Recorrido e paradas da liña de Bus da empresa ARRIVA polo Concello de Ourol durante a tempada estival
Recorrido e paradas da liña de Bus da empresa ARRIVA polo Concello de Ourol durante a tempada estival
21-Julio-2021 10:12
Info General
CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2020-2021)
BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2020-2021 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21 de xullo de 2021
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude
- Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das matrias correspondentes á matrícula do curso 2020-2021.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2020-2021.
06-Julio-2021 09:16
Emprego
- Este programa ten como finalidade a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de excursións dentro da provincia de Lugo no marco do programa “Coñece a túa provincia”.
- Servizos incluídos: a excursión concedida a cada entidade beneficiaria incluirá o transporte para os traslados de ida e volta desde os lugares de orixe, poliza de seguro, xantar e entradas e visitas a diferentes lugares. Cada grupo irá acompañado dun guía acompañante.
- As entidades beneficiarias deben escoller un de entre os 37 itinerarios elaborados nas bases do programa. As excursións Terán lugar entre os meses de setembro e novembro, en días laborables. En cada excursión poderán participar un máximo de 23 persoas e un mínimo de 11.
- O programa terá carácter gratuíto para as entidades beneficiarias.
- A presentación de solicitudes remata o día 30 de xullo do 2021. A orde de concesión establecerase de acordó á orde de presentación das solicitudes.
- Para máis información consultar o BOP nº 147 do mércores 30 de xuño do 2021 ou no teléfono 982 559019.
30-Junio-2021 12:22
Info General
Unha unidade móbil desprazarase ao concello de Ourol para realizar a Inspección Técnica Periódica de Vehículos Agrícolas.
Día: 12 de xullo de 2021.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Lugar: Praza do Concello.
Pódese solicitar cita previa no teléfono: 902-309000 ou na web: www.sycitv.com
23-Junio-2021 09:40
Info General
Ante a gran demanda que se está a producir para a activación do Carné Xove a Consellería de Política Social acaba de activar un formulario para realizar a activación do Carné Xove de forma telemática.
A partir de hoxe ás 12:00 h estará a disposición dos usuarios/as un formulario na páxina web de Xuventude no que poderán cubrir os seus datos. Posteriormente, ese formulario cuberto transcribirase á aplicación interna que manexamos para activar os carnés. Finalmente, o mozo/a recibirá un correo electrónico no que se lle comunicará o seu número de carné, de xeito que poida escribilo á man na propia tarxeta e, desta forma, ter o seu documento activado.
En todo caso, será unha alternativa que non eliminará a posibilidade de facer o trámite de forma presencial nos locais actuais.
Para calquera información poden poñerse en contacto coa OMIX do Concello de Ourol: 982 55 90 19
21-Junio-2021 09:40
OMIX
A Consellería de Política Social está a enviar ós mozos e mozas de entre 12 e 30 anos o novo Carné Xove de forma totalmente gratuíta. Para poder utilizar este carné é necesario activalo nos espazos habilitados para ese fin. Todos os usuarios/as que o recibisen poden acudir para activalo ao Espazo Xove de Viveiro.
Será necesario pedir cita previa no 982 870 956.
Para calquera dúbida relacionada con este carné poden chamar a OMIX do Concello de Ourol: 982 55 90 19.
17-Junio-2021 13:57
OMIX
O CONCELLO DE OUROL COMUNICA QUE XA ESTÁN CUBERTAS AS 20 PRAZAS OFERTADAS PARA A LUDOTECA DE VERÁN 2021. DASE POR PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDE QUE REMATARÍA O DÍA 17 DE XUÑO PARA PERSOAS EMPADROADAS.
AS ACTIVIDADES DARÁN COMEZO O DÍA 1 DE XULLO ÁS 10:30 NO EDIFICIO MULTIUSOS E REMATARÁN O 31 DE AGOSTO.
RECORDAMOS QUE O SERVIZO DE CONCILIACIÓN (8:30-10:30) DARÁ COMEZO O DÍA 5 DE XULLO PARA AQUELAS PERSOAS QUE TEÑEN SOLICITADA A PRAZA.
16-Junio-2021 12:01
Info General
CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA PERSOAS COIDADORAS DENTRO DO PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR (Consellería de Política Social. Xunta de Galicia)
- OBXECTO: Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadores
- MODALIDADES:
- Respiro no Fogar
- Respiro en Residencia
- PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria
- REQUISITOS:
- Que a persoa coidadora solicitante ou a a persoa ou persoas ás que atenda residan na Comunidade Autónoma de Galicia
- Que a persoa que se atende presenta calquera das seguintes situación:
o Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecido polo organismo competente unha discapacidade igual ou superior ó 75%
o Ter recoñecida unha situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III
o Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
- TIPO DE AXUDA E CONTÍA
- MODALIDADE DE RESPIRO:
o Prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxecttivo de ofertarlle ó seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para contribuir ás súas necesidades puntuais derivadas da conciliaciónd as obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.
o Deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora.
o A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións e cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano
- MODALIDADE DE RESPIRO RESIDENCIA:
o Consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.
o As persoas coidadoras solicitantes da subvención serán as que aboen o importe total da estadía que hai que pagar
o A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións previstas cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano
o Os centros residenciais elixidos deberán estar autorizados pola Consellería de Política social
- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de setembro de 2021
- PERÍODO SUBVENCIONABLE: Dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021
10-Junio-2021 14:12
Servicios Sociales
O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
O prazo de inscrición comeza o día 10 de xuño e rematará o día 17 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (18 de xuño para persoas non empadroadas). As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 10 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección: registro@concellodeourol.es
O lugar de recepción e recollida de nenos/as participantes na Ludoteca de Verán será no Edificio Multiusos do Concello.
Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.
Esta actividade realizarase seguindo todas as medidas de protección e seguridade contra o COVID-19, segundo as directrices dictadas dende as autoridades sanitarias competentes.
Así mesmo, contarase cun servizo de conciliación de 8:30 a 10:30 h. para aquelas familias que acrediten a necesidade do mesmo. Este servizo estará ubicado no Edificio Multiusos do Concello e dará comezo o día 5 de xullo de 2021. A solicitude do mesmo realizarase entre os días 10 de 17 de xuño, a través dun modelo que se lles facilitará a aquelas persoas que o soliciten.
Para máis información sobre a Ludoteca de Verán pode contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 982559109 ou no 677489457
08-Junio-2021 13:05
Servicios Sociales
Dende a Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI), contando coa colaboración do Concello de Ourol, ofértase un curso de Inglés Básico para o emprego (modalidade on line) para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade. Este curso levarase a cabo dende o 14/06/21 ata o 06/07/2021, de luns a venres en horario de 11:00 a 12:00 horas. Trátase dunha actividade totalmente gratuita dirixida a persoas desempregadas e con poucos recursos económicos. Para máis información ou anotarse na actividade poden chamar ó departamento de servizos sociais do Concello de Ourol (982559109).
26-Mayo-2021 13:35
Info General
Actos de la festividad de la Virgen de Fátima en la parroquia de Santiago de Bravos
06-Mayo-2021 09:32
Info General
Con motivo da rodaxe dunha curtametraxe na Serra do Xistral e arredores, a productora necesita actores e invita a xente de Ourol, que encaixe nos perfís que buscan, a participar en dita curtametraxe.
Ver documento adxunto.
Para dúbidas poden chamar ó tlf: 982 55 90 19 (Casa da Cultura).
30-Abril-2021 12:22
Cultura y ocio
Vaise proceder a facer unha campaña voluntaria de vacinación antirrábica e de desparasitación contra o quiste hidatídico neste termo municipal.
Para elo se puxo en contacto co concello Julia Crespo (colexiada 1387) que xa fixo en anos anteriores esta campaña.
A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
Os prezos destes servizos son:
- Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 euros.
- Implantación do microchip con crédito alta Regiac: 35 euros.
O calendario de vacinación será o seguinte:
- MERCORES 28 DE ABRIL: PARROQUIAS DE XERDIZ, MIÑOTOS E OUROL
- VENRES 30 DE ABRIL: PARROQUIAS DE MERILLE, BRAVOS, SISTO, AMBOSORES E SAN PANTALEON.
Para confirmar o seu interese, así como nos seguintes supostos: se non vacinou o seu can o ano pasado ou non puidese facelo nas datas sinaladas prégase se poña en contacto co veterinario resonsable da campaña no seguinte teléfono: Julia Crespo: 628-276428.
09-Abril-2021 12:31
Info General
INFORMACIÓN PLANTACIÓN PATACAS NO CONCELLO DE OUROL
26-Marzo-2021 11:41
Info General
OBXECTO: Subvencións para a instalación de receptores vía satélite (SAT-TDT), naquelas vivendas do termo municipal de Ourol, que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou este sexa deficiente e facilitar, deste xeito, a súa captación a través do sistema de difusión satélite.
REQUISITOS:
a) Estar empadroado no concello de Ourol na vivenda onde se vaia facer a instalación, antes do 01/10/2020, e que esta sexa a vivenda habitual, na que se dea a condición de que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou esta sexa deficiente.
b) Aportar un informe técnico realizado por un distribuidor autorizado (www.sattdt.es), onde se acredite que no domicilio non se recibe o sinal da TDT, ou este sexa deficiente e no que a instalación do devandito receptor é a única posibilidade.
c) As facturas serán abonadas a través de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portillo ou certificación bancaria, non admitíndose ningún outro modo de pagamento das mesmas.
SUBVENCIÓN: Consideranse gastos subvencionables o custo do receptor TDT-SAT e os gastos derivados da súa instalación, máis a sintonización das canles no dispositivo instalado, (IVE incluído), ata un máximo de 400 € por domicilio. Os gastos subvencionados deben realizarse antes do 15/05/2021.
As instalacións deben ser efectuadas por unha persoa física ou xurídica, que teña a condición de distribuidor autorizado, inscirto no rexistro de instaladores (www.sattdt.es ) .
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 15 de maio de 2021.
DOCUMENTACIÓN:
- Modelo de solicitude (BOP nº 60 de 15/03/2021)
- Copia compulsada do DNI
- Certificación conta bancaria
- Copia compulsada da factura emitida.
- Copia compulsada dos xustificantes bancarios, acreditativos do pago da factura
- Certificado de medidas de cobertura terrestre, segundo Anexo da orde da convocatoria.
- Certificado de empadroamento.
- Documentación adicional da orde da convocatoria.
INFORMACIÓN:
- Bases da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 060 de data de 15/03/2021. Concello de Ourol. Tfno: 982-559109
23-Marzo-2021 14:00
Info General
A Biblioteca de Ourol ofrece un novo servizo de WhatsApp para facilitar a comunicación entre os usuarios e usuarias e a propia biblioteca.
A través deste servizo podes enviarnos propostas de libros que consideres que a biblioteca debe adquirir, facer reservas, renovar os libros que tedes prestados ou calquera outra comunicación relacionada co serivzo.
O noso número é: 608694051
11-Marzo-2021 09:46
Biblioteca
O vindeiro luns 8 de marzo, Día internacional da muller 2021, realizarae un acto institucional con lectura da Declaración aprobada pola FEMP, na que reafirmamos a nosa posición en defensa da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Este acto terá lugar ás 12:00 diante do Concello.
05-Marzo-2021 13:08
Info General
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLAS E FILLOS NO CONCELLO DE OUROL
PUBLICADAS NO BOP NÚM. 047 – Sabado, 27 de febreiro de 2021 (http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75159)
OBXECTO DAS AXUDAS:
Subvencións para familias do Concello de Ourol por nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a e ata que a nena ou neno cumpra os 3 anos.
CONTÍA DAS AXUDAS:
A contía da axuda por nacemento ou adopción de nena ou neno será de ata 600€ por cada un, e será compatible con calquera outra axuda que se perciba por este motivo procedente doutras administracións.
- Solicitantes con fillos/as menores de 1 ano á data de solicitude: 600€
- Solicitantes con fillos/as de entre 1 e 2 anos á data de solicitude: 480€
- Solicitantes con fillos/as de entre 2 e 3 anos á data de solicitude: 360€
REQUISITOS:
- Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España
- Que polo menos un dos proxenitores figure empadroado no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de 9 meses.
- A nai ou o pai así como os fillos/as polos que se solicita a axuda, deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, por un período mínimo de 1 ano despois de rematado o cobro das axudas
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN :
As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol segundo o modelo oficial. Xunto coa solicitude acompañarase a seguinte documentación:
- DNI da persoa ou persoas solicitantes.
- Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción.
- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio presentarase fotocopia do convenio e/ou sentenza xudicial que atribúa a garda e custodia do menor que orixine a axuda.
- Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Poderán presentar as solicitudes aquelas persoas que reunan os requisitos establecidos das bases a partir do día seguinte ó nacemento do/a fillo/a ou á resolución xudicial ou documento análogo constitutivo da adopción ou, neste último caso, da notificación ao solicitante e ata que o /a neno/a cumpra os 3 anos de idade.
01-Marzo-2021 12:51
Servicios Sociales
Desde o pasado mércores 17 de febreiro, a nosa biblioteca retomou o seu horario habitual de apertura. Lembra que podes chamar ó teléfono 982 55 90 19 para reservar libros ou para renovar. Tamén podes pasarte polas nosas dependencias para coñecer as últimas novidades e levar as lecturas escolares dos colexios e institutos da contorna.
Síguenos en Facebook ou en Instagram
19-Febrero-2021 12:13
Biblioteca
O Concello de Ourol quere recordar
que hoxe, 11 de febreiro, se celebra o Día Internacional da Muller e
a Nena na Ciencia.
Con
motivo da celebración deste día, queremos darvos a coñecer a
existencia dunha obra levada a cabo por un grupo de investigadoras da
Universidade de Sevilla na que queren visibilizar a vida de diversas
científicas ó longo da historia: Hipatia de Alejandría
(matemática, filósofa e inventora de diversos artiluxios como o
hidrómetro ou destilador de auga), Ada Lovelace (primeira
programadora da historia; creadora do primeiro algoritmo destinado a
ser procesado por unha máquina), Marie Curie (descubridora das
propiedades da radiación e de novos elmentos químicos como o radio
e o polonio), Rosalind Franklin (descubridora da estructura do ADN) e
Hedy Lamarr (sentou as bases de teconoloxías actuais como o WIFI ou
GPS). Esta obra recentemente foi adaptada a formato CÓMIC para
facela chegar ó maior público posible infantil e xuvenil.
Nas
páxinas deste cómic as rapazas e rapaces, ademais de coñecer a
vida e obra de importantísimas investigadoras ó longo da historia
tamén acabarán coñecendo o traballo realizado na actualidade por
moitas mulleres en España no ámbito da ciencia. O cómic pódese
descargar gratuitamente no seguinte enlace
http://institucional.us.es/cientificas/sdm_downloads/comic-alta-resolucion/
Dende
o Concello queremos incidir na importancia da educación en igualdade
e que as rapaces e rapaces conten con referentes femininos no mundo
da ciencia. Coa lectura de obras como a que vos presentamos cúmprese
o doble obxectivo de que as nenas vexan que as mulleres poden facer
carreira no ámbito da ciencia e que os nenos aprendan que os logros
os conseguen as persoas, independentemente do seu xénero, idade ou
nacionalidade.
11-Febrero-2021 12:54
Info General
Biblioteca Municipal de Ourol: @biblioourol
Comezamos a nosa andaina nesta rede social. Esperamos que as cousas que publiquemos vos gusten e nos acompañedes nesta nova aventura!
11-Febrero-2021 09:21
Biblioteca
Dende o Concello de Ourol infórmase dunha alerta da Garda Civil sobre a existencia dunha estafa telefónica a persoas maiores por parte de persoas que se fan pasar por profesionais de Cruz Vermella ofrecéndolles a vacuna contra a covid-19 a cambio de ter que facilitarlles unha serie de datos persoais que serán empregados con fins estafadores.
Solicitamos que se preste a máxima atención a este tipo de estafas e que nunca se proporcionen datos persoais por vía telefónica.
05-Febrero-2021 14:38
Info General
Aviso da detección dun erro no prazo de presentación de solicitudes para os cursos Celga:
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de febreiro.
03-Febrero-2021 10:49
Biblioteca
DESTINATARIOS
Todas as persoas interesadas, maiores de 16 anos.
MODALIDADE
Cursos presenciais: celga 3 e celga 4.
Cursos en liña: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
REQUISITOS PARA OS CURSOS EN LIÑA
Disponer dun equipo informático que cumpra cos seguintes
requisitos técnicos:
-
Ordenador con conexión a Internet.
-
Conta de correo electrónico.
-
Micrófono ou calquera medio alternativo
que permita gravación de voz.
-
Recomendase navegador web última versión
de Firefox.
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 18 de febreiro. As solicitudes faranse principalmente
por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
INFORMACIÓN
Doga nº 22, do mércores 3 de febreiro de 2021.
No teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol)
03-Febrero-2021 09:50
Biblioteca
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2021 para: a) Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares
b) Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares
BENEFICIARIOS:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial
b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotar o crédito.
A) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, …)
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema
c) O custo do sistema de almacenamento e de alimentación do combustible
d) O custo de montaxe e conexionado.
e) No caso de enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes,etc.
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
O custo elixible máximo por vivenda variará en función da enerxía utilizada: 12.000 (xeotermia) e 6.000 (aerotermia e solar térmica)
A intensidade máxima da axuda será do 50 %, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30 %.
A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €
B) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
a) Os paneis fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, protección, cableado, equipamentos de medidas, etc …), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistema de acumulación con baterías
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e o conexionado, a dirección de obra.
e) O IVE, cando non sexa recuperable
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
A intensidade máxima da axuda será do 50 %
A contía máxima da axuda por proxecto será de 25.000 €
Adicionalmente establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
Inicio solicitudes: A partir do 1 de marzo de 2021 para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (Biomasa), 2 de marzo (Aerotermia), 5 de marzo (Xeotermia e Solar Termica) e partir do 3 de marzo de 2021 para proxectos de enerxía solar fotovoltaica.Fin solicitude: 1 de xullo de 2021 (incluido) ou ata esgotar o crédito.
INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 10 do 18 de xaneiro de 2021. Cita previa: 981-541500
Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
25-Enero-2021 14:23
Emprego
