AXUDAS DA OBRA SOCIAL AMPLIFON PARA ADQUISICIÓN DE AUDÍFONOS (ATA 75% DE SUBVENCIÓN) A PERSOAS CON PROBLEMAS AUDITIVOS E DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA ACCEDER A AUDÍFONOS
AXUDAS DA OBRA SOCIAL AMPLIFON PARA ADQUISICIÓN DE AUDÍFONOS (ATA 75% DE SUBVENCIÓN) A PERSOAS CON PROBLEMAS AUDITIVOS E DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA ACCEDER A AUDÍFONOS
15-Noviembre-2018 14:21
Servicios Sociales
FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2019 5 de marzo, martes de entroido 13 de maio, Nosa Señora de Fátima
12-Noviembre-2018 09:37
Info General
Adxudicados os traballos de reparación da pista de Xerdiz a Xan Branco por importe de 2.447,91 € á empresa Grupo Bascuas 2008, S.L.
12-Noviembre-2018 09:36
Obras
Rematadas as obras de mantemento e mellora de accesos a Cerdido, a Senra, Sobrado, Penabade, Reboredo, Os Garcías, Lecín e Curros por importe de 41.465,97 € executadas pola empresa Carferlo, S.L.
12-Noviembre-2018 09:35
Obras
Rematados os traballos de acondicionamento do Centro Social de Merille para a mellora da eficiencia enerxética, primeria fase por importe de 80.743,30 € pola empresa Sergonsa Servicios, S.L.
12-Noviembre-2018 09:34
Obras
O Concello de Ourol sinalou parte dos recursos turísticos das distintas parroquias cun investimento de 8.422,58 € executados pola empresa Construcciones Isidro Otero, S.L.
12-Noviembre-2018 09:33
Obras
Mañá venres (9 de novembro) chegará a borrasca Carlos (ciclogénesis explosiva) ó noso concello, traerá ventos de 110 km/h; e durará dende as 12 da maña ata as 21 horas (9 da noite). Rogamos moito coidado nos desprazamentos por estrada, así coma en espazos ó aire libre onde poder caer obxectos de fiestras, balcóns, tellados ou árbores.
08-Noviembre-2018 16:19
Protección Civil
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 6ª xornada da 1ª Galicia: SD Ourol vs Cubelas (Ribadeo) Sábado 10 de novembro 17:30 horas Entrada gratuita
06-Noviembre-2018 14:30
Cultura y ocio
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 4º xornada da 1ª Galicia: SD Ourol vs Superti Pontenova Sábado 27 de outubro 17:30 horas Entrada gratuita
24-Octubre-2018 23:51
Cultura y ocio
CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL O Concello de Ourol, un ano máis, colabora coa Consellería de Sanidade, para difundir entre os nosos vecinos e veciñas a CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL, que xa está en marcha dende o pasado 22 de outubro e que rematará o vindeiro 28 de decembro. POBOACIÓN DIANA: - Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos. - Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos) - Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación - Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico - Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos - Estudantes en prácticas en centros sanitarios - Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos - Persoas que proporcioonan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores - Membros da familia e convivintes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco - Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade - Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres. No caso de pertencer a algún grupo de risco, pidan cita e acudan a vacunarse ó Centro de saúde.
24-Octubre-2018 10:39
Servicios Sociales
Mañá, martes 23 de outubro, ás 11:00 h na biblioteca de Ourol, obradoiro de debuxo-zentangle para todas as persoas que estean interesadas en participar. Teléfono de inscrición 982 55 90 19
22-Octubre-2018 10:08
Biblioteca
Aberto o prazo para Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal (servizos de fisioterapia, podoloxía, atención psiquiátrica, atención psicolóxica...)
19-Octubre-2018 11:27
Servicios Sociales
Charla informativa dirixida a toda a poboación sobre o Consumo Responsable
17-Octubre-2018 14:31
Servicios Sociales
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
17-Octubre-2018 11:56
Servicios Sociales
Segunda edición desta actividade onde os participantes realizan debuxos moi fáciles para crear imaxes bonitas. Non é necesario ter coñecementos previos de debuxo xa que do que se trata é de relaxarnos realizando sinxelos debuxos, mellorar a concentración e o benestar persoal. DESTINATARIOS: todos/as os/as interesados/as DÍA: 23 de outubro do 2018 HORA: 11:00 h LUGAR: Casa da Cultura de Ourol INSCRICIÓN: no teléfono 982 55 90 19 PROFESORA: Elisabet Hillerud
17-Octubre-2018 09:25
Biblioteca
NOVIDADES EN RELACIÓN Ó BONO SOCIAL ELÉCTRICO
16-Octubre-2018 10:46
Servicios Sociales
O Concello de Ourol adxudicou á empresa GRUPO BASCUAS 2008, S.L. as obras de mellora dos accesos á Igrexa de Xerdiz, pista de Casanova, camiño da Barrela, pista de Porto do Mendo e accesos en Anxeriz, Pazos e a Moscallos por un importe total de 53.421,90 €.
04-Octubre-2018 09:41
Obras
Hoxe saen publicadas no BOP de Lugo (num.226, luns 1 de outubro de 2018) as Bases Reguladoras Para a Concesión de Axudas para Libros de Texto e Material Escolar para Alumnado matriculado en 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educacion Especial, para o curso 2018/2019. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 outubro de 2018. Para maior información e para a realización de solicitudes poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
01-Octubre-2018 13:05
Servicios Sociales
A biblioteca de Ourol, como xa fixo estes últimos anos, vai adquirir os libros de lectura dos colexios e institutos da contorna. Todos/as os/as estudantes interesados poden solicitar o préstamo dos libros que desexen e tamén comunicar aqueles nos que estén interesados para poder adquirilos desde a biblioteca. Teléfono de contacto: 982 55 90 19
18-Septiembre-2018 13:06
Biblioteca
O Concello de Ourol adxudicou a Don Jose Luis Diaz Canoura as obras de mellora do acceso a Dornas (Bravos) por un importe total de 1.382,26 €
12-Septiembre-2018 11:51
Obras
ANUNCIO DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO FAI SABER EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE LISTAS DE CANDIDATOS A XURADO Con motivo do SORTEO de CANDIDATOS DO TRIBUNAL DO XURADO durante o BIENIO 2019-2020 que se celebrará o vindeiro 28 DE SETEMBRO DE 2018, o Concello mantén o servizo de consulta das listas a candidatos a Xurado entre os días 13 e 21 de setembro. Expóñense ao público nas oficinas municipais para a súa consulta polos interesados, aos efectos da presentación de reclamacións. Para levar a cabo a correcta consulta o interesado débese identificar mediante o seu DNI, pasaporte, ou permiso de conducir. O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral. Ourol, 12 de setembro de 2018 O Alcalde – Presidente
12-Septiembre-2018 09:22
Info General
Reunión de convocatoria do novo curso de “EDUCANDO EN FAMILIA” que será: Día: 17 de Setembro, Hora:16:30h, Lugar: Antigo C.E.I.P. Educando en Familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos aínda que asistan a outros centros educativos (Colexios, Escolas Infantiles-Garderías, Casa niño,…) co fin de contribuir á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.
06-Septiembre-2018 11:10
Servicios Sociales
COMEZA O CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA PARA MAIORES. OS MÉRCORES DE 11:00 A 12:30 EDIFICIO MULTIUSOS COMEZO: O 17 DE OUTUBRO
06-Septiembre-2018 11:08
Servicios Sociales
COMEZA A ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA MAIORES MARTES E VENRES DE 11:00 A 12:00 H. EDIFICIO MULTIUSOS
06-Septiembre-2018 11:06
Servicios Sociales
Despois do éxito de onte, continuamos coa segunda parte das Xornadas de Historia local de Ourol. Hoxe contamos coa presenza de: Martín Fernández Vizoso: "Emigrantes de Ourol, Viveiro e A Mariña no Uruguai". José Manuel López Chao: "José María Riguera Montero, un emigrado que fixo fortuna en Montevideo". Animamos a todos os veciños e veciñas e aqueles que estean interesados a seguir participando nestas xornadas. Grazas a todos/as.
10-Agosto-2018 09:28
Biblioteca