O vindeiro mércores día 10 de xullo visita o noso concello Paco Noguerias cunha actividade divertidísima para nenos/as. Esta actividade, do programa Ler Conta Moito, está organizada pola Biblioteca e realizarase dentro da Ludoteca de Verán.
O vindeiro mércores día 10 de xullo visita o noso concello Paco Noguerias cunha actividade divertidísima para nenos/as. Esta actividade, do programa Ler Conta Moito, está organizada pola Biblioteca e realizarase dentro da Ludoteca de Verán.
05-Julio-2019 12:13
Biblioteca
O periodo de apertura da piscina municipal do Concello de Ourol para este ano 2019 será o seguinte: 1DE XULLO- 15 DE SETEMBRO Durante este periodo o horario de apertura será: 12:00 horas- 21:00 horas
01-Julio-2019 11:01
Info General
ÚNICO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO DE 2019. Se a pasada tempada, a persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude. Para máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol
28-Junio-2019 10:27
Info General
Debido a gran cantidade de cartas certificadas (notificacións) que están recibindo os veciños do concello como consecuencia do procedemento de valoración de construccións indispensables en solo rústico levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro, e para facilitar e axilizar ao máximo posible os trámites, a atención na oficina catastral durante este proceso realizarase: OS LUNS, MARTES E XOVES EN HORARIO DE 9:00 H A 13:30 H O resto de días da semana son necesarios para realizar inspeccións para elaborar recursos, tramitar ditos recursos e realizar o correspondente rexistro electrónico dos mesmos. Recordaselles a todas as persoas que recibiran a notificación que dispoñen dun prazo dun mes (desde a recepción da notificación) para formular recurso ou alegacións en caso de que sexa preciso. Recoméndase a todos os veciños que soliciten cita previa (chamando ao teléfono 982 55 91 09) para evitar largas esperas. Terán preferencia as persoas con cita previa solicitada. Moitas gracias e perdoen as molestias.
26-Junio-2019 09:32
Catastro
NOTA INFORMATIVA: A CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO (ENMARCADA NO PROXECTO: ENTÉNDOTE, COLLE A MIÑA MAN) TERÁ LUGAR NA 2ª PLANTA DA CASA DA CULTURA O XOVES 27 DE XUÑO DE 2019 ÁS 11:00 H
26-Junio-2019 08:49
Info General
CARTEL INFORMATIVO DA ACTIVIDADE
19-Junio-2019 10:01
Info General
PROXECTO: ENTÉNDOTE, COLLE A MIÑA MAN! CHARLA DE PRESENTACIÓN DÍA: 27 DE XUÑO HORA: 11:00 HORAS LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE OUROL Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela, vamos a levar a cabo un proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Esta actividade está dirixida a todas aquelas mulleres que estén interesadas en participar. Para dar a coñecer o proxecto farase unha primeira charla de presentación na que se explicará en qué consiste, os talleres que se van a desenvolver, establecer o número de sesión e meses en que se vai a realizar…etc Todas aquelas mulleres interesadas en participar poden chamar ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para anotarse ou obter máis información
19-Junio-2019 09:54
Info General
Sorprende ós teus comensais coas mellores receitas de cociña... Estes e outros libros de cociña están a túa disposición na Biblioteca Municipal de Ourol
13-Junio-2019 09:59
Biblioteca
Entramos na recta final do obradoiro “Ourol saudable”. Este luns tratáronse temas como os alimentos transxénicos, as dietas e a cesta da compra. Falamos do equilibrio bacteriano, das vacinas e dos beneficios do xaxún. Temas moi interesantes e actuais que xeraron debate entre os asistentes que aportaron puntos de vista moi interesantes. Por outro lado tamén se visionaron uns vídeos interesantes sobre todos estes temas que xa están a disposición de todos os interesados na Biblioteca Municipal de Ourol.
11-Junio-2019 11:48
Biblioteca
Os días 29 de xuño e 6 de xullo celebramos un obradoiro de elaboración de marmeladas e licores no Edificio Multiusos de Ourol en horario de 10:00 a 14:00 h. O prazo de inscrición remata o 25 de xuño no teléfono 982 55 90 19 Prazas limitadas: máximo 25 persoas.
10-Junio-2019 11:24
Cultura y ocio
LUDOTECA DE VERÁN: Corrección de erro Na nota informativa sobre a Ludoteca de Verán do Concello de Ourol, publicada o pasado venres día 7 de xuño, onde pon “no caso de quedar algunha praza vacante abrirase un novo prazo de inscrición durante os días 22 e 23 de xuño…”, DEBE poñer “no caso de quedar algunha praza vacante abrirase un novo prazo de inscrición os días 24 e 25 de xuño…”
10-Junio-2019 08:48
Info General
Mañá sábado temos o Trofeo Asturcantabrogalego de Ciclismo en categoría cadete, a proba pasará polas parroquias de Miñotos, Xerdiz, Ourol e Merille, entre as 17:30 e as 18:30. Chegando a Santa Mariña pola 65-2, para logo pillar en Ferreira a 38-1 en dirección Ourol; pasando O Carmen pola variante exterior, seguirán por Belsar en Xerdiz e ata chegar o casco urbano de Ourol, onde se derixirán o cruce coa LU-540, pola que atrevesarán Merille dirección a Landrove. Nese horario esas estradas estarán cortadas ó tráfico. Rogamos moita precaución de non ter mascotas ceibas (especialmente cans) ou animais domesticos (ovellas, vacas ou cabalos) que poideran tirar ou lesionar algún deportista. Así mesmo animamos a todolos veciños a que animen os deportistas a carón da estrada.
07-Junio-2019 16:39
Protección Civil
Mañá sábado temos o Campeonato de España de Ciclismo Adaptado (Paralímpico), a proba sólo pasará pola parroquia de Merille, entre as 10:00 e as 10:30. Chegando a Vilares pola LU-540 e logo desviándose pola 38-10 que vai ó Gromedoiro polo Cargadoiro. Rogamos moita precaución de non ter mascotas ceibas (especialmente cans) ou animais domesticos (ovellas, vacas ou cabalos) que poideran tirar ou lesionar algún deportista. Así mesmo animamos a todolos veciños a que animen os deportistas a carón da estrada.
07-Junio-2019 16:26
Protección Civil
Dende o luns día 10 ata o 21 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán do Concello de Ourol que contará con 20 prazas. A ludoteca é un recurso lúdico-educativo de conciliación para as familias en período de vacacións de verán. Este recurso vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. A data de comezo será o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto de 2019. Os horarios serán de 10:30 a 13:30 de luns a venres. As familias contarán ademais con un servizo complementario de conciliación para aqueles nenos e nenas que asistan á ludoteca e que cubrirá horario dende as 8:00 e ata 14:00 horas, na biblioteca municipal. No caso de quedar algunha praza vacante abrirase un novo prazo de inscrición durante os días 22 e 23 xuño para inscricións de nen@s que non estén empadroad@s no Concello de Ourol"
07-Junio-2019 14:23
Servicios Sociales
Esta tarde, chegará a ciclogénesis explosiva Miguel ó noso concello, traerá ventos de 110 km/h, e durará unhas 6 horas entre as 18 horas da tarde e as 12 da noite, baixando logo a intensidade do vento. Rogamos moito coidado nos desprazamentos por estrada, así coma en espazos ó aire libre onde poden caer obxectos de fiestras, balcóns, tellados ou árbores.
06-Junio-2019 15:34
Protección Civil
Desde a Biblioteca de Ourol recomendamos os seguintes contos para os máis pequenos da casa.
30-Mayo-2019 13:43
Biblioteca
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
27-Mayo-2019 09:56
Emprego
CONTINUA O PROGRAMA “OUROL SAUDABLE” O día 14 de maio tratamos os seguintes temas: -Coñecemento da anatomía da columna vertebral. -Comezo da escola de espalda. -Coñecemos as bases para facer exercicio correctamente. -Falamos de como durmir ben, dos colchóns e almofadas adecuados. -O NOSO RETO: CAMIÑAR 150 MINUTOS SEMANAIS O día 20 de maio: -Tratamos a conveniencia ou non de tomar complementos vitamínicos. A vitamina C foi a gran protagonista, xa que causou moito interese entre os/as asistentes. -A natación como terapia -O NOSO RETO: COMER PEIXE COMO MÍNIMO DOUS DÍAS Á SEMANA E para o próximo luns, día 27 de maio trataremos os seguintes temas -Coñeceremos a articulación da rodilla e os exercicios adecuados para mantelas en boa forma. -Escola de espalda -E plantearemos un novo reto.... ANÍMATE, AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR!!!!
21-Mayo-2019 11:57
Biblioteca
INFORMACION DE INTESESE PARA MULLERES EMPRENDEDORAS Si estás interesada, podes reservar praza a través do correo electrónico que aparece no cartel ou poñéndote en contacto co Axente de Emprego deste concello, chamando ao 982-559109
20-Mayo-2019 12:17
Emprego
Celebra o Día das Letras Galegas cun libro....
16-Mayo-2019 14:04
Biblioteca
Realizadas polo alumnado do Obradoiro de Emprego Terras do Sor II, colocáronos dúas novas marquesiñas no Concello, feitas en madeira de “iroco”, e provistas de un banco e cristaleira, deste xeito as persoas que esperan dentro, poden ver os vehículos sen necesidade de levantarse do banco, e de igual maneira os condutores poden ver, se hai xente esperando dentro das marquesiñas. A intención do Goberno municipal, con esta e outras actuacións, e seguir atendendo as necesidades da veciñanza.
16-Mayo-2019 14:00
Obras
A Xunta de Goberno Municipal, adxudicou as obras de pintura das fachadas do centro social de Bravos, co obxectivo de mellorar o seu aspecto, que estaba moi deteriorado polo paso dos anos, por 25.578,29€, deste xeito o Concello, sigue co seu compromiso firme, de mantemento dos edificios públicos.
15-Mayo-2019 13:30
Obras
O Concello de Ourol tras executar as obras de ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz (núcleos de: Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, O Loureiro, As Laxes e Pazos); levou a cabo toda a tramitación para a súa posta en marcha e obtivo todos os permisos sanitarios necesarios (unha vez realizadas as correspondentes inspeccións sanitarias comprobando que se adecua aos criterios sanitarios establecidos no Real Decreto 140/2003 e no Programa de Vixilancia Sanitaria de Augas de Consumo Humano na Comunidade Autónoma Galega), polo que se informa que o Concello de Ourol procederá á posta en funcionamento da ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz, aos núcleos de Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, Loureiro, As Laxes e Pazos. Todos aqueles veciños dos núcleos anteriormente referidos que desexen conectarse á nova rede municipal de abastecemento de auga poden realizar a súa solicitude de conexión nas Oficinas do Concello de Ourol.
15-Mayo-2019 12:25
Abastecimientos de agua
O equipo de Goberno ven de adxudicar, os traballos de mellora do firme existente, nas vías municipais de Lugar Novo e Chao de Bravos, os traballos consistirán nunha mellora do firme, eliminando fochas e aportando unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, mellorando desta forma, a mobilidade e accesibilidade da veciñanza, aos seus domicilios e propiedades. Dende o Concello intentase así, dar resposta a demanda da veciñanza, de mellorar un importante número de vías municipais. Neste ano 2019 e seguintes, é obxectivo do Concello, continuar aglomerando en quente as vías municipais, ao tratarse dun propósito que é de vital importancia, na mellora dás comunicacións dentro do Concello.
14-Mayo-2019 14:30
Obras
O equipo de Goberno ven de adxudicar, a mellora do firme existente na vía municipal de Labrada a Piñeiro, os traballos consistirán nunha mellora do firme, eliminando fochas e aportando unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, mellorando desta forma a mobilidade e accesibilidade da veciñanza, aos seus domicilios e propiedades. Dende o Concello intentase así, dar resposta a demanda da veciñanza, de mellorar un importante número de vías municipais.
13-Mayo-2019 14:00
Obras