VIOLENCIA DE XÉNERO, SINAIS E RECURSOS PARA A CIDADANÍA
LUNS 29 DE NOVEMBRO
17:00 H.
EDIFICIO MULTIUSOS DE OUROL
VIOLENCIA DE XÉNERO, SINAIS E RECURSOS PARA A CIDADANÍA
LUNS 29 DE NOVEMBRO
17:00 H.
EDIFICIO MULTIUSOS DE OUROL
22-Noviembre-2021 10:42
Servicios Sociales
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 8ª xornada da Preferente Galicia F.S.
S.D. Ourol vs Villa de Cee Hotel La Marina (Cee)
18:00 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e hai que gardar a distancia de seguridade entre non convivintes.
17-Noviembre-2021 20:26
Cultura y ocio
Vista a convocatoria de FOLGA XERAL na Mariña o día dezasete de novembro. Vista a importancia da reivindicación que se plantexa en toda a Mariña, un futuro industrial para a comarca, ante o desmantelamento industrial que se ven sufrindo nos últimos anos, e máis recentemente co anuncio de peche da fábrica de Alcoa e recentemente da planta de Vestas en Viveiro.
O concello de Ourol súmase á Folga Xeral na Mariña convocada para o vindeiro dezasete de novembro, co obxectivo de reclamar un futuro industrial para a comarca.
Como mostra de apoio a esta folga, ACORDOUSE:
1º.- O peche dos servizos municipais, Oficinas da Casa do concello, Biblioteca Municipal, Centro de Fisioterapia, Centros Sociais, Pavillón deportivo e a cancelación, durante esa xornada, das actividades para maiores.
2º.- Establécese o mantemento dos seguintes servizos municipais como servizos mínimos:
.- Rexistro municipal en horario de 09:00 horas a 14:00 horas.
.- Protección civil.
.- Servizos Sociais,( para atencións de urxencia de SAF ao teléfono: 677489457).
.- Servizo de axuda no fogar ( desenvolverase con normalidade)
.- Servizo de augas e recollida de lixo.
16-Noviembre-2021 09:30
Info General
Dende o Concello de Ourol, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, vanse a levar a cabo os seguintes actos nas vindeiras semanas:
III ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Como acto de repulsa colectiva contra esta lacra social que acaba coa vida de tantas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas cada ano. Neste acto tamén se dará lectura por parte do alcalde dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista e como símbolo do compromiso e implicación na loita contra a violencia de xénero.
Esta andaina terá lugar o día 25 de novembro polo Paseo da Rega ás 11:30 H.
OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO. Esta actividade, que vai dirixida a toda a poboación, terá lugar o vindeiro día 29 de novembro ás 17:00 h. no Edificio Multiusos e ten como obxecto sensibilizar e concienciar á cidadanía na eliminación de prexuizos de xénero, e a necesidade da educar en igualdade para contribuir a unha sociedade máis xusta e sen discriminacións e agresións cara as mulleres.
12-Noviembre-2021 09:14
Info General
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso COIDANDO Ó COIDADOR cos seguintes obxectivos:
- Formar a coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicass que faciliten a súa labor.
- Previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores.
- Previr o estrés e sobrecarga na persoa coidadora.
Este curso terá lugar o día 18 de novembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982559109/ 677489457 para anotarse.
08-Noviembre-2021 13:16
Servicios Sociales
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 6ª xornada da Preferente Galicia F.S.
SD Ourol vs I.M Galical Rábade (Rábade)
18:30 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e hai que gardar a distancia de seguridade entre non convivintes.
03-Noviembre-2021 15:15
Cultura y ocio
A Biblioteca Municipal de Ourol, dentro da campaña contra a Violencia de Xénero e pola Igualdade, agasallará aos seus socios e socias cunha mochila. Entregarase unha mochila a cada socio/a, tanto adulto como infantil, que colla un libro da biblioteca, durante o mes de novembro.
02-Noviembre-2021 10:20
Biblioteca
A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o contacontos “A aventura de Daniela Pirata” para bebés de 0-3 anos dentro da campaña contra a violencia de xénero e pola igualdade. Neste contacontos a través da música e dos xogos os asistentes acompañarán a Daniela Pirata nas súas aventuras, que encantarán ós máis pequenos.
02-Noviembre-2021 09:06
Biblioteca
PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL
SE ES MAIOR E ESTÁS SÓ/SOA NO NADAL, PODES PASAR ESTAS DATAS ACOMPAÑADO/A.
INFÓRMATE E PRESENTA A TÚA SOLICITUDE ATA O 15 DE NOVEMBRO NOS SERVIZOS SOCIAIS DO TEU CONCELLO.
29-Octubre-2021 11:14
Servicios Sociales
CAMPAÑA ANTICHOIVA E ANTIMOSQUITOS GRATIS
Realizada pola Empresa Carglass
DATAS: 28 e 29 de outubro de 2021
HORARIO: De 10:00 a 16:00 horas
LUGAR: Xunto o concello de Ourol
27-Octubre-2021 12:09
Info General
O Concello de Ourol en colaboración coa organización sen animo de lucro Ecos do Sur está a desenvolver o Proxecto Habita Rural neste municipio.
Unha das accións incluídas neste proxecto é a de facilitar información sobre vivendas disponibles a persoas que queiran residir no concello.
A iniciativa inclúe a elaboración dunha listaxe de vivendas pertencentes a propietarios/as interesados/as en alugar, ceder ou vender a súa propiedade.
As persoas que desexen incluir a súa vivenda neste censo deberán poñerse en contacto co concello e este traladará a súa petición a Ecos do Sur. A ONG contactará cos/as interesados/as para avaliar a adecuación da vivenda e as posibilidades para o aluguer, cesión ou venda, así como os recursos públicos existentes en materia de rehabilitación e aluguer social, no caso de ser pertinente.
A inclusión no censo de vivendas non ten custe e a información será tratada de xeito confidencial. O censo non será público sin será tratado con outro fin que o informativo para persoas que desexen residir no municipio.
Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol, en horario de 8:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
25-Octubre-2021 14:39
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 4ª xornada da Preferente Galicia F.S.
SD Ourol vs Stellae FS Concello de Padrón
17:00 horas
Entrada gratuita - Obligatorio mascarilla, prohibido comer e gardar distancia de seguridade entre non convivintes.
20 meses despois volvemos a competir, xogaremos por primeira vez na nosa historia nunha categoría autonómica.
Esperamosvos!!
21-Octubre-2021 15:14
Cultura y ocio
A empresa Carglass realizará unha campaña gratuita de tratamento antimosquitos e antilluvia nos parabrisas dos vehículos, está terá lugar na praza do concello os días 28 e 29 de outubroen horario de 10 a 16 horas.
21-Octubre-2021 13:27
Info General
O próximo día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Este ano queremos agradecer aos nosos socios e socias toda a súa confianza e o seu apoio; seguimos traballando para mellorar cada día. Gracias a todos e a todas!
21-Octubre-2021 11:55
Biblioteca
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un Curso de Prevención de infeccións e vacinas. Uso seguro de medicamentos.
Data: 5 de novembro de 2021
Hora: 16:30 horas
Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
Para anotarse poden chamar ós teléfonos 982559109/677489457
15-Octubre-2021 11:08
Servicios Sociales
Trátase dun servizo gratuito prestado polo Colexio de Graduados Sociais de Lugo en colaboración coa Deputación provincial de Lugo, para aquelas persoas que presenten dificultades económicas e que precisen de información e asesoramenteo en deeterminados temas:
- ERTES
- Asesorametno en convenios colectivos
- En contratod de traballo
- Prestacións e subsidios por desemprego
- Procedementos de afiliación, cotización ou aprazamentos ante a Seguridade Social
- Conflictos colectivos, folgas
- Accidentes de traballo
- Asesoramento fiscal e tributario. Confección de impostos
- Tramitación de subvencións
- Asesoramento de autónomos
- Estranxeiría: Solicitude de permisos de traballo, residencia e nacionalidade
- Mediación
- Xubilación
- Incapacidade
- Viuvedade
- Orfandade
- Favor de familiares
PARA MÁIS INFORMACIÓN OU SOLICITUDE DE CONSULTA: Departamento de Servizos Sociais do Concello (982559109 / 677489457)
29-Septiembre-2021 10:57
Servicios Sociales
Como cada ano, a biblioteca de Ourol pon a disposición dos/as estudantes os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.
Lembra que podes reservar os libros (as reservas gárdanse durante 3 días), renovar por teléfono, whatsapp ou na túa conta de usuario. Se aínda non es socio/a podes facerte na biblioteca de forma totalmente gratuíta, o carné é válido para calquera das que estén dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia e ten múltiples vantaxes. Infórmate no teléfono 982 55 90 19.
20-Septiembre-2021 08:50
Biblioteca
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor V”.
Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades:
- Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 3 alumnos
Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.
Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.
Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a.
Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de outubro de 2021
17-Septiembre-2021 14:11
Emprego
Dende o Concello de Ourol infórmase que se vai a levar a cabo un CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA.
Data de inicio: 13 de outubro (mércores)
Horario: de 11:00 a 12:30 horas.
Lugar: Edificio Multiusos
Aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán contactar co departamento de servizos sociais (982559109/677489457)
16-Septiembre-2021 13:39
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol infórmase que se vai a levar a cabo un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores.
Data de inicio: 5 de outubro (grupo dos martes) e 8 de outubro (grupo dos venres)
Horario: de 11:00 a 12:00 horas.
Lugar: Edificio Multiusos
Aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán contactar co departamento de servizos sociais (982559109/677489457)
16-Septiembre-2021 13:35
Servicios Sociales
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor V”.
Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades:
- Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 3 alumnos
Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.
Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.
Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a.
Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de outubro de 2021
10-Septiembre-2021 11:12
Emprego
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO EN SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA , EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA OU EDUCACIÓN ESPECIAL, PARA O CURSO 2021/2022
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 22 de setembro de 2021
07-Septiembre-2021 11:02
Servicios Sociales
En colaboración coa Asociación "Mulleres en Igualdad" de Burela, o departamento de servizos sociais organiza talleres de emprego gratuitos, que se desenvolverán entre os meses de outubro e novembro.
03-Septiembre-2021 13:29
Servicios Sociales
ABERTO O PRAZO PARA O PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
02-Septiembre-2021 12:19
Servicios Sociales
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA LUGO TERMAL: Estancias en balnearios da provincia de Lugo ofertados pola Deputación Provincial de Lugo
02-Septiembre-2021 12:19
Servicios Sociales
