Lembramos que todas as persoas interesadas en ter un exemplar do libro “Personaxes e historias da parroquia Santiago de Bravos” poden recollelo nas dependencias municipais ou na Biblioteca de Ourol de forma TOTALMENTE GRATUÍTA
Lembramos que todas as persoas interesadas en ter un exemplar do libro “Personaxes e historias da parroquia Santiago de Bravos” poden recollelo nas dependencias municipais ou na Biblioteca de Ourol de forma TOTALMENTE GRATUÍTA
15-Abril-2024 09:31
Info General
Hoxe sae publicado no DOG a convocatoria de prazas para estadías de familias en Residencias de tempo libre (DOG. num 71 de 11 de abril de 2024)
OBXECTO:
Trátase dun programa de estadías para familias nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) que inclue aloxamento e mantemento en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea, cun menú único) durante 6 noites.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.. Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
CUSTE POR PERSOA E DÍA: Dende 23,81€ a 37,26€ dependendo de si a tempada é baixa-media-alta ou se os cuartos son individuais ou compartidos. Aplícanse descontos para determinadas circusntancias (nenos menores de 12 anos: 50% ; familias numerosas: 30%; discapacidade:10%; persoas maiores de 60: 10%; vitimas de violencia de xénero: 50%
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Por orde de presentación da solicitude (con prioridade para as familias de especial consideración: numerosas, monoparentais, acolledoras, vítimas de violencia de xénero)
DATAS DAS ESTADÍAS: Anexo III da orde de convocatoria
Residencia de Panxón:
XULLO: do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31
AGOSTO: do 2 ao 8; do 10 ao 16; do 18 ao 24
AGOSTO-SETEMBRO: do 26 de agsoto ao 1 de setembro
SETEMBRO: do 10 ao 16; do 18 ao 24.
SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.
Residencia O Carballiño:
XUÑO: Do 24 ao 30
XULLO: do 24 ao 30
AGOSTO: do 1 ao 7; do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31
SETEMBRO: do 2 ao 8, do 10 ao 16; do 18 ao 24
SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.
Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
11-Abril-2024 11:57
Servicios Sociales
O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "OS TRABALLOS DE PRIMAVERA PARA MELLORAR A PRODUCIÓN NAS HORTAS".
Neste curso aprenderemos como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...
Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 h a 20:00 h no Edificio Multiusos de Ourol.
Inscricións no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051
10-Abril-2024 09:44
Biblioteca
O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai a levar a cabo unha actividade sobre NUTRICIÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE. Esta actividade realízase co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctia e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable.
Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
Día: venres 19 de abril de 2024
Horario: 17:00 horas
Para anotarse nesta actividade pode dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982559109/677489457
08-Abril-2024 14:11
Servicios Sociales
Infórmase a todos os veciños do Concello de Ourol, que en data 1 de abril de 2024 o Pleno do Concello de Ourol, aprobou inicialmente a Revisión e actualización do Inventario de Camiños e Vías Municipais do noso concello; polo que se abre un periodo de 1 mes (contado a partir do día 9 de abril de 2024) para que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente e formular as alegacións, reclamación ou suxerencias que considere oporturnas.
Así mesmo, infórmase que os servizos técnicos do Concello van a realizar reunións informativas para todos os veciños, nas datas e ubicacións que se indican a continuación:
.- Parroquia de Ourol: Día 12 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Salón de Plenos do Concello de Ourol
.- Parroquia de Miñotos: Día 23 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Miñotos.
.- Parroquia de Xerdiz: Día 24 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Xerdiz.
.- Parroquia de Merille: Día 26 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Merille.
.- Parroquia de Bravos: Día 29 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Bravos.
.- Parroquia de O Sisto: Día 3 de maio, de 10:00 a 11:00 horas; no Centro Social de O Sisto.
.- Parroquia de Ambosores: Día 3 de maio, de 11:30 a 12:30 horas; no Centro Social de Ambosores.
.- Parroquia de San Pantaleon: Día 3 de maio, de 13:00 a 14:00 horas; no Centro Social de San Pantaleon.
Toda a información referente a esta Revisión e actualización do Inventario de Camiños e Vías municipais poderá consultarse a través da páxina web do concello de Ourol: https://www.concellodeourol.es
08-Abril-2024 12:29
Info General
Correos está buscando unha persoa para a limpeza da Oficina de Correos de Ourol.
Condicións:
- Contrato de 1 hora a semana (horario a escoller)
- Soldo según o convenio de limpeza da provincia de Lugo, incluídas tres pagas extras.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa empresa GARBIALDI S.A chamando o teléfono 94-4722025 ou tamén ao 629-355211 (Luis)
05-Abril-2024 09:02
Emprego
O Concello de Ourol en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad (BUMEI) quere levar a cabo un CURSO DE ALFABETIZACIÓN NAS LINGUAS OFICIAIS dirixido a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e/ou económica: BENEFICIARIOS DE IMV, PNC, SUBSIDIO POR DESEMPREGO, SITUACÍÓN DE DESEMPREGO etc.
DURACIÓN: DO 8 DE ABRIL AO 14 DE AGOSTO
HORARIO: DE 16:00 A 18:00 OU DE 18:00 A 20:00
DURACIÓN: 2 HORAS DIARIAS DE LUNS A VENRES
LUGAR: CENTRO SOCIAL DE OUROL
Para anotarse ou obter máis información poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
02-Abril-2024 12:48
Servicios Sociales
O Concello de Ourol en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad (BUMEI) quere levar a cabo un CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS dirixido a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e/ou económica: BENEFICIARIOS DE IMV, PNC, SUBSIDIO POR DESEMPREGO, SITUACÍÓN DE DESEMPREGO etc.
DURACIÓN: DO 8 DE ABRIL AO 14 DE AGOSTO
HORARIO: DE 16:00 A 18:00 OU DE 18:00 A 20:00
DURACIÓN: 2 HORAS DIARIAS DE LUNS A VENRES
LUGAR: CENTRO SOCIAL DE OUROL
Para anotarse ou obter máis información poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
02-Abril-2024 12:44
Servicios Sociales
Actuacións subvencionables:
1. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes:
a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida.
b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio.
c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas.
d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.
e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.
f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento.
g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas
i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.
Persoas beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.
b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
e) As sociedades cooperativas de vivendas
f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.
g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.
Requisitos das vivendas unifamiliares:
- Estar rematadas antes de 2006. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapcidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
- Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias
Contía máxima das axudas:
- Vivendas unifamiliares: 12.500 € por vivenda con carácter xeral.
- Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva: 9.000 € por vivenda e 90 €/m2 de superficie construida de uso comercial con carácter xeral,
- Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: 6.000 € por vivenda con carácter xeral.
- Estas tres axudas terán os seguintes incrementos: 15.000 € si reside unha persoa con discapacidade, 18.000 € si acredita un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %
Prazo de presentación: 22/03/2024 - 22/04/2024, ou ata o esgotamento do crédito. As subvencións vanse resolvendo por orde de entrada.
Informa: DOG nº 58 de data de 21 de marzo de 2024
21-Marzo-2024 09:56
Emprego
Desde o Concello de Ourol informase que desde o día de hoxe xa se pode circular na referida estrada municipal que une a parroquia de Bravos coa parroquia de O Sisto, na parte desta vía entre o cruce de acceso a Domecelle e o núcleo de O Rego da Ponte (Pq. Bravos), debido a que se remataron os costosos e complexos traballos de reparación da obra de paso que existía neste tramo da vía municipal e que sufrira un derrubamento debido a circunstancias meteorolóxicas adversas.
Este traballos consistiron na reparación da obra de paso existente en dito tramo no rego da Veiga, para o cal se colocou un marco prefabricado de formigón armado de dimensións interiores 4,00 x 2,50 m asentado sobre unha soleira de formigón e aletas formadas por pedra granítica, colocando tamen unha valla de seguridade nos dous lados da vía e realizando a correspondente reposición do firme e pavimento mediante a aplicación dun triple tratamento bituminoso.
Estes costosos traballos de reparación levaronse a cabo a través dun Convenio Interadministrativo de Cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Ourol, por un importe total de 133.500,00 euros, dos cales a aportación da Deputación Provincial de Lugo ascendeu a 123.500,00 euros e a aportación do Concello de Ourol ascendeu a 10.000,00 euros.
Por tanto, a partir do día de hoxe esta estrada municipal que une a parroquia de Bravos coa parroquia de O Sisto, e por tanto a parte desta vía entre o cruce de acceso a Domecelle e o núcleo de O Rego da Ponte (Pq. Bravos), é apta para a circulación de vehículos.
(Adxuntamos fotografías da zona unha vez rematadas as obras)
20-Marzo-2024 13:08
Info General
Nos próximos días vanse iniciar unha serie de cursos para persoas desempregadas dentro das accións formativas que desenrola en Viveiro a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Os cursos a desenvolver son os seguintes:
- Mecanizado por arranque de labra. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 03-04-2024
- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 08-04-2024
- Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 09-04-2024
- Actividades auxiliares de comercio. Inicio do curso: 10-04-2024
- Comunicación en língua inglesa. Inicio do curso: 11-04-2024
Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*): débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.Certificado de profesionalidade de nivel 2.Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.Ter superado as competencias clave.Os interesados poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego de Viveiro ou chamar ao teléfono 982-828714
18-Marzo-2024 13:59
Emprego
Ante a obriga existente de rexistro das explotacións avícolas de autoconsumo. O Concello de Ourol facilitará aos veciños un modelo que poderá presentarse nas oficinas municipais ou na Oficina de Extensión Agraria de Viveiro.
18-Marzo-2024 13:38
Info General
O día 23 de marzo ás 17:30 h no Centro Social de Bravos terá lugar a presentación do libro "Personaxes e historias da parroquia de Bravos" escrito por José Manuel Franco González. A benvida será a cargo de José Luis Pajón Camba, alcalce de Ourol e a presentación con Anxo Vázquez Pernas e José Manuel Franco González. Todas as persoas interesadas poden acudir a esta presentación na que se repartirán exemplares do libro. Ademais, a partir do día 23 todos os que queiran poden recoller un libro nas dependencias municipais ou na Biblioteca de Ourol.
18-Marzo-2024 10:03
Info General
Organizador: Fundación Laboral de la Construcción en colaboración co Concello do Vicedo
Duración: 60 horas
Lugar de Celebración: Casa da Cultura do Vicedo
Destinatarios: Persoal traballador de concellos, alumnos/as traballadores obradoiros de emprego, persoas desempregadas e cidadáns en xeral interesados na acción formativa
A acción formativa dará lugar a expedición do Certificado Oficial de Prevención de Riscos Laborais na Construcción (60 horas)
Non hai límite de prazas
Datas de celebración: Do 15 ao 24 de abril de 2024 segundo o calendario que se achega como archivo adxunto.
Os/As interesados/as deberán contactar do Director do Obradoiro de Emprego ou chamar por teléfono a Casa da Cultura do Vicedo no teléfono: 982-590195
14-Marzo-2024 12:27
Emprego
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
14-Marzo-2024 08:57
Emprego
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, quere poñer en funcionamento unha UNIDADE TERAPÉUTICA (servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas).
LUGAR: Edificio Multiusos do Concello
DÍA: MÉRCORES (1 DÍA)
HORARIO: 16:00-19:00 H (3 HORAS)
CUSTE PARA A PERSOA: GRATUITO
O lugar onde se levará a cabo será no Edificio Multiusos do Concello e para o seu desenvolvemento contarase con persoal especializado (traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería).
Con este recurso quérese dar resposta a un doble obxectivo.
- Proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras.
- Manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.
Todas aquelas persoas interesadas neste recurso deben ponerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos (982559109/ 677489457)
12-Marzo-2024 12:34
Servicios Sociales
Non esquezas pasar hoxe pola Biblioteca de Ourol.
Ás 16:30 h temos a inauguración da exposición “Sobre as nosas cabezas”.
Posteriormente, nun taller impartido por Cristina González, analizaremos as fotografías da exposición de mulleres porteadoras e exploraremos que cargas afrontan as mulleres no seu día a día.
Ademáis, do 11 ó 15 de marzo poderás visitar esta exposición en horario de 10:30 a 13:30 h na Biblioteca de Ourol.
A entrada é gratuíta.
08-Marzo-2024 09:44
Info General
Infórmase de que o período de preinscricións para a Casa Niño de Ourol para o vindeiro curso 2024/2025 permanecerá aberto dende o día 1 ao 15 de marzo. Para calquer información relacionada coa Casa Niño e co proceso de preinscrición así como asignación de praza, deberán poñerse en contacto coa persoa responsable da mesma.
Datas: do 1 ao 15 de marzo
Requisitos: Crianzas nadas entre o 2022 e o presente 2024, empadronadas en Ourol e coa cartilla de vacinación ao día.
Número de plazas dispoñibles: 4
Teléfono de contacto (chamadas, WhatsApp ou Telegram) : 675077725 (Thaís) ou mail a cn.paxarinos@gmail.com
06-Marzo-2024 13:34
Info General
Neste taller imos afondar na exposición “Sobre as nosas cabezas” e así faremos un percorrido por diferentes partes do mundo desde Cabo Verde, Guinea, India pasando por Galicia e outros lugares, para analizar o papel da muller e das diferentes cargas que teñen que afrontar.
DÍA: 8 de marzo
HORARIO: de 16:30 h a 18:30 h
LUGAR: Biblioteca Municipal de Ourol
Inscricións: 982 55 91 09 ou no 677489457
05-Marzo-2024 12:31
Info General
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición "SOBRE AS NOSAS CABEZAS". Esta exposición mostra imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
A artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico.
Todos lembramos ás nosas avoas ou as nosas nais porteando productos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado; facíano cunha destreza impresionante e sen perder nunca a carga, un traballo digno de admiración e que queremos poñer en valor desde o Concello de Ourol. Entrada gratuíta.
Invitamos a todas as persoas que queiran asistir á inauguración desta exposición o día 8 de marzo as 16:30 h na Biblioteca de Ourol.
Para o taller e necesaria a inscrición previa no tlf 982 55 91 09.
05-Marzo-2024 12:29
Info General
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias será en marzo e estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
29-Febrero-2024 12:02
Emprego
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición "SOBRE AS NOSAS CABEZAS". Esta exposición mostra imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
A artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico.
Todos lembramos ás nosas avoas ou as nosas nais porteando productos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado; facíano cunha destreza impresionante e sen perder nunca a carga, un traballo digno de admiración e que queremos poñer en valor desde o Concello de Ourol. Entrada gratuíta.
Invitamos a todas as persoas que queiran asistir á inauguración desta exposición o día 8 de marzo as 16:30 h na Biblioteca de Ourol.
Para o taller e necesaria a inscrición previa no tlf 982 55 91 09.
21-Febrero-2024 10:37
Info General
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
CURSOS CONVOCADOS: Cursos presenciais (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cursos en liña.
PERSOAS DESTINATARIAS: todas as persoas interesadas maiores de 16 anos.
Solicitudes: as solicitudes para participar nestes cursos deberán facerse a través do seguinte enderezo electrónico: https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que se desexe realizar e cubrir a solicitude de inscrición. Non se admiten outras formas de presentación de solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
As persoas interesadas nun curso deberán realizar unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta ós seus coñecementos previos. O resultado positivo dará preferencia para asignar as prazas para ese curso. Un resultado negativo non dará preferencia para asignar prazas.
As persoas que soliciten un curso en liña deben dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos.
- Un ordenador con conexión a internet (de banda larga).
- Un navegador web (recomendase ter instalada a última versión de Firefox).
- Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
- Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro, a partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado.
A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se convocan periodicamente.
Máis información do DOGA nº 34 do venres, 16 de febreiro de 2024.
No teléfono 982 55 90 19 ou na Biblioteca Municipal de Ourol.
16-Febrero-2024 09:31
Biblioteca
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, 15 de febreiro de 2024, as bases reguladoras para a convocatoria de axudas económicas destinadas a cubrir investimentos para o receptor de TDT a través de satélite (Sat-TDT) que se realicen en fogares situados en zonas en risco de exclusión dixital, co obxecto de asegurar a correcta recepción e decodificación dos sinais de Televisión dixital en alta definición HD.
15-Febrero-2024 13:39
Info General
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saude para Cidadáns, vai a levar a cabo un Taller de Musicoterapia co obxectivo de Promover o benestar físico, mental e emocional a través da música. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 13 de marzo (mércores) ás 16:30 horas. Todas aquelas persoas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadánshttps://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?pagina=2&bloq=1
15-Febrero-2024 13:14
Servicios Sociales
