XA ESTÁN CUBERTAS TODAS AS PRAZAS DA LUDOTECA
XA ESTÁN CUBERTAS TODAS AS PRAZAS DA LUDOTECA
23-Junio-2022 12:07
Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa dos novos servicios que prestan os carteiros rurais de Galicia. Os veciños de Ourol poderán a través dos carteiros e carteiras, realizar dende a súa casa:
- O envío e recibo de paquetería.
- O pago de recibos e tributos.
- A compra de embalaxes, sobres e selos
- Xestión de servicios de luz, gas e telefonía.
- Solicitar o envío de diñeiro en efectivo.
23-Junio-2022 10:13
Info General
INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRICOLAS
Unha unidade móbil desprazarase ao concello de Ourol para realizar a Inspección Técnica Periódica de
Vehículos Agrícolas.
Día: 07de xullo de 2022.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Lugar: Praza do Concello.
Pódese solicitar cita previa no teléfono: 902-309000 ou na web: www.sycitv.com
23-Junio-2022 10:04
Info General
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten previsto celebrar no Concello de Ourol un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA.
DESTINATARIOS: Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son:
1.- Grupo de prioridade 1: persoas con vinculación laoral ou formación na materia.
2.- Grupo de prioridade 2: resto de persoal
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 27 ao 29 de xuño de 2022 en horario de 09:00 a 14:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
DURACIÓN: 15 horas
NÚMERO DE PRAZAS: 15
SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle no Anexo II e que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal).
Xunto coa solicitude achegarase tamén:
- Copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte.
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2022 no correo electrónico: formacion@conformaforestal.com
INFORMACION: 981-551704
21-Junio-2022 08:59
Emprego
O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
O prazo de inscrición comeza o día 15 de xuño e rematará o día 23 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (27 de xuño) para persoas non empadroadas. As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 15 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección: registro@concellodeourol.es
O lugar de recepción e recollida de nenos/as participantes na Ludoteca de Verán será no Pavillón Municipal.
Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.
Así mesmo, contarase cun servizo de conciliación de 8:00 a 10:30 h e de 13:30 a 14:00 para aquelas familias que acrediten a necesidade do mesmo. Este servizo será xestionado dende a Casa da Cultura polo que para calquer información e solicitude de praza deben chamar ós teléfonos 982559019/608694051
Para máis información sobre a Ludoteca de Verán pode contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 982559109 ou no 677489457
13-Junio-2022 13:30
Servicios Sociales
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten previsto celebrar no Concello de Ourol un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA.
DESTINATARIOS: Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son:
1.- Grupo de prioridade 1: persoas con vinculación laoral ou formación na materia.
2.- Grupo de prioridade 2: resto de persoal
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 27 ao 29 de xuño de 2022 en horario de 09:00 a 14:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
DURACIÓN: 15 horas
NÚMERO DE PRAZAS: 15
SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle no Anexo II e que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal).
Xunto coa solicitude achegarase tamén:
- Copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte.
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2022 no correo electrónico: formacion@conformaforestal.com
INFORMACION: 981-551704
09-Junio-2022 11:48
Emprego
Empresa de limpeza busca un/unha limpador/a para limpar as oficinas do parque eólico sito na Serra de Sabucedo. Serían dous días cada mes. Imprescidible experiencia e coche. Información: 655-936734
06-Junio-2022 11:54
Emprego
Charla sobre novas oportunidades para a Empresa Rural organizada polo GDR Terras de Miranda en Mondoñedo o día 7 de xuño de 18:00 a 19:30 horas na sede do GDR sita no Pazo de Santo Tomé.
02-Junio-2022 12:25
Emprego
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de SEGURIDADE NO FOGAR DE PERSOAS CON DEMENCIAS co obxectivo de mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral; Proporcionar os coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar; Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.
DIA: 10 de xuño de 2022
LUGAR: Edificio Multiusos
HORA: 16:30 H.
Reserva a túa praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982559109/677489457.
31-Mayo-2022 08:49
Servicios Sociales
Comunicamos que as follas de reclamación para solicitar un médico para Ourol están a disposición de todas as persoas interesadas nas OFICINAS DO CONCELLO.
20-Mayo-2022 10:42
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 29ª xornada da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs S.D. Outeiro de Rei
Sábado 21 de maio
17:00 horas
Entrada gratuita
Este será ó derradeiro partido da tempada en Ourol.
19-Mayo-2022 20:41
Cultura y ocio
Este viernes (ainda que non sexa habitual, será un viernes), no polideportivo municipal de Ourol, partido da 20ª xornada (partido aprazado); da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Covirán Quiroga
Viernes 20 de maio
22:00 horas
Entrada gratuita
19-Mayo-2022 20:36
Cultura y ocio
Todas as persoas que non puideron acudir hoxe para firmar a reclamación dun médico para o concello de Ourol, poden facelo nos vindeiros días xa que quedaron follas de reclamación a disposición dos intersados/as no Centro de Saúde de Ourol.
Lembramos a importancia que ten facer a reclamación dun médico e dun servizo de saúde digno para o noso concello.
Gracias a todas as persoas pola súa colaboración.
19-Mayo-2022 14:07
Info General
LEMBRADE!!!!
Hoxe , 19 de maio de 11:00 h a 13:00 h a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña estará no Centro de saúde de Ourol para recoller firmas en protesta pola ausencia de médico no noso concello.
Desde esta alcaldía pregamos a todos os veciños e veciñas que se acheguen ata o centro de saúde para asinar en protesta pola ausencia de médico e reclamar un servizo digno.
O alcalde
José Luis Pajón Camba
19-Mayo-2022 10:47
Info General
LEMBRADE!!!!
Hoxe , 19 de maio de 11:00 h a 13:00 h a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña estará no Centro de saúde de Ourol para recoller firmas en protesta pola ausencia de médico no noso concello.
Desde esta alcaldía pregamos a todos os veciños e veciñas que se acheguen ata o centro de saúde para asinar en protesta pola ausencia de médico e reclamar un servizo digno.
O alcalde
José Luis Pajón Camba
18-Mayo-2022 12:10
Info General
Aquí vos deixamos o enlace do canal de youtube onde se pode seguir en directo o 4º Rallye Mariña Lucense.
https://www.youtube.com/channel/UCgbyGLws5eBKl-FdSUS1OUQ/featured
12-Mayo-2022 14:50
Info General
Este sábado día 14 temos o IV Rallye Mariña Lucense:
Parroquias afectadas: Xerdiz e Ourol
O tramo no noso concello: Saldrá da Taberna de Xerdiz e rematará en Juan Blanco (300 metros antes da antiga taberna).
Vías afectadas:
LU - 3804: De Belsar a praza de Viveirón
LU - 3811: Dende o salero do cruce de As Rabiñas ata Juan Blanco
Estas estradas estarán cortadas dende as 7:30 da mañá ata as 15:15. Por eso rogamos as persoas habituales desas estradas; que busquen rutas alternativas (nese tramo horario).
O tramo ten unha lonxitude de 11,68 km. Saldrá da Taberna de Xerdiz; en dirección a Viveirón, ata o cruce das Rabiñas situado xunto ó salero; onde se desvían dirección Juan Blanco.
O tramo terá duas pasadas:
Na primeira pasada o primeiro coche saldrá as 8:38
Na segunda pasada o primeiro coche saldrá as 12:14
Estamos ante un evento deportivo de alto nivel; cos mellores pilotos de rallyes de Galicia; por iso animamos a todolos veciños á asistir, así como a extremar as precaucións, respetar a sinalización e as indicacións dos comisarios, chegar con antelación ó punto onde desexamos colocarnos, e sobretodo colocarnos en lugares fora de peligro.
09-Mayo-2022 19:26
Protección Civil
Aquí vos deixamos a información da Novena da Virxe de Fátima que será do 5 ao 13 de maio.
- Cultos diarios: 20:00 h rosario e novena; 20:30 h Eucaristía
- Cultos extraordinarios: Domingo 8 (Día do Enfermo), 13:00 h, 17:00 h e 20:30 h Eucaristía; Luns 9, 20:30 h Celebración Penitancial (Confesións).
- Viernes 13 de maio:
9:00 h: Rosario da Aurora, a continuación Eucaristía.
11:00 h: Eucaristía.
13:00 h: Eucaristía e procesión.
18:00 h: Eucaristía
20:30 h: Eucaristía e procesión
Ver arquivo adxunto
06-Mayo-2022 14:32
Info General
Coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:
Ourol: saída ás 9 h. cara a Loibán, pasar por Sabucedo e subir por Sebrán ata o Foxo, seguir pola Gañidoira, Bestemuz e baixar ata Muras.
Xantar (previa anotación) Restaurante Santi en Muras.
Si estás interesado en participar podes chamar ó teléfono do concello 982 559109.
ANÍMATE E PARTICIPA! Lembra traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza.
04-Mayo-2022 10:53
Cultura y ocio
Vaise proceder a facer unha campaña voluntaria de vacinación antirrábica e de desparasitación contra o quiste hidatídico neste termo municipal.
Para elo se puxo en contacto co concello Julia Crespo (colexiada 1387) que xa fixo en anos anteriores esta campaña.
A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
Os prezos destes servizos son:
- Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 euros.
- Implantación do microchip con crédito alta Regiac: 35 euros.
O calendario de vacinación será o seguinte:
- MARTES 24 DE MAIO: PARROQUIAS DE XERDIZ, MIÑOTOS E OUROL
- MERCORES 25 DE MAIO: PARROQUIAS DE MERILLE, BRAVOS, SISTO, AMBOSORES E SAN PANTALEON.
Para confirmar o seu interese, así como nos seguintes supostos: se non vacinou o seu can o ano pasado ou non puidese facelo nas datas sinaladas prégase se poña en contacto co veterinario resonsable da campaña no seguinte teléfono: Julia Crespo: 628-276428.
04-Mayo-2022 10:28
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 26ª xornada da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Restaurante Galicia Agolada
Sábado 30 de abril
16:30 horas
Entrada gratuita
28-Abril-2022 15:03
Cultura y ocio
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de Primeiros Auxilios co obxectivo de adquirir coñecementos e habilidades sobre o manexo de situacións que requiran actuacións de primeios auxilios básicos (asistencia ante feridas e hemorraxias, dificultades respiratorias, dor torácica, convulsións, queimaduras, síncopes, picaduras ou mordeduras, reanimación cardiopulmonar básica, atragoamento...etc
DIA: 3 de maio de 2022
LUGAR: Edificio Multiusos
HORA: 16:30 H.
Reserva a túa praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982559109/677489457.
19-Abril-2022 08:43
Servicios Sociales
Durante o mes de abril, con motivo do Día do libro, a biblioteca de Ourol entregará un regalo a todos os socios/as que leven un libro en préstamo. Hai regalos para os nenos/as e tamén para os adultos!!
Se aínda non eres socio/a, a que estás esperando? Tes moitos servizos a túa disposición (catálogo online, un carné para todas a bibliotecas, plataforma do libro electrónico en galego e castelán, acceso a todas as novidades...
Pregúnta na biblioteca.
11-Abril-2022 12:32
Biblioteca
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 24ª xornada da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Bigmat Lucas - Alto do Vento F.S. (Santiago de Compostela)
Sábado 9 de abril
17:30 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e beber na instalación.
07-Abril-2022 15:58
Cultura y ocio
Este mes estamos de festa. A festa do libro e na biblioteca de Ourol queremos celebralo con todos os nosos socios e socias; así que decidimos que cada socio e socia, infantil e adulto, que colla un libro en préstamo durante o mes de abril recibirá... un agasallo!!! Vamos, anímate a celebrar con nós este mes tan importante!! Ven buscar o teu agasallo!
07-Abril-2022 09:37
Biblioteca
