioteca
OBXECTO
Convócase a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o exercicio 2023.
Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da Risga da Xunta de Galicia ou do IMV do Goberno de España.Tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional dalgún dos factores de exclusión establecidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento. Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nesta.1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.Os beneficiarios deberán estar empadroados e ter residencia en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.Só se poderá conceder un bono dixital por persoa física e por unidade familiar, entendéndose por unidade familiar:
A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese: 1º. Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes.2º. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.Nos casos de separación legal, ou cando non existise vínculo matrimonial, a formada polo pai ou a nai e todos os fillos que convivan cun ou outro e que reúnan os requisitos a que se refire a letra a) deste artigo.Determinación da renda
Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda (IRPF) do último período impositivo con prazo de presentación vencido.
2. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do IRPF
3. Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros computables da dita unidade.
O solicitante deberá indicar o número de membros computables da unidade familiar, detallando cantos deles son menores de idade, a través da declaración responsable incluída na solicitude (anexo II).
Características do bono dixital O bono dixital contribuirá a financiar a contratación de novos servizos de conexión a banda larga ou o incremento da velocidade dos xa contratados desde unha localización fixa e irá destinado a persoas físicas de unidades familiares que fosen identificadas como vulnerables.O bono dixital permitiralle ao solicitante unha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses, chegando a acadar como máximo os 240 euros.O recoñecemento do dereito a recibir o bono dixital a unha unidade familiar e a contía do dito bono é independente do número de membros integrantes dela.O servizo de acceso que ofertarán as entidades colaboradoras terá como mínimo as seguintes características:
O servizo de conexión terá asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 30 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL) en condicións de hora punta, entendida esta como a velocidade alcanzada polos usuarios finais durante un período dunha hora no momento de ocupación máxima da rede.O servizo de acceso á banda larga realizarase a través da tecnoloxía máis adecuada en cada caso co fin de respectar o principio de neutralidade tecnolóxica.Modalidade de acceso: non existirá limitación horaria para o acceso ao servizo nin limitación ao volume mensual dos datos descargados.Non son obxecto desta axuda outros servizos que a entidade colaboradora poida prestar a través do mesmo acceso (voz, televisión, etc.). Sen prexuízo de que os usuarios poidan contratar os ditos servizos de forma adicionaForma de presentación da solicitude
Se ben as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a través do formulario normalizado, Anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou ben de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, recoméndase a presentación telemática a través dunha persoa autorizada, como pode ser o persoal dos servizos sociais comunitarios xa que dispón dun formulario habilitado expresamente ao efecto na plataforma HSUE: https://hsue.xunta.gal (Ver instruccións no Documento 20230711 - Bonos dixitais.doc)
24-Julio-2023 09:15
Servicios Sociales
OBXECTO:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.
Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
Do 1 ao 6 de xaneiro.Os días 20, 21 e 22 de febreiro.Do 3 ao 10 de abril.Do 22 de xuño ao 8 de setembroACCIÓNS SUBVENCIONABLES
a) Necesidades puntuais:
Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.
TIPO DE AXUDA E CONTÍA
Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:
De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares. PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 15 de setembro
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
12-Julio-2023 13:53
Servicios Sociales
OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:
1 LIMPADOR/A. XORNADA PARCIAL (50 %)
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada parcial (50%)
Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal coa duración de 2 meses en horario de 9:00 h a 13:00 h. Data de inicio: 1 de agosto de 2023
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 13 ao 19 de xullo de 2023 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
12-Julio-2023 09:59
Emprego
A Piscina Municipal de Ourol abre hoxe día 10 de xullo as súas instalacións ao público.
O periodo de apertura da piscina municipal do Concello de Ourol para este ano 2023 será o seguinte:
10 DE XULLO- 9 DE SETEMBRO DE 2023
Durante este periodo o horario de apertura será:
12:00 horas- 21:00 horas
10-Julio-2023 09:44
Info General
Desde o Concello de Ourol infórmase que o retraso na apertura da Piscina Municipal de Ourol é debido a problemas técnicos complexos, que desde o Concello se están intentando solucionar coa maior brevidade posible.
No momento en que a avería técnica esté arranxada comunicarase a data de apertura da Piscina Municipal de Ourol.
06-Julio-2023 12:53
Info General
A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso.
Neste sentido, desde o xoves 29 de xuño de 2023 e ata o martes 25 de xullo de 2023 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2023-2024, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.
Para o enchemento e presentación destas novas solicitudes, DESDE O XOVES 29 DE XUÑO DE 2023 E NON ANTES, disponse dos seguintes medios:
Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso.Descargando da páxina web do Imserso ou na Sede electrónica do Imserso o modelo de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2023-2024. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso.En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.
Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do Imserso para a súa participación no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2023-2024. Os impresos de modificación de datos conteñen a seguinte información:
Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.Espazo para realizar as modificacións que considere oportunas.
Se os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.
Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto. Neste caso, e no prazo comprendido entre o 29 de xuño e o 25 de xullo de 2023, ambos os incluídos, poderase efectuar o cambio polos seguintes medios:
A través da Sede electrónica do Imserso utilizando o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:Directamente a través desta ligazón.Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.Nos rexistros electrónicos e oficinas a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
28-Junio-2023 10:36
Servicios Sociales
INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
Unha unidade móbil desprazarase ao Concello de Ourol para realizar a Inspección Técnica Periódica de Vehículos Agrícolas .
Día: 07 de xullo de 2023
Horario: de 9 a 13:30 horas
Lugar: Praza do Concello
Pódese solicitar cita previa no teléfono 982-309000 ou na web www.sycitv.com
26-Junio-2023 12:33
Info General
Oferta formativa de Educación de Adultos do IES María Sarmiento de Viveiro.
22-Junio-2023 14:04
Emprego
Llega700 é a entidade xestora de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.
Nos vindeiros días vai ter lugar a activación da rede móvil de nova xeración no Concello de Ourol e pode ocorrer que o sinal de TV se vexa afectada polas interferencias.
Si algún veciño/a detecta algún tipo de problema na visualización das canles da TDT poden poñerese en contacto coa entidade xestora nos próximos 6 meses a través de:
e-mail: ayuda@llega700.es
Telefono: 900 833 999
19-Junio-2023 12:27
Info General
BENEFICIARIOS:
As persoas propietarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.
As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda.
As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
As actuacións subvencionables deberán realizarse:
- En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda. (opción A).
- En vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B).
Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:
o Unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto a situación actual do edificio, referida á certificación enerxética e, ademáis, unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en xzonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.
o Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorización administrativas.
As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria (15/06/2023)
AXUDAS:
A contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian a desenvolver e non poderá superar os límites resultantes seguintes:
- No caso de vivendas unifamiliares, a cantidade obtida de multiplicar a % máxima da subvención polo custo das actuacións, ata o importe máximo por vivenda, establecidos na táboa que se achega como archivo adxunto en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación.
Poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable no caso de que a persoa propietaria ou usufructuaria se atope en situación de vulnerabilidade económica.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Ata o 2 de outubro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 1 de xuño de 2023 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 113 de 15 de xuño de 2023. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
15-Junio-2023 13:58
Emprego
BENEFICIARIOS:
Persoas físicas propietarias, usufructuarias ou arrrendatarias de vivendas.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Conseguir unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos o 7 %; ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos un 30 %; ou no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda.
b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas non caso de que estas as requiran.
c) As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG (15/06/2023)
AXUDAS:
O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 €
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Ata o 2 de outubro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 1 de xuño de 2023 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 113 de 15 de xuño de 2023.
Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
15-Junio-2023 13:50
Emprego
Informase aos veciños que o vindeiro sábado ás 11:00 horas terá lugar a constitución da nova corporación municipal do Concello de Ourol no Salón de Sesións deste concello.
15-Junio-2023 12:04
Info General
Organizador: Fundación Laboral de la Construcción en colaboración co Concello do Vicedo
Duración: 60 horas
Lugar de Celebración: Casa da Cultura do Vicedo
Destinatarios: Persoal traballador de concellos, alumnos/as traballadores obradoiros de emprego, persoas desempregadas e cidadáns en xeral interesados na acción formativa
A acción formativa dará lugar a expedición do Certificado Oficial de Prevención de Riscos Laborais na Construcción (60 horas)
Non hai límite de prazas
Datas de celebración: Do 5 ao 18 de xullo de 2023 segundo o calendario que se achega como archivo adxunto.
Os/As interesados/as deberán contactar do Director do Obradoiro de Emprego ou chamar por teléfono a Casa da Cultura do Vicedo no teléfono: 982-590195
15-Junio-2023 09:54
Emprego
Aberto o prazo para a presentación de Solicitudes para participar na LUDOTECA DE VERÁN.
A actividade vai destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Ourol.
Ofértanse un total de 20 prazas. En caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas teranse en conta como criterios de valoración a renda familiar e a situación da unidade de convivencia (familias monoparentais, violencia de xénero, cargas familiares, actividade laboral remunerada de ambos proxenitores...)
DURACIÓN: Dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto en horario de 10:30 a 13:30
SERVIZO DE CONCICILIACIÓN: Para aquelas familias que acrediten a necesidade deste servizo (de 8:00 - 10:30 e de 13:30 a 14:00 h). Para máis información e solicitudes Casa da Cultura (982559019)
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 23 de xuño de 2023
SOLICITUDES: Presencialmente no Departamento de Servizos Sociais
Para máis información: 982559109 (Servizos Sociais) ou 677489457
13-Junio-2023 12:02
Servicios Sociales
