VAISE CORTAR A AUGA NA MEZQUITA NA ZONA DENDE A CASA DE MAGDALENA ATA A IGREXA POR AVARÍA ATA O SEU ARRANXO
DISCULPEN AS MOLESTIAS
VAISE CORTAR A AUGA NA MEZQUITA NA ZONA DENDE A CASA DE MAGDALENA ATA A IGREXA POR AVARÍA ATA O SEU ARRANXO
DISCULPEN AS MOLESTIAS
22-Octubre-2026 13:05
Información Xeral
Vaise cortar a auga no pobo de O Pereiro de abaixo por unha avaría ata o seu arranxo.
Disculpen as molestias
22-Octubre-2026 09:10
Información Xeral
VAISE CORTAR A AUGA NO POBO DE SANTIGOSO NA ZONA DA CASA DE CASTAÑO POR UNHA AVARÍA ATA O SEU ARRANXO
DISCULPEN AS MOLESTIAS
21-Octubre-2026 10:56
Información Xeral
🎃👻 SAMAÍN EN CHAGUAZOSO 👻🎃
🕸️ A noite máis terrorífica do ano está a chegar! 🕸️
📅 Sábado, 31 de outubro
🕗 Ás 20:00 h
Preparádevos para unha noite chea de misterio, sustos e maxia! 🧙♀️🎃
👻 Animádevos a vir e celebrar connosco o Samaín en Chaguazoso!
💀 Agardámosvos… se vos atrevedes! 🕷️🕸️
#Samaín #Chaguazoso #Samaín2026 #NoiteDeMedo
19-Octubre-2026 14:07
Información Xeral
Pecharémolo noso ciclo Mestre Mateo coa longametraxe SAN SIMÓN, unha nova oportunidade para gozar do cine galego e achegarnos a historias que nos convidan a reflexionar.
🎥 SAN SIMÓN
📅 martes 20 de outubro
🕒 16:00h
📍 EDIFICIO MULTIUSOS A MEZQUITA
🎞️ Agardámoste nesta última sesión do ciclo!
19-Octubre-2026 11:24
Información Xeral
Este sábado convidámoste a ver SIRÂT, unha experiencia cinematográfica intensa, hipnótica e difícil de esquecer. Unha viaxe entre o deserto, a música e os límites do ser humano, onde cada paso pode cambialo todo.
🎬 SÁBADO 17 DE OUTUBRO
🕕 18:00 h
Déixate levar polo camiño. Ás veces, perderse é o único xeito de atoparse.
Vémonos no EDIFICIO MULTIUSOS 🖤✨
15-Octubre-2026 14:04
Información Xeral
O servizo de consulta das listas electorais estará disponible ata o día 19 de outubro e poderase consultar por medios telemáticos nas oficinas municipais, o que se comunica para xeral coñecemento, para que ante a celebración das eleccións das Cortes Xerais do 29 de novembro , os electores, que o desexen, comproben se figuran inscritos, así como os seus datos, evitando problemas o día da xornada electoral para exercer o seu dereito ó voto.
Para a consulta que se realiza vía aplicación informática , deberase presentar o seu documento de identidade.
14-Octubre-2026 14:00
Información Xeral
Quero compartir con moita ilusión a longametraxe Deuses de Pedra, protagonizada por unha moza, filla da nosa compañeira Gracinda (e máis xente raiota coñecida por nós). ❤️
É unha alegría ver como os soños se fan realidade e como o talento das persoas próximas chega á gran pantalla.
Deséxolle moitísimo éxito con esta longametraxe.! Que sexa o comezo de moitos máis logros. 🍀👏
Non a perdades! 🎥✨
EDIFICIO MULTIUSOS ÁS 16:00h
13-Octubre-2026 13:58
Información Xeral
“SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS”
BENEFICIARIOS: as persoas menores de idade (nados no ano 2008 en adiante) e empadroadas en concellos da provincia de Ourense.
ACTUACIONS SUBVENCIONABLES: Adquisición de un libro de lectura. Exclúense os libros de texto, material escolar, revistas, publicacións periódicas ou análogas.
Para recibir a axuda deberá realizarse unha solicitude a través de https://plandelectura.depourense.gal (a onde se accede dende a paxina da Deputación Provincial) Unha vez cubertos os datos requiridos enviaráselle un código alfanumérico por cada menor ao seu correo electrónico (ou sms) que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento adherido ao efecto.
A axuda consiste na entrega dun libro por persoa beneficiaria, cun custo máximo de 20 euros (IVE incluído).
As adquisicións de libros realizaranse dende o 15 de outubro ata o 18 de decembro de 2026, e as solicitudes dende o día de hoxe a esgotamento do crédito.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello
13-Octubre-2026 12:00
Información Xeral
O domingo 11 de outubro proxectaremos a quinta longametraxe as 18:00 h no Edificio Multiusos.
09-Octubre-2026 11:29
Información Xeral
O sábado 10 de outubro as 18:00h no Edificio Multiusos da Mezquita, será proxectada a cuarta longametraxe 360 CURVAS.
08-Octubre-2026 10:25
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 9 de outubro ás 12.30 horas celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que aprenderemos sobre PRÁCTICAS AGRESIVAS NA VENDA EN LIÑA!. Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon VENRES DE CONSUMO RESPONDE".
4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 999 091- 881 999 093
07-Octubre-2026 14:18
Información Xeral
Maña xoves dia 8 as 16:00h no Edificio Multiusos da Mezquita, proxectarase a terceira longametraxe AO SON DA NOVA REGUEIFA.
07-Octubre-2026 10:28
Información Xeral
RESINTONICE O SEU TELEVISOR
Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor.
A partir da data 8 de outubro de 2026, realizaranse actuacións nos centros emisores de televisión da zona, con motivo da evolución tecnolóxica da Televisión Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida.
Para máis información chame á Oficina da Televisión Dixital en Galicia: 881 866 388
06-Octubre-2026 11:05
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 345/71 GAL emitido
o día 05/10/2026 ás 11:26 horas dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel
AMARELO por CHOIVA que afectará dende a mañá do día 06/10/2026 a TODA a
COMUNIDADE e que se prolongará ao longo de toda a xornada. Espérase unha
precipitación acumulada de 15mm nunha hora.
05-Octubre-2026 13:35
Información Xeral
Convocanse DUAS prazas de AUXILIAR AXUDA NO FOGAR, coas seguintes
características:
1.-NUMERO E DENOMINACION DA PRAZA: 2 prazas coa categoría de Auxiliar Axuda no Fogar
2.- MODALIDADE DE CONTRATACION: Contrato laboral FIXO, a tempo completo de luns a domingo.
4.- SISTEMA DE CONTRATACION: Concurso- oposición.
5.-MAIS INFORMACION DAS BASES ESPECÍFICAS DA
CONVOCATORIA: Poderán ser consultadas no Concello da Mezquita, en horario de oficina, taboleiro de anuncios e na e na sede electrónica do concello, http://amezquita.sedelectronica.gal
6.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: O prazo para realizar a presentación no proceso será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Presentaranse no Rexistro do Concello de A Mezquita ou nas formas previstas no artigo 16 da lei 39/2015.
05-Octubre-2026 12:07
Información Xeral
O martes 6 de outubro proxectamos a segunda longametraxe do Ciclo Mestre Mateo das oito finalistas nos premios do audiovisual galego,
Será no EDIFICO MULTIUSOS en A Mezquita, as 16:00h.
05-Octubre-2026 09:40
Información Xeral
Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxetivo de previr a violencia de xénero e de mellorar a situación das victimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
02-Octubre-2026 10:38
Información Xeral
A través do Ciclo Mestre Mateo temos oito longametraxes finalistas nos premios do audiovisual galego, PREMIOS MESTRE MATEO, galardóns que destacan as obras de maior calidade na producción audiovisual do ano, organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.
No noso Concello temos a sorte que serán proxectadas as oito longametraxes, éste será o calendario de proxeccións:
DIA 4 DE OUTUBRO ÁS 18:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "AS LIÑAS DESCONTINUAS"
DIA 6 DE OUTUBRO ÁS 16:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "O SILENCIO HERDADO"
DIA 8 DE OUTUBRO ÁS 16:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "AO SON DA NOVA REGUEIFA"
DIA 10 DE OUTUBRO ÁS 18:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "360 CURVAS"
DIA 11 DE OUTUBRO ÁS 18:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "ANTES DE NÓS"
DIA 16 DE OUTUBRO ÁS 16:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "DEUSES DE PEDRA"
DIA 17 DE OUTUBRO ÁS 18:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "SIRÂT"
DIA 20 DE OUTUBRO ÁS 16:00h NO EDIFICIO MULTIUSOS "SAN SIMÓN"
01-Octubre-2026 14:02
Cultura
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) nos seu boletín 110/71GAL, emitido ás
19:33h, informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHOIVAS de nivel LARANXA
que, dende a mañán do martes 29 ata, afectará por CHOIVAS:
A CORUÑA (OESTE E SUROESTE)
Prevéndose acumulacións de ata 80 l/m2 en 12h,
No boletín 330/71 GAL emitido as 19:33 informa dos seguintes fenomenos
meteorolóxics adversos de nivel AMARELO:
CHOIVAS: A CORUÑA (NOROESTE, INTERIOR), LUGO (A MARIÑA E MONTAÑA) E
PONTEVEDRA
Prevéndose acumulacións de ata 40 l/m2 en 12h
VENTOS: A CORUÑA, PONTEVEDRA, LUGO (A MARIÑA E CENTRO) E OURENSE
(MONTAÑA)
Esperándose refachos de ata 80 km/h
29-Septiembre-2026 09:47
Información Xeral
Por avaria no abastecemento de auga na zona da farmacia en A Mezquita, vaise cortar o suministro ata o arranxo de dita avaría.
Perdoen as molestias.
28-Septiembre-2026 09:20
Información Xeral
O sábado 31 de Outubro a partir das 18:00 horas terá lugar o magosto en Cadavos, co precio da entrada 10€.
APOIA O TEU RURAL
23-Septiembre-2026 14:20
Información Xeral
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de VAGA DE CALOR para mañá MARTES 22 de SETEMBRO, nas seguintes zonas isoclimáticas que atoparanse nos seguintes niveis de alerta:
NIVEL 3 (VERMELLO): PONTEVEDRA (INTERIOR).
NIVEL 1 (AMARELO): PONTEVEDRA (RIAS BAIXAS). A CORUÑA (NOROESTE, INTERIOR E
SUROESTE). OURENSE (MONTAÑA).
Segundo Meteogalicia as altas presións están localizadas ao norte da península ibérica, onde quedarán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores. Desde esa posición, impedirán que cheguen in¥luencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur. Isto deixará ceo despexado, vento
en calma e temperaturas elevadas nos próximos días.
21-Septiembre-2026 17:01
Información Xeral
Ponse en coñecemento que o 30/09/2026 finalizará definitivamente o prazo para solicitar actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da tdt, por posible afectacións ocasionadas pola activación dos nodos de 4G e 5G de telefonía.
O teléfono para atender ós usuarios con dúbidas e incidencias é 900 833 999
16-Septiembre-2026 11:02
Información Xeral
Sábado 19 de SETEMBRO:
Un día para celebrar a tradición !!
Ás 16:00 horas, na Aira do Verano, viviremos o Tempo de Malla: Recreación do proceso da malla como antigamente, música tradicional coa actuación de ACORDEIRETA , pinchos para os voluntari@s.
Ademáis, poderás mercar a nosa propia FARIÑA centea, sementada, traballada e segada aquí, lugar do que procede o centeo mais antigo da península ibérica.
16-Septiembre-2026 09:53
Información Xeral
