O Concello de Ourol informa que a través dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, aprobouse o Programa de Tarxeta-Moedeiro para adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
O Concello de Ourol informa que a través dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, aprobouse o Programa de Tarxeta-Moedeiro para adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
03-Julio-2020 11:13
Servicios Sociales
COMUNICADO CON RELACIÓN Ó SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
30-Junio-2020 14:08
Servicios Sociales
Bono coidado extraordinario á dependencia Obxecto Concesión de axudas económicas para compensar os seguintes gastos, dende a suspensión da actividade dos centros de día ou ocupacionais aos que acudía a persoa usuaria que comezou o día 16 de marzo de 2020, e ata que se levante a devandita suspensión: A. Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. A axuda terá un importe máximo de 500 €/mes. A contratación dun SAF, deberá realizarse cunha entidade inscrita no RUEPSS que teña autorizado un programa de axuda no fogar. B. Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva. A axuda terá un importe máximo de 100 €/mes. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica. A entidade prestadora destes servizos deberá estar inscrita no RUEPSS. As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas. Persoas beneficiarias As persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do SAF ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida como consecuencia da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas. Prazo Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020
22-Junio-2020 13:50
Servicios Sociales
Bono coidado extraordinario para familias con nenas/os de ata doce anos Persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes: a. Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de agosto de 2007. b. Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual. c. Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 € ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 € per cápita. Gastos subvencionables Poderán ser obxecto destas axudas as seguintes actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas menores de 12 anos e realizadas dentro do período subvencionable a. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio. b. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos nenos e nenas. Consideraranse tamén neste suposto as ampliacións de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade. c. Pase a situación de excedencia por coidado de fillos/as, ou redución da xornada de traballo pola mesma causa do/da pai/nai, titor/a, ou a/s persoa/s que teñan o neno ou nena en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva, sempre que supoña unha redución efectiva nas retribucións. Consideraranse tamén as reducións da xornada de traballo preexistentes que se adaptasen ou modificasen con esta finalidade. Non serán obxecto de subvención os períodos durante os que se perciba a prestación por nacemento ou coidado de persoa menor no marco da normativa da Seguridade Social. Tipo de axuda e contía A axuda pode acadar ata o 100 % do custo da contratación ou do importe da redución das retribucións cun límite máximo global de 500 €/mes por unidade familiar beneficiaria. O período subvencionable comprenderá desde o 16 de marzo ata que se levante a suspensión das actividades como medida preventiva de saúde pública nas escolas infantís 0-3 e nos centros de ensino non universitarios non podendo estenderse, en ningún caso, máis alá do exercicio orzamentario vixente. Prazo Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020.
22-Junio-2020 13:45
Servicios Sociales
O Concello de Ourol despois de revisar minuciosamente todos os protocolos e recomendacións sanitarias para a apertura das piscinas públicas para este ano 2020, considera que existen limitacións importantes á hora de poder garantir as continuas labores de limpeza e desinfección esixidas, a distancia de seguridade de como mínimo 1,5 m entre persoas, as limitacións de tempo de permanencia ou a limitación de aforos; tendo en conta tamén que son protocolos de difícil cumprimento. A aplicación rigurosa de ditas normas impediría aos usuarios disfrutar da tranquilidade e da diversión que se busca nestas instalacións e o acceso ás instalacións veríase moi reducido polo que pouca xente podería disfrutar delas. Por todo isto, tomouse a decisión de manter pechada a piscina municipal durante este verán de 2020. Dita decisión tómase tendo en conta que o Concello se debe aos veciños e por tanto a máxima prioridade é garantir a saúde e seguridade da cidadanía. Desde o Concello pedimos desculpas pola decisión de manter pechada a piscina municipal e comunicamos que este tempo de peche das instalacións será aproveitado para realizar as melloras necesarias para que, cando a situación o permita, se volva a reabrir este recinto con todas as garantías sanitarias precisas.
22-Junio-2020 13:43
Info General
OBXECTO DAS AXUDAS: Concesión de subvencións por nacemento de fillo/a, adopción e acollemento no Concello de Ourol, para familias con fillos/as menores de 3 anos á data da solicitude. Excepcionalmente poderán presentar a solicitude durante este ano, aquelas familias non nenos/as nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e ata 1 mes despois da data de publicación das bases no BOP. REQUISITOS: - Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España - Que polo menos un dos proxenitores figure empadroado no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de 9 meses. - A nai ou o pai así como os fillos/as polos que se solicita a axuda, deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, por un período mínimo de 1 ano despois de rematado o cobro das axudas CONTÍA DAS AXUDAS: Ata 600 € - Para as solicitudes presentadas no primeiro anod e vida do neno/a: 600 € - Para as solicitudes presentadas no segundo ano de vida do neno/a: 480 € - Para as soliciudes presentadas no terceiro ano de vida do neno/a: 360 € SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN : Presentaranse no departamento municipal de servizos sociais do Concello de Ourol, chamando previamente por teléfono para concertar cita. As solicutdes deberán vir acompañadas da seguinte documentación: - DNI da persoa ou persoas solicitantes - Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción - Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio presentarase fotocopia do convenio e/ou sentenza xudicial que atribúa a garda e custodia do menor que orixine a axuda - Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES A partir do día seguinte ó da publicación das bases no BOP e ata que o neno/a cumpra 3 anos de idade. Excepcionalmente, poderán presentar a solicitude durante este ano, aquelas familias con nenos/as nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e ata 1 mes despois da data de publicación destas bases no BOP
19-Junio-2020 11:09
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad de Burela (BUMEI), vamos a levar a cabo un proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Esta actividade está dirixida a todas aquelas mulleres que estén interesadas en participar nesta acción formativa. Para dar a coñecer o proxecto farase unha primeira charla de presentación na que se explicará en qué consiste, os talleres que se van a desenvolver, establecer o número de sesión e meses en que se vai a realizar…etc DÍA DA PRESENTACIÓN: LUNS 22 DE XUÑO DE 2020 LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO HORA: 10:30H Todas aquelas mulleres interesadas en participar poden chamar ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982559109 ou ó teléfono da Asociación 609 837 645
16-Junio-2020 12:30
Servicios Sociales
Corrección de erros: a páxina web é a seguinte: www.xuventude.net
16-Junio-2020 11:50
OMIX
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital. Para máis información sobre prezos, documentación, destinos ou requisitos visita a páxina web www.xuventude,net ou no DOGA nª 116 do luns, 15 de xuño.
16-Junio-2020 11:47
OMIX
O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade durante os meses de Xullo e Agosto. Dará comezo o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. O horario será de 10:30 a 13:30 e as actividades realizaranse fundamentalmente ó aire libre e no Pavillón Municipal. As solicitudes realizaranse vía telefónica ata o día 26 de xuño e por riguroso orde de chamada. Contamos con prazas limitadas. Adoptaranse as medidas necesarias frente ó Covid-19. Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.
10-Junio-2020 13:23
Servicios Sociales
Próximamente abrirase a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de conductores do vehículo motobomba no Concello de Ourol. Os postos a cubrir son: - Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa - Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa - Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa - Tres Conductores de vehículo motobomba, dous meses e medio a xornada completa O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 3 ao 15 de xuño de 2020 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego. Dada a situación actual de estado de alarma será necesario solicitar cita previa para acudir as oficinas municipais chamando ao teléfono 982-559109. As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
01-Junio-2020 13:34
Emprego
As oficinas municipais do Concello de Ourol reabrirán ao público a partir do próximo luns 1 de xuño de xeito presencial e cun sistema de cita previa. As persoas interesadas en solicitar cita, tanto para o rexistro presencial como para ser atendidos nas oficinas municipais, deberán chamar a partir do 1 de xuño de 2020 de 9:00 a 14:00 horas, ao teléfono 982-559109 As persoas que acudan as oficinas municipais deberán facelo de xeito individual a excepción das persoas dependentes, e todos deberán vir provistos de mascarillas, unha vez dentro será necesario cumplir as medidas de seguridade e respetar a distancia mínima interpersoal de dous metros. O ascensor só poderá ser utilizado de xeito individual. O tempo de permanencia nas dependencias municipais será o estrictamente necesario para realizar as xestións previamente concertadas.
28-Mayo-2020 10:28
Info General
SUSPENSIÓN DO PAGAMENTO OU DEVOLUCIÓN TAXA SERVICIO DE FISIOTERAPIA E EXENCION DA TAXA MUNICIPAL POLA RECOLLIDA DO LIXO PARA AS ACTIVIDADES SUSPENDIDAS POLO RD 463/2020 SERVIZO DE FISIOTERAPIA: Non procede esixir o prezo público, ou no seu caso procede a devolución do prezo público que grava este servizo dende o 13/03/2020 e ata o momento en que se produza o levantamento das suspensións impostas pola declaración do estado de alarma TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO: Afectará a todas as actividades suspendidas polo RD 463/2020, do 14 de marzo e/ou Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Neste caso será precisa a solicitude previas dos interesados, e a acreditación mediante a presentación da declaración censal ou certificado da AEAT do IAE da anualidade do 2020, cuxo epígrafe se axuste ás actividades suspendidas. No caso de que as solicitudes se presenten con posterioridade ao fin do prazo do pagamento e xa se tivera producido este, procederase á devolución correpondente. O disposto no punto anterior terá unha vixencia a contar dende o 13/03/2020 e mentres dure o estado de alarma. O prazo de presentación de solicitudes será dende o 14/05/2020 ata o 29/05/2020. En todo caso, estas solicitudes deberán relaizarse preferentemente de maneira telemática, agás os obrigados a relacionarse por medios electrónicos.
14-Mayo-2020 10:04
Info General
A biblioteca de Ourol pon a disposición dos estudantes do concello un servizo de fotocopias para os que non poidan imprimir na súa casa os deberes ou fichas que marca o seu profesorado. Para acceder a este servizo os/as interesados/as deben mandar por correo electrónico as copias que desexen relizar e unha vez feitas o persoal porase en contacto coa persoa para que pase a recollelas. . Non se fotocopiarán libros, só exercicios ou fichas de deberes. É imprescindible que os usuarios chamen ó teléfono 982559019 ou no correo biblioteca@concellodeourol.es para facer uso deste servizo. Deben tamén facilitar un teléfono de contacto para comunicar a hora en que poden pasar a recoller as copias. O horario é de 9:00 h a 14:00h
12-Mayo-2020 12:38
Biblioteca
Infórmase a todos/as os veciños/as que a Biblioteca de Ourol reanuda os seus servizos de préstamo e devolución de libros. É imprescindible para acceder a estes servizos pedir cita previa no teléfono 982 55 90 19 en horario de 9:00 h a 14:00 h. Consulta toda a información no seguinte documento.
12-Mayo-2020 11:19
Biblioteca
Infórmase a todos os veciños e veciñas do noso concello que o martes 12 de maio reanúdase o funcionamento do servizo de fisioterapia municipal. Para facer uso deste servizo será necesario concertar CITA PREVIA de xeito telefónico chamando ao teléfono 982 55 90 19. OS USUARIOS DEBEN ACUDIR PROVISTOS DE MASCARILLA E GUANTES. Según a normativa vixente non poderán facer uso deste servizo as persoas que presenten síntomas ou se atopen en illamento domiciliario ou cuarentena.
11-Mayo-2020 10:58
Info General
Con motivo do Día do Libro e ante a situación que estamos a vivir, a biblioteca de Ourol propón a seguinte actividade online. Envíanos una foto lendo o libro co que estás neste momento no teu lugar favorito da casa para ler. As fotos recibidas serán publicadas no facebook do concello. Podes envialas durante todo o mes de abril e iremos publicando por orde de envío. Destinatarios: veciños/as de Ourol E-mail: biblioteca@concellodeourol.es QUEDA NA CASA E LE ¡FELIZ DÍA DO LIBRO!
23-Abril-2020 11:33
Biblioteca
Ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, emitiu o venres 3 de abril de 2020 unha nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, nesta nota faise referencia ás fontes públicas. Por todo isto, durante o estado de alarma e ata a indicación contraria, o Concello de Ourol conforme ao mandato da Xunta de Galicia toma a seguinte medida preventiva: procederase ao precintado e peche de todas as fontes públicas do Concello de Ourol, sendo o subministro de auga potable garantido a través da rede de abastecemento municipal. Desde o Concello de Ourol queremos agradecer a todos aqueles que cumpren co confinamento nas súas vivendas, xa que o esforzo individual terá como resultado o ben e a saúde de todo e todas.
07-Abril-2020 12:30
Abastecimientos de agua
O Concello de Ourol informa que a Xunta de Galicia activou un teléfono social 900400800, para ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta crise sanitaria. QUE ATENDE: - Dúbidas sobre o COVID-19. - Acolle persoas voluntarias. - Ofrece apoio psicolóxico. - Recibe alertas sobre casos de emerxencia social. - Atende a todas aquelas persoas que se atopan soas e necesiten conversar.
07-Abril-2020 11:58
Servicios Sociales
A vista do estado de alarma en todo o país, decretado ata as 0:00 horas do dia 12 de abril de 2020 as oficinas administrativas do Concello de Ourol permanecerán pechadas. Para calquera urxencia dos veciños/as chamen os seguintes teléfonos: Concello: 982-559109 Protección Civil: 639-488376
29-Marzo-2020 18:14
Info General
Una vez concedido el bono social, la prestación tiene una vigencia de dos años. Para evitar que los beneficiarios que necesiten renovarlo dejen de percibir los descuentos y beneficios previstos, el Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19, prorroga de forma automática todos los bonos sociales eléctricos vigentes, hasta el 15 de septiembre de 2020.
28-Marzo-2020 20:00
Noticias
Recuerden que esta madrugada, tendremos que adelantar los relojes y a las 02:00 horas, serán las 03:00 horas, dando comienzo el horario estival.
28-Marzo-2020 17:11
Noticias
Campaña "Estamos contigo, la violencia de género la paramos unidas".impulsada polo Ministerio de Igualdade, co obxectivo fundamental de concienciar contra a violencia de xénero e alertar ante situacións de violencia dentro dos fogares, así como concienciar sobre o bon trato durante o período de confinamento.
27-Marzo-2020 11:32
Servicios Sociales
Desde ABANCA Ourol informóusenos telefónicamente que debido ao Estado de Alarma e Emerxencia Sanitaria que existe polo coronavirus «COVID-19», a partires da semana que ven, a oficina abrirá, ata novo aviso, soamente dous días á semana, LUNS e XOVES, no seu horario habitual. O que se fai públio para coñecemento de todos os veciños.
20-Marzo-2020 10:52
Info General
Bando informativo do Concello de Ourol polo que se pon a disposición de todas as persoas maiores que vivan soas e non conten con apoio familiar dun SERVIZO DE APOIO A DOMICILIO co fin de achegarlles as previsións que precisen.
18-Marzo-2020 13:06
Info General
