Paco Cerdeira estará con nós o vindeiro día 24 de novembro e traeranos un espectáculo divertido e moi, moi rockeiro!
Inscríbete no seguinte enlace:
https://forms.gle/D3L1C9d1TN8vz1PR8
Máis información no teléfono 982 55 90 19
Paco Cerdeira estará con nós o vindeiro día 24 de novembro e traeranos un espectáculo divertido e moi, moi rockeiro!
Inscríbete no seguinte enlace:
https://forms.gle/D3L1C9d1TN8vz1PR8
Máis información no teléfono 982 55 90 19
16-Noviembre-2022 14:33
Biblioteca
26 DE NOVEMBRO. AUTOCINE: PROXECCIÓN DO FILME VILAMOR DE IGNACIO VILAR (ÁS 20:00 NA EXPLANADA DETRAIS DO CONCELLO)
No que se presenta un modelo alternativo de convivencia entre as persoas que defende valores como o respecto, a paz, a liberdade e a igualdade entre os sexos, todos eles valores fundamentais nos que non ten cabida a superioridade dun sexo sobre o outro e ningún tipo de violencia basado nesta desigualdade.
16-Noviembre-2022 14:18
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, vanse a levar a cabo os seguintes actos durante a vindeira semana:
22 DE NOVEMBRO- INAUGURACIÓN DO BANCO POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (ÁS 12:15 NO PASEO DA REGA)
Actividade realizada en colaboración coa Asociación de Mulleres pola Igualdade BUMEI. Banco de cor violeta cun lema común entre concellos participantes nesta iniciativa que ten como obxectivo mostrar a unión de forzas na repulsa da violencia de xénero e en memoria das vítimas deste tipo de violencias.
24 DE NOVEMBRO- MUSICAL: ROCKEAMOS TODAS CON PAKOLAS (ÁS 18:30 NO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO)
Actuación musical dirixida a público infantil e as súas familias. As protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.
25 DE NOVEMBRO- IV ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (ÁS 12:15 NO PASEO DA REGA) Como acto de repulsa colectiva contra esta lacra social que acaba coa vida de tantas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas cada ano. Neste acto tamén se dará lectura por parte do alcalde dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista e como símbolo do compromiso e implicación na loita contra a violencia de xénero.
26 DE NOVEMBRO. AUTOCINE: PROXECCIÓN DO FILME VILAMOR DE IGNACIO VILAR (ÁS 20:00 NA EXPLANADA DETRAIS DO CONCELLO)
No que se presenta un modelo alternativo de convivencia entre as persoas que defende valores como o respecto, a paz, a liberdade e a igualdade entre os sexos, todos eles valores fundamentais nos que non ten cabida a superioridade dun sexo sobre o outro e ningún tipo de violencia basado nesta desigualdade.
Para máis información e/ou anotarse nalgunha destas actividades poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Para anotarse na actividade musical infantil deben facelo na Biblioteca de Ourol.
15-Noviembre-2022 13:45
Servicios Sociales
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado a persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
15-Noviembre-2022 12:30
Servicios Sociales
Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas
OBXECTO:
Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:
Desde o 13/10/2022 ata o 30/11/2022, os establecementos comerciais retallistas interesados poderán solicitalo na web www.bonosactivacomercio.gal.
Requisitos para poder adherirse:
- Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG de 11/10/2022.
CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:
Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web www.bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.
Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.
Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 € (IVE incluído).
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 € (IVE incluído).
- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).
DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:
Os bonos estarán disponibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 24/10/2022 e a súa validez estenderase ata o 31/12/2022.
INFORMA:
Orde do 29 de setembro de 2022 da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 194 de data de 11/10/2022)
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
11-Octubre-2022 09:53
Emprego
A Consellería de Sanidade pon en marcha, un ano máis, a campaña anual de vacinación que empezará o día 10 de outubro e rematará o vindeiro 31 de decembro.
10-Octubre-2022 10:26
Servicios Sociales
A partir do día 10 de outubro abrese o prazo de solicitude de praza no Programa Benestar en Balnearios 2022 da Xunta de Galicia, dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, debe reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
O desenvolvemento do programa terá lugar durante o período comprendido entre o 1 de novembro e o 17 de decembro do ano 2022.
Ofértanse estancias de 10 días (9 noites) en balnearios das 4 provincia galegas en réxime de pensión completa.
O prazo de solicitude remata o vindeiro 24 de outubro de 2022.
Os prezos por praza oscilan entre os 349,89€ e 377,89€.
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
07-Octubre-2022 12:47
Servicios Sociales
Actuacións subvencionables:
1. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes:
a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, a altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.
b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, se é o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina.
d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.
e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.
f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. Así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.
g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código técnico da edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, así como as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás necesidades específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense, así mesmo, as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.
i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.
Persoas beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.
b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como, polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.
f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.
g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.
Requisitos das vivendas unifamiliares:
- Estar rematadas antes de 2006. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapcidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
- Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias
Contía máxima das axudas:
- Vivendas unifamiliares: 12.500 € por vivenda con carácter xeral.
- Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva: 9.000 € por vivenda e 90 €/m2 de superficie construida de uso comercial con carácter xeral,
- Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: 6.000 € por vivenda con carácter xeral.
- Estas tres axudas terán os seguintes incrementos: 15.000 € si reside unha persoa con discapacidade, 18.000 € si acredita un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %
Prazo de presentación: 05/10/2022 - 07/11/2022, ou ata o esgotamento do crédito. As subvencións vanse resolvendo por orde de entrada.
Informa: DOG nº 189 de data de 4 de outubro de 2022
04-Octubre-2022 14:32
Emprego
LEVARASE A CABO NO CONCELLO DE OUROL DURANTE OS DÍAS 24,25,26 E 27 DE OUTUBRO. A UNIDADE MÓBIL ESTARÁ INSTALADA NA AREA DE AUTOCARAVANAS
OFRÉCENSE SERVIZOS DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA, PODOLOXÍA E AUDIOLOXÍA.
XA PODES RESERVAR A TÚA CITA CHAMANDO ÓS TELÉFONOS 622748283 - 623546992
04-Octubre-2022 09:23
Servicios Sociales
AXUDAS PARA OS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B, C e D
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D (novidade nesta convocatoria)
Requisitos (no día de presentación da solicitude):
-Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).
Máis información no DOG do 28 de setembro de 2022 ou no teléfono 982 87 09 56 (Espacio Xove de Viveiro). Tamén na páxina da xunta http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/23926-orde-de-axudas-para-os-permisos-de-conducion-clase...
29-Septiembre-2022 09:13
Info General
A través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Ourol, vaise a levar a cabo o PROGRAMA PORTA A PORTA que prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores nunha unidade móbil que permanecerá instalada detrais do Concello durante os días 24, 25, 26 e 27 de outubro.
SERVIZOS QUE SE PRESTAN:
- SERVIZO DE PREVENCIÓN DE XORDEIRA: ATENCIÓN BÁSICA, INFORMATIVA E DE PREVENCIÓN
- SERVIZO DE PODOLOXÍA: PREVENCIÓN, DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DAS PRINCIPAIS PATOLOXÍAS DOS PÉS (ELIMINACIÓN DE DUREZAS, CONTROL DE UÑAS)
- SERVIZO DE PREVENCIÓN DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS: PROBAS DE VALORACIÓN DIAGNÓSTICA, EXERCICIOS E FICHAS DE ESTIMULACION COGNITIVA, ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN FUNCIONAL...ETC
DÍAS: 24, 25, 26 E 27 DE OUTUBRO
LUGAR: EXPLANADA DETRAIS DO CONCELLO
XA PODES RESERVAR A TÚA CITA TOTALMENTE GRATUITA CHAMANDO ÓS TELÉFONOS 622 748 283 - 623 546 992
AS UNIDADES MÓBILES DISPOÑEN DE ACCESO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA (PLATAFORMA ELEVADORA)
28-Septiembre-2022 14:28
Servicios Sociales
DIRIXIDO A FAMILIAS CON NENAS E NENOS DE 0 A 6 ANOS
REUNIÓN INFORMATIVA: 26 DE SETEMBRO ÁS 16:30
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS
CONTACTO DA MESTRA-ORIENTADORA: FANY (969315098)
19-Septiembre-2022 12:56
Servicios Sociales
INICIO: 19 DE OUTUBRO DE 2022
HORARIO: OS MÉRCORES DE 11 A 12:30
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS
SÓ PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OUROL
ANÓTATE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (982559109 / 677489457)
19-Septiembre-2022 12:54
Servicios Sociales
INICIO: 4 DE OUTUBRO
HORARIO: OS MARTES E OS VENRES DE 11:00 A 12:00
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS
SÓ PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OUROL
ANÓTATE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS 982559109 / 677486457
19-Septiembre-2022 12:53
Servicios Sociales
Están a exposición ao público nestas dependencias municipais entre os días 16 e 27 de setembro as listas de candidatos a xurado para a súa consulta polos interesados, aos efectos da presentación de reclamacións.
19-Septiembre-2022 12:36
Info General
Un ano máis, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades na educación ás familias e facilitar o acceso ós recursos educativos, a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios e socias os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.
Se non es socio/a podes acudir á biblioteca e facerte no momento, de forma totalmente gratuíta. Só tes que cubrir un impreso cos teus datos e dámosche o carné no momento.
O préstamo é de 21 días, renovable outros 21, sen embargo no caso das lecturas escolares pode estenderse por máis tempo.
Infórmate chamando ó teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051
13-Septiembre-2022 10:28
Biblioteca
RUTA CAMIÑO NORDÉS: VIVEIRO – OUROL
Día: 17 de setembro
- Modalidades: cabaleiros e viandantes
- Saída: ás 10:00 h na Avenida de Ferrol, en Viveiro (onde habitualmente se coloca o mercado).
- Os viandantes percorrerán a Rúa Nova ata o paseo fluvial e ata Ourol.
- Os cabaleiros percorrerán o treito ata o paseo pola estrada e posteriormente continuarán co resto da ruta.
- Haberá un autobús facilitado polo Concello de Viveiro que sairá de diante da CASA DO CONCELLO DE OUROL ás 9:30 h. Deste modo as persoas que queiran deixar o seu vehículo en Ourol volverán a Viveiro en autobús para a saída.
- Xantar campestre en San Antonio da Xestosa (Muras) previa anotación. Prezo 25€
INSCRICIÓNS
- Ata o día 15 de setembro no teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol) en horario de 8:00 h a 14:00 h ou no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 14:00 h.
12-Septiembre-2022 11:33
Info General
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de fogar a xornada completa
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será do 3 de outubro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 12 ao 20 de setembro de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
09-Septiembre-2022 12:23
Emprego
PRAZAS LIBRES. AINDA ESTÁS A TEMPO DE ANOTARTE!! A
PRAZO: ATA O MÉRCORES 31 DE AGOSTO ÁS 14:00 HORAS
O Concello de Ourol organiza unha excursión dirixida ás persoas empadroadas no Concello sen límite de idade (os menores deben de vir acompañados dunha persoa adulta)
DÁTA: SÁBADO DÍA 3 DE SETEMBRO
ITINERARIO:
SAÍDA DO CONCELLO ÁS 7:30
DESAIUNO EN RESTAURANTE
VISITA E PASEO POR PONTEMACEIRA, CASCADA DO ÉZARO E FARO DE FINISTERRE
COMIDA EN RESTAURANTE
REGRESO A OUROL
PREZO: GRATUÍTA
DATA LÍMITE PARA ANOTARSE: ATA O 30 DE AGOSTO
TELÉFONOS PARA ANOTARSE: 982559109 / 677489457)
Nº DE PRAZAS: 51 PRAZAS QUE SE CUBRIRÁN POR ORDE DE INSCRICIÓN
29-Agosto-2022 12:48
Servicios Sociales
Bases publicadas no BOP Lugo de hoxe día 29 de agosto de 2022
OBXECTO: Concesión de axudas económicas para adquisición de material escolar para alumnado matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria ou educación especial.
REQUISITOS XERAIS: Que todos os membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello de Ourol na data de solicitude cunha antigüidade mínima de 3 meses.
Que a renda per cápita anual familiar non supere os 9000 euros.
LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE: As solicitudes presentaranse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. O prazo de solicitude remata o día 16 de setembro.
29-Agosto-2022 10:42
Servicios Sociales
CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2021-2022) (2ª CONVOCATORIA)
BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
Quedan excluídos desta convocatoria aqueles/as xoves que tiveran sido beneficiarios/as na anterior convocatoria aprobada polo concello de Ourol (BOP Lugo 150, do sábado 02 de xullo de 2022)
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2021-2022 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 8 de setembro de 2022
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude
- Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2021-2022.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2021-2022.
29-Agosto-2022 09:36
Info General
Están expostas as bases de selección tanto de alumnos participantes como do persoal docente do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
Os postos convocados son:
- 1 director do obradoiro
- 2 monitores/as de carpintaría de madeira
- 1 monitor/a sociosanitaria
- 1 administrador/a a media xornada
Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e 3 de carpintaría de madeira)
Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Concello de Muras e co seguinte horario :
- Director: 9 de setembro ás 9:30 horas
- Administrador/a: 9 de setembro ás 10:30 horas
- Monitor/a de atención sociosanitaria: 9 de setembro ás 11:30 horas
- Monitores/as de carpintaría de madeira: 9 de setembro ás 12:30 horas
- Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 7 de setembro ás 09:30 horas
- Alumnos módulo de sociosanitaria: 8 de setembro ás 09:30 horas
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
25-Agosto-2022 14:13
Emprego
O Instituto Galego de Vivenda e Solo acaba de abrir o prazo para a presentación de solicitudes para o PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Posuir a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do espazo económico Europeo.
- Ter menos de 35 anos, incluida a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da solicitude.
- Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
- Ter subscrito un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición de vivenda con posterioridade a 1/01/2022, salvo para aquelas persoas que tendo solicitada a axuda en 2021 se lles denegara por esgotamento de crédito.
REQUISITOS DA VIVENDAS:
Polo que respecta ás vivendas, estas deberán cumprir as seguintes condicións:
- Estar emprazada nun concello de menos de 10.000 habitantes.
- Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
- O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 120.000 €.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude.
- Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español.
AXUDAS:
Os beneficiarios deste programa poderán acceder ás seguintes axudas:
Subvención de ata 10.800 € por vivenda, co limite máximo do 20 % do prezo de venda.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Ata o 30 de setembro de 2022 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 1 de agosto de 2022 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 154 de 12 de agosto de 2022. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
19-Agosto-2022 13:27
Emprego
Están expostas na sede electrónica e o taboleiro de anuncios da Casa do Concello o Decreto e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición con carácter de urxencia de unha vacante de peon forestal a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol para o Servizo de Protección Ambiental e do Espazo Natural a través do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2022
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %), sendo a data de finalización do contrato do 29 de outubro de 2022.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 23 de agosto de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
17-Agosto-2022 09:56
Emprego
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada parcial (50%)
Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal con duración de ata o 31 de outubro de 2022.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 23 de agosto de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
17-Agosto-2022 09:33
Emprego
