INFORMACIÓN DE INTERESE PARA FAMILIAS E PROFESIONAIS
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA FAMILIAS E PROFESIONAIS
10-Mayo-2019 14:27
Servicios Sociales
O luns, 6 de maio ás 10:00 h, comeza esta actividade. Xa están anotadas 21 persoas. A que esperas? Aínda estás a tempo de participar chamando ó teléfono 982 55 90 19. Anímate a participar!
03-Mayo-2019 12:27
Info General
A banda de música "O Landro" de Viveiro ofrece o próximo día 4 de maio ás 20:30 h o concerto "Un día no circo" na Igrexa Parroquial de Bravos. Esperamos a vosa asistencia. Entrada libre.
03-Mayo-2019 12:23
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 25ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Os Meigallos (Sarria) Sábado 4 de maio 17:00 horas Entrada gratuita
02-Mayo-2019 16:29
Cultura y ocio
A banda de música "O Landro" de Viveiro ofrece o próximo día 4 de maio ás 20:30 h o concerto "Un día no circo" na Igrexa Parroquial de Bravos. Esperamos a vosa asistencia. Entrada libre.
30-Abril-2019 12:14
Info General
- Estás preocupado pola túa saúde? - Gustaríache cambiar os teus hábitos de alimentación? - Tes dor de espalda, pernas, ombros e non sabes que facer? - Tes nenos pequenos e queres aprender trucos para a súa alimentación ou para durmilos? - Queres aprender a mover pesos? - Queres aprender a camiñar correctamente? Si a resposta a maioría destas preguntas e SI acompáñanos no PROGRAMA OUROL SAUDABLE e aprenderás como facelo. Durante os meses de maio e xuño todos os luns reunirémonos e falaremos dos temas de saúde que mais che interesen e, cando o tempo o permita faremos exercicios no parque bio-saudable e no paseo da Rega. Queremos que veñas e si non é posible buscaremos a forma de adaptarnos para que poidas asistir.
24-Abril-2019 11:11
Info General
Hoxe celébrase o día do libro e desde a Biblioteca de Ourol animámoste a celebralo da mellor maneira: lendo un libro. Escolle o que máis che guste na nosa biblioteca: misterio, aventuras, ciencia ficción, novela contemporánea, novela histórica, novela romántica, libros de lectura fácil, clásicos, infantil, xuvenil...
23-Abril-2019 09:14
Biblioteca
O Goberno local do Concello, vén de acadar un acordo beneficioso para os intereses municipais, co promotor do parque eólico Pena Ventosa, no que se compromete a mellorar o trazado e a botar un novo firme de aglomerado en quente, nas vías municipais empregadas nas obras do parque, e o máis importante, é que non suporá ningún custe, para arcas municipais. As vías municipais afectadas, son a de Sebrán na parroquia do Sisto a Leganitos (Muras), e a do Alto da Veiga no Sisto a carreteira provincial CP 3805, polo que se pide PRECAUCIÓN e paciencia.
15-Abril-2019 14:00
Info General
A BPM de Ourol recoméndache estas lecturas para as vacacións de Semana Santa. Unha selección de 5 libros en castelán e outros 5 en galego que están dispoñibles na nosa biblioteca.
12-Abril-2019 14:25
Biblioteca
- Estás preocupado pola túa saúde? - Gustaríache cambiar os teus hábitos de alimentación? - Tes dor de espalda, pernas, ombros e non sabes que facer? - Tes nenos pequenos e queres aprender trucos para a súa alimentación ou para durmilos? - Queres aprender a mover pesos? - Queres aprender a camiñar correctamente? Si a resposta a maioría destas preguntas e SI acompáñanos no PROGRAMA OUROL SAUDABLE e aprenderás como facelo. Durante os meses de maio e xuño todos os luns reunirémonos e falaremos dos temas de saúde que mais che interesen e, cando o tempo o permita faremos exercicios no parque bio-saudable e no paseo da Rega. Queremos que veñas e si non é posible buscaremos a forma de adaptarnos para que poidas asistir. Apúntate!!!
11-Abril-2019 11:34
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 23ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Lodairo (Narón) Sábado 13 de abril 17:30 horas Entrada gratuita
10-Abril-2019 13:41
Cultura y ocio
O equipo do Goberno local, do Concello de Ourol, adxudicou obras de reforzo e rehabilitación do firme, da varias pistas municipais, que se atopan cun firme irregular e envellecido. As obras consistirán na limpeza de cunetas, e colocación dun novo firme de aglomerado en quente na pista de acceso a Penaseixo en Bravos. Tamén se mellorará o acceso a Burgas en San Pantaléon, mellorando o firme mediante dobre rego e limpando as cunetas, finalmente actuarase no firme da pista, que da acceso a parroquia de San Pantaleón, que se atopa con peladuras e fochas xeneralizadas. Dende o Concello continuarase nesta liña, mellorando as vías do concello, sendo unha prioridade dende o comenzo deste mandato, co obxectivo de mellorar a seguridade e a comodidade na circulación.
08-Abril-2019 14:00
Info General
A deputación de Lugo, en colaboración do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, presta un servizo profesional de orientación socio-laboral, gratuito, dirixido aos colectivos máis desfavorecidos e/ou con dificultades económicas. Inclúe asesoramento e información sobre as seguintes materias: Prestacións, pensións, conflictos laborais, prestacións da seguridade social, prestacións por desemprego, contratación, reclamacións salarais, dereitos e deberes na relación laboral, relacións laborais de estranxeiros en España... Para solicitar unha cita de asesoramento sobre calquera destas materias debe poñerse en contacto co departamento de servizos sociais.
08-Abril-2019 10:47
Servicios Sociales
Prazo de solicitude: desde o 4 de abril ata o 3 de maio de 2019, incluídos. Persoas destinatarias: As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€
04-Abril-2019 09:20
Info General
As contas de pago básicas permiten realizar servizos bancarios como ter domiciliada a nómina, dispoñer dunha tarxeta de débito, realizar retiradas de efectivo en caixeiros e transferencias dentro da Unión Europea. O custo máximo desta conta non poderá ser maior de tres euros ao mes, e cubre todos os servizos, cun límite para transferencias e domiciliacións de 120 operacións anuais. Requisitos económicos: a) Non superar os seguintes límites de ingresos económicos brutos, computados anualmente e por unidade familiar Dúas veces o IPREM de doce pagas, vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar. Dúas veces e media o IPREM cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros. O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente. O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares con unha persoa con recoñecemento de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
04-Abril-2019 09:15
Info General
A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de BRAVOS por case 12.000€. Con esta obra, trátase de emendar os defectos detectados pola empresa distribuidora BEGASA, polo que os traballos previsiblemente comezarán este mes de abril. Dende o Concello apostase, para que os centros públicos, teñan unhas instalacións dignas, e cumpran coa normativa vixente. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.
02-Abril-2019 12:01
Info General
Oferta de prazas para estadías e tratamentos a través da talasoterapia (DOG. Núm. 64 de 2/04/2019) Requisitos: maiores de 60 anos ou 55 anos (pensionistas) Meses: entre maio e novembro de 2019 Servizos: Aloxamento con pensión completa (6 días) e acceso diario a circuito mariño. Establecementos: Hotel Talaxo Louxo (Illa da Toxa) e Thalasso Cantábrico (Viveiro) Prezo por praza: 201,00€ Prazo de solicitudes: Ata o 3 de maio de 2019
02-Abril-2019 09:45
Info General
A Xunta convoca a oferta de prazas de tratamento termal en diferentes balnearios de Galicia entre os meses de maio e outubro (DOG. nÚm. 64 do 2/04/2019) Requisitos: ser maior de 60 anos ou 55 anos (sendo pensionista) Servizos: aloxamento e pensión completa, tratamentos termais, Programa de actividades socioculturais e poliza colectiva de seguro turístico. Prezo por praza: De 287,50 € a 361,00€ Prazo de presentación de solicitudes: 3 de maio de 2019
02-Abril-2019 09:36
Info General
Hoxe celébrase o día do Libro Infantil e Xuvenil . A Biblioteca de Ourol celebra este día e invita a todos/as a acudir á biblioteca para gozar das últimas novidades en literatura infantil e xuvenil. Nas nosas dependencias podes atopar libros adaptados ás diferentes idades e con temáticas variadas. -Libros para nenos/as de 0 a 3 anos: libros de xoguete para tocar, xogar, de distintas texturas, brandos, de tela, plastificados. Libros con grandes imaxes e sen letras para que os nenos/as xoguen con eles e se familiaricen cos libros desde os primeiros anos. -Libros de 3 a 6 anos: libros imaxinativos, participativos, con xogos creativos, de animais, maxia e historias familiares. -Libros de 6 a 9 anos: nestas idades os temas máis demandados son as aventuras, libros de heroes, ciencia ficción, detectives e misterio. -De 10 a 12 anos: libros de aventuras, viaxes, novelas de misterio, terror e series de libros que manteñen o interese pola lectura. -Adolescentes: libros que abordan a temática adolescente, as súas preocupacións, medos, sentimentos a través de personaxes de ficción cos que se senten identificados. Temáticas como a ecoloxía, o amor, sexismo, racismo, novelas de misterio, cómics… están entre os máis demandados. Disfruta deste día e elixe o teu libro.
02-Abril-2019 09:15
Biblioteca
A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de Merille por case 7.000,00€. Esta mellora, únese a outras que se levaron a cabo nos últimos meses, como foron a substitución completa da cuberta, a reforma dos aseos, a colocación dunha fosa séptica e, a eliminación de parte do talude traseiro do edificio, por importe de case 90.000,00€. Con esta inversión esperase mellorar a rede eléctrica do centro, dentro da aposta clara de que os centros públicos do Concello, teñan unhas instalacións dignas. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.
01-Abril-2019 20:02
Info General
Convocadas 90 prazas, cunha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa entre finais de xuño e principios de setembro. Requisitos: - Ter fillas e fillos exclusivamente ó seu cargo e con idades entre os 2 e 12 anos. - Non convivir con parella afectiva. - Empadroamento e residencia efectiva en calquer concello de Galicia. - Que os ingresos mensuais brutos non superen o límite de 806,76€ - Non padecer ela, nin as fillas/os menores que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia. PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 2 de maio.
01-Abril-2019 13:48
Info General
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xuño e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharaui Democrática (RASD). Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os cuidados das familias acolledoras galegas.
29-Marzo-2019 09:47
Info General
O Goberno Local, do Concello, adxudicou as obras de substitución dos canlóns, que rodean todo o edificio, mailas baixantes, xa que observaron que estaban podres e picados, repercutindo no interior do edificio. Esta actuación era necesaria para os usuarios do centro, para que poidan facer uso do mesmo, nas mellores condicións posibles.
28-Marzo-2019 16:00
Info General
O Goberno local do Concello de Ourol, vén de acordar, co construtor do edificio Multiusos, levar a cabo as obras de eliminación das filtracións de agua, existentes actualmente na cuberta do edificio, sen custe para as arcas municipais. Trátase de unha obra importante e demandada en distintas ocasións, polas nosas veciñas e veciños, a un problema construtivo.
27-Marzo-2019 17:50
Info General
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO (Ictus, accidentes de tráfico... prevención e rehabilitación) XOVES 4 DE ABRIL ÁS 11:30 NO EDIFICIO MULTIUSOS
21-Marzo-2019 14:20
Servicios Sociales