No mes de marzo imos realizar varias actividades que teñen por obxectivo educar en igualdade; comezamos o día 4 de marzo con esta actividade de títeres de Micromina Teatro!
No mes de marzo imos realizar varias actividades que teñen por obxectivo educar en igualdade; comezamos o día 4 de marzo con esta actividade de títeres de Micromina Teatro!
15-Febrero-2022 09:13
Cultura y ocio
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
DESTINATARIOS
Todas as persoas interesadas, maiores de 16 anos.
MODALIDADE
Cursos presenciais e cursos en liña
REQUISITOS PARA OS CURSOS EN LIÑA
Dispoñer dun equipo informático que cumpra cos seguintes requisitos técnicos:
- Ordenador con conexión a Internet.
- Conta de correo electrónico.
- Micrófono ou calquera medio alternativo que permita gravación de voz.
- Recomendase navegador web última versión de Firefox.
PRAZO DE SOLICITUDE
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. Só se pode inscribir nun único curso.
O prazo de presentación remata o día 7 de marzo do 2022.
MAIS INFORMACIÓN
Doga nº 30, do luns 14 de febreiro de 2022.
No teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol)
14-Febrero-2022 09:38
Biblioteca
Desprazamento da unidade móbil ao Concello de Ourol na campaña de doazón de sangue. Que terá lugar o día 21 de febreiro de 2022:
Ourol: Unidade móbil fronre ao Concello de 10:30 a 12:00 horas
Bravos:Unidade móbil ao caron da Igrexa de 12:30 a 14:00 horas
09-Febrero-2022 14:10
Info General
AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DE PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIADORAS
MODALIDADE DE RESPIRO NO FOGAR (para a contratación de persoal legalmente acreditado ou de servizos de axuda no fogar contratados con entidades autorizadas durante os períodos de descanso do coidador ou para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais ou enfermidade ou accidente da persoa coidadora
MODALIDADE DE RESPIRO EN RESIDENCIA (para cubir o custo das estancia temporal en centro residencial durante os períodos de descanso do coidador ou para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais ou enfermidade ou accidente da persoa coidadora)
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de outubro de 2022
07-Febrero-2022 12:55
Servicios Sociales
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES
OBXECTO:
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
- Revestimento e/ou pintado de parámetros cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solución cosntrutivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
- Renovación do acabamento dos parámetros cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.
- Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solcucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
- Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación.
REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionadas.
Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
- Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas
- Gastos correspondentes a honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos.
- Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN:
O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
PRAZO E SOLICITUDES:
Ata o 21 de febreiro de 2022, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes.
INFORMA:
Resolución do 20 de decembro de 2021 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 12 de data de 19/01/2022)
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
28-Enero-2022 10:07
Emprego
Dende a Asociación de discapacitados activos de As Pontes, "A Xanela", nos piden difusión para a CHARLA SOBRE A REFORMA DA LEI EN MATERIA DE CAPACIDADE XURÍDICA DAS PERSOAS (LEI 8/2021, DE 2 DE XUÑO), que terá lugar o vindeiro día 11 DE FEBREIRO DE 2022 ÁS 11:00 H. NA CASA DOPESO EN AS PONTES.
Esta charla está dirixida tanto a profesionais como a familias ou persoas que lles poida resultar de interese.
Para inscribirse poden contactar co departamento de servizos sociais do Concello de Ourol ou ben directamente coa Asociación a través dos seguintes teléfonos: 981 45 24 16 - 607 23 02 49 (Laura Vilaboy - Educadora Social)
26-Enero-2022 11:09
Servicios Sociales
Dende o Comité de Etica asistencial da Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, nos están a pedir a colaboración para a difusión da xornada que están a organizar dende o comité.
Esta xornada O FINAL DA VIDA, está aberta á participación de toda a poboación xeral e terá lugar o día 3 DE FEBREIRO DE 2022 ÁS 17:00 H. NA CASA DA CULTURA DE BURELA
24-Enero-2022 13:47
Servicios Sociales
Este programa ten como finalidade a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de excursións dentro da provincia de Lugo. Os servizos incluídos son: transporte para os traslados de ida e volta desde os lugares de orixe, poliza de seguro, xantar e entradas e visitas a diferentes lugares. Cada grupo irá acompañado de guía. As entidades beneficiarias deben escoller un de entre os 37 itinerarios elaborados nas bases do programa. As excursións terán lugar entre os meses de marzo e xuño e de setembro e novembro, en días laborables. En cada excursión poderán participar un máximo de 23 persoas e un mínimo de 11. O programa terá carácter gratuíto para as entidades beneficiarias. Presentación de solicitudes: o prazo remata o día 1 de febreiro do 2022. Mais información no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, nº 012 do luns, 17 de xaneiro do 2022, no teléfono 982 55 90 19 ou na Casa da Cultura.
18-Enero-2022 09:52
Info General
ORDE DO 16 DE DECEMBRO DE 2021 POLA QUE SE REGULA AS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUMINISTRO ELÉCTRICO ÓS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (DOG Nº 7 DE 12 DE XANEIRO DE 2022)
OBXECTO: AXUDAR AO PAGAMENTO DA FACTURA ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (PRECARIEDADE ECONÓMICA, DESEMPREGO, DIFICULTADES DE INSERCIÓN SOCIAL E OU LABORAL...ETC)
SUBVENCIÓN E CONTÍA: OS GASTOS SUBVENCIONABLES SERÁN O 50% DO IMPORTE DAS FACTURAS DE ELECTRICIDADE. A CONTÍA DA SUBVENCIÓN SERÁ UNHA CANTIDADE FIXA POR SOLICITANTE DE 300€/ANO, OU DE 450€ NO CASO DE FAMILIAS NUMEROSAS.
PRAZO DE SOLICITUDE: ATA O 31 DE OUTUBRO DE 2022
PARA MÁIS INFORMACION E/OU SOLICITUDES PODEN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DON CONCELLO DE OUROL (982559109)
14-Enero-2022 11:41
Servicios Sociales
Para fillos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
Familias que non superen unha renda de 45000€ ó ano.
A contía da axuda é de 1200€ durante 1 ano a razón de 100 € ó mes. No casos de tratarse do terceiro/a fillo/a ou sucesivos/as, a axuda será de 2400€ ó ano.
Se a persoa solicitante é residente nun concello de menos de 5000 habitantes, a axuda incrementarase nun 25%.
O prazo de solicitude é de 2 meses a partir do día seguinte ó nacemento.
Para máis información e soliciturde poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do Concello de Ourol ou chamar ó 982559109/677489457
14-Enero-2022 11:28
Servicios Sociales
A partires do luns 27 de decembro ata o 5 de xaneiro todos os nenos e nenas que o desexen poderán deixar a súa carta aos Reis Magos no buzón que as súas Maxestades deixaron na Casa da Cultura en horario de 10:00 h. a 14:00 h.
23-Diciembre-2021 09:49
Cultura y ocio
A mellor maneira de rematar as vacacións de Nadal cunha viaxe a Lugo para poder ver ao esquío Quío e gozar dun montón de atraccións (carrusel, coches de choque, saltamontes...)obradoiros de animación, ludeteca para os máis pequenos...
9 de xaneiro de 2022 de 16:30 h. a 20:30
Totalmente gratuito
Un acompañante adulto por unidade familiar
Saída en autobús desde o concello ás 14:30 h.
Prazo para anotarse ata o 3 de xaneiro de 2022 na Casa da Cultura, ou ben, no teléfono 982 55 90 19
21-Diciembre-2021 12:24
Cultura y ocio
AINDA QUEDAN PRAZAS VACANTES PARA O CAMPAMENTO DE NADAL, PARA NENAS E NENOS EMPADROADOS NO CONCELLO DE OUROL.
20-Diciembre-2021 14:27
Servicios Sociales
O día 24 de decembro de 11:00 h. a 12:30 h. no Edificio Multiusos teremos a visita de Papa Nöel que recollerá as cartas dos nenos e nenas que se acheguen a visitalo. Non perdas esta oportunidade de poder pasar uns momentos inolvidables con Papa Nöel.
20-Diciembre-2021 13:16
Cultura y ocio
O día 23 vainos visitar unha carteira que trae unhas cartas moi especiais. Unha de Clementina, unha tartaruga que viaxa polo mundo, outra da elefantiña Rosa Caramelo e moitas outras. Para descubrir que mais nos trae esta carteira vente ao multiusos de Ourol e pasa un momento moi divertido con nós!!
15-Diciembre-2021 11:08
Biblioteca
O día 23 vainos visitar unha carteira que trae unhas cartas moi especiais. Unha de Clementina, unha tartaruga que viaxa polo mundo, outra da elefantiña Rosa Caramelo e moitas outras. Para descubrir que mais nos trae esta carteira vente ao multiusos de Ourol e pasa un momento moi divertido con nós!!
14-Diciembre-2021 12:52
Biblioteca
Xa están dispoñibles os calendarios do ano 2022. Pódense recoller nas dependencias municipais ou na biblioteca. Queremos tamén agradecer a colaboración de todas as persoas que prestaron as súas fotografías para facer este calendario. Moitas gracias.
09-Diciembre-2021 13:50
Info General
O Concello de Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. Este campamento levarase a cabo no Edificio Multiusos, entre os días 22 e 31 de decembro en horario de 10:30 a 13:30 h. Para anotarse nesta actividade deben acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou nos teléfonos 982559109 / 677489457. A data límite para anotarse será o vindeiro venres 17 de decembro.
09-Diciembre-2021 13:02
Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa que se suspende o curso de Manexo de Estrés e Ansiedade que estaba previsto realizar hoxe día 9 de decembro ás 16:30. O curso queda suspendido por motivos persoais da persoa docente.
Está previsto que se realice para o vindeiro mes de xaneiro. Unha vez dispoñamos de data será publicado de novo.
09-Diciembre-2021 12:52
Servicios Sociales
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso sobre MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE cos seguintes obxectivos:
- Aprender a xestionar as emocións.
- Conseguir un manexo axeitado do estrés e ansiedade.
- Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dolo...etc
Este curso terá lugar o día 9 de decembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982559109/ 677489457 para anotarse.
03-Diciembre-2021 08:53
Servicios Sociales
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 2ª xornada (aprazada no seu momento) da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Jogafán Ordenes (Ordenes)
18:00 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e hai que gardar a distancia de seguridade entre non convivintes.
01-Diciembre-2021 19:19
Cultura y ocio
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e recordar os que faleceron por enfermidades relacionadas ca sida.
Cada Día Mundial da Sida xira en torno a un tema diferente. Este ano o lema é: Poñer fin ás desigualdades. Poñer fin á sida. Poñer fin ás pandemias.
Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saude en todo o mundo. Dende entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reunense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.
O Concello de Ourol, como en anos anteriores, únese ó chamamento de ONUSIDA para recordar neste día a importancia da pandemia por VIH no mundo. Instalaranse dúas mesas informativas, unha na casa da cultura e outra no concello, con diversos materiais divulgativos.
01-Diciembre-2021 10:12
Servicios Sociales
CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
LUGAR E PRAZO DE SOLITUDES:
Nos servizos sociais municipais
Ata o 31 de decembro de 2021 para os turnos de febreiro a agosto de 2022
Ata o 15 de maio de 2022 para os turnos de setembro a decembro de 2022
Para inclusión en lista de espera de prazas:
14 de maio de 2022 para os turnos de febreiro a agosto de 2022
30 de outubro de 2022 para os turnos de setembro a decembro de 2022
29-Noviembre-2021 13:00
Servicios Sociales
VIOLENCIA DE XÉNERO, SINAIS E RECURSOS PARA A CIDADANÍA
LUNS 29 DE NOVEMBRO
17:00 H.
EDIFICIO MULTIUSOS DE OUROL
22-Noviembre-2021 10:42
Servicios Sociales
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 8ª xornada da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Villa de Cee Hotel La Marina (Cee)
18:00 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e hai que gardar a distancia de seguridade entre non convivintes.
17-Noviembre-2021 20:26
Cultura y ocio
